Amosando publicacións coa etiqueta Promoción interna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Promoción interna. Amosar todas as publicacións

6 de out. de 2021

Promoción Interna Persoal Funcionario Grupos C1 e C2

 


Onte publicouse a relación definitiva cos méritos da fase de concurso e a listaxe de aprobados/as da promoción interna de Correos, nos subgrupos  C1 (Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación) e  C2 (Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación. Escala de Clasificación e Reparto).

Os candidatos poderán consultar as listas completas a través de Conecta, no apartado Convocatorias do canle Persoas de Conecta, mediante a introdución do usuario e o contrasinal utilizado polos/as participantes na inscrición do proceso.

Ás persoas aspirantes, que figuren na correspondente relación de aprobados e aprobadas comunicaráselles a apertura dun período para a elección de destino e presentación da documentación, tal e como reflicte o punto 11 das bases comúns.

Desde CIG dámoslle o parabén a todos os funcionarios/as que superaron este proceso selectivo e obtiveron unha das prazas de promoción interna.



29 de abr. de 2021

Promoción Interna (Persoal Funcionario) Publicados as listaxes definitivas de persoas admitidas/excluídas nas convocatorias de Promoción Interna

 

Hoxe publicouse a relación definitiva de persoas candidatas admitidas e excluídas ás probas selectivas para ingreso, pola quenda de promoción interna, aos corpos Superior, de Xestión, Executivo e Auxiliar Postal e de Telecomunicación.

As listas corresponden aos mencionados subgrupos A1 (Corpo Superior Postal e de Telecomunicación), A2 (Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación),  C1 (Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación) e  C2 (Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación. Escala de Clasificación e Reparto).

Poderanse visualizar as datas dos exames, horarios e lugares de celebración das probas.

Tamén pode descargarse desde a intranet corporativa (Conecta) o Protocolo de medidas de seguridade contra o COVID-19 e a Declaración Responsable, a cal será obrigatoria para o acceso ás aulas.

Todo iso, poderá atoparse a través da seguinte ligazón:

https://conecta.correos.es/personas/Paginas/Convocatoria.aspx

As listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, e demais información poderán consultarse unicamente polos/as aspirantes, indicando o seu NIF/ NIE no  aplicativo habilitado en Conecta, así como nas sedes das Direccións de Zona e nas Unidades Provinciais de Recursos Humanos debendo acreditar a súa identidade.

Se queredes consultar calquera dúbida, poñédevos en contacto cos delegados/as da CIG.


30 de mar. de 2021

Promoción Interna Persoal Funcionario - Publicación no BOE de admitidos e excluídos

 


Publicado no BOE a listaxe provisional de admitidos e excluídos, datas e lugar de exame dos catro procesos de promoción interna de funcionarios.

A1 (Corpo Superior Postal e de Telecomunicación) (20 PRAZAS): 22 de maio

A2 (Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación) (50 PRAZAS): 23 de maio

C1 (Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación) (300 PRAZAS): 30 de maio

C2 (Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación. Escala de Clasificación e Repartición) 25 PRAZAS. 22 de maio

BOE

Instruccións Correos para consulta e reclamacións

Listaxe admitidos/excluidos grupo C1 executivos



16 de mar. de 2021

Promoción Interna Persoal Funcionario (Datas Exame de Ingreso)

 

Pendente da publicación no BOE Coreos anticipa as datas de exame para a Promoción Interna.

 

Ø  A1 (Corpo Superior Postal e de Telecomunicación) (20 PRAZAS): 22 de maio de 2021

 

Hora de chamamento: 09:30 horas (Península); 08:30 horas (Illas Canarias)

Hora do exame: 10:00 horas (Península); 09:00 horas (Illas Canarias)

 

Ø  A2 (Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación) (50 PRAZAS): 23 de maio de 2021

 

Hora de chamamento: 09:30 horas (Península); 08:30 horas (Illas Canarias)

Hora do exame: 10:00 horas (Península); 09:00 horas (Illas Canarias)

 

Ø  C1 (Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación) (300 PRAZAS): 30 de maio de 2021

 

Hora de chamamento: 09:15 horas (Península); 08:15 horas (Illas Canarias)

Hora do exame: 10:00 horas (Península); 09:00 horas (Illas Canarias)

 

Ø  C2 (Corpo de Aux. Postais e de Telecomunicación. Escala de Clasif. e Reparto) 25 PRAZAS. 22 de maio de 2021

 

Hora de chamamento: 09:30 horas (Península); 08:30 horas (Illas Canarias)

Hora do exame: 10:00 horas (Península); 09:00 horas (Illas Canarias)

Listaxe de persoas admitidas e excluídas. Debido á situación de pandemia por COVID-19 na que nos atopamos, Correos ampliou o número de localidades de exame, tendo en conta as peticións das persoas candidatas, o número das mesmas e as localidades máis próximas a estas, tentando evitar desprazamentos desproporcionados e aglomeracións nas diversas sedes.

Estas listaxes, así como os lugares de celebración dos diferentes exames poderanse consultar na Intranet corporativa (Conecta), nas Sedes das Direccións de Zona e nas Unidades Provinciais de Recursos Humanos a partir do día de publicación no BOE, non estando aínda dispoñibles.


16 de dec. de 2020

Persoal Funcionario publicada no BOE as Bases da Promoción Interna


 

Hoxe 16 de decembro de 2020  publicouse no BOE a resolución do 11 de decembro de 2020, da  Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 30 de novembro de 2020, da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, SA,  S. M.E., pola que se anuncian as bases de convocatoria de probas selectivas para o ingreso, por promoción interna, nos Corpos Superior, Xestión, Executivo e Auxiliares  Postais e de Telecomunicación.

As prazas que se ofertan nesta convocatoria son as seguintes

      Subgrupo A1. Corpo Superior Postal e de Telecomunicación: 20 prazas.

      Subgrupo A2. Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación: 50 prazas.

      Subgrupo  C1. Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación: 300 prazas.

      Subgrupo  C2. Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación, Escala de Clasificación e Repartición: 25 prazas.

Do total de prazas se reservará un 7 % para aquelas persoas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

Prazo de presentación de solicitudes: Do 17 de decembro ao 18 de xaneiro ambos incluídos, no modelo de solicitude 790 dispoñible na intranet de Correos.

A inscrición, é un documento formato PDF que consta de 3 follas, unha para a Administración, outra para o/a funcionario/a e outro para a Entidade Bancaria colaboradora. A solicitude pódese atopar no Conecta en “Convocatorias”  https://conecta.correos.es

O persoal funcionario interesado, terá que acudir a unha entidade bancaria a designar, unha vez pagados os dereitos de exame hai que presentar a solicitude ben nas Unidades Provinciais de  RRHH de Correos; por correo certificado á Dirección de Persoas e Relacións Laborais; Área de Ordenación e Planificación de  RR. HH.,  C/ Vía de Dublín, nº 7, planta 5ª, 28070 Madrid, ou por Procedemento Administrativo Común.

O primeiro exercicio da oposición se realizará antes do 30 de abril de 2021

1 de dec. de 2020

Promoción Interna Persoal Funcionario

 


Reunión da Mesa Sectorial, con presenza de CIG, para desenvolver  a Promoción Interna, para o persoal funcionario.

- NÚMERO DE PRAZAS convocadas: 20 prazas para o Subgrupo A1, 50 prazas para o Subgrupo A2, 300 prazas para o Subgrupo  C1 e 25 prazas para o Subgrupo  C2. Reserva dun 7% de prazas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

Correos procedeu a remitir as bases ao BOE para a súa publicación.

O PRIMEIRO EXERCICIO se realizará: ANTES DO 30 DE ABRIL DE 2021 PARA TODOS OS SUBGRUPOS. (sempre que a situación sanitaria o permita)

- INSCRICIÓN E PAGO DE TAXAS: 20 DÍAS HÁBILES contados desde a publicación no BOE das Bases específicas. Para efectuar o pago das taxas, os interesados/as deben presentar o orixinal da solicitude en calquera entidade bancaria, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria. As TAXAS para ABONAR SON:

- Subgrupo A1: 15,25 euros

- Subgrupo A2: 11,44 euros

- Subgrupo  C1: 7,64 euros

- Subgrupo  C2: 5,72 euros

Os interesados/ as no proceso deberán cumprimentar o modelo de solicitude 790 dispoñible na intranet de Correos;  https://conecta.correos.es. Unha vez feito isto e pagadas as taxas, presentarán a solicitude nas Unidades Provinciais de Recursos Humanos de Correos; por correo certificado á Dirección de Persoas e Relacións Laborais; Área de Ordenación e Planificación de  RR. HH.,  C/ Vía de Dublín, nº 7, planta 5ª, 28070 Madrid, ou por Procedemento Administrativo Común.


9 de xul. de 2020

Mesa Sectorial Promoción Interna Persoal Funcionario


Despois de 12 anos sen promoción interna parece que por fin vai para diante o proceso. Na reunión Correos informou do seguinte:
-          Que quedamos uns 8 mil funcionari@s en Correos dos cales poderían presentarse a exame os:
124 funcionari@s do grupo A2
1.197 funcionari@s do grupo C1
6.358 funcionari@s do grupo C2
259 funcionari@s do grupo E

-          Que preferiblemente se presenten as solicitudes vía on-line 
-          Que o exame para o grupo C1 se realizará en 17 cidades polo gran número de aspirantes, mentres que para o resto de grupos se habilitarán 4 ou 5 cidades.

Intervención CIG:
A pesar de non estar como puntos do día a CIG preguntou polas seguintes cuestións que incumben ao persoal funcionario:
-A subida do 2% cando se vai aplicar.  Correos contestou que xa ten aprobada a masa salarial, pero que esta á espera da aprobación do Ministerio de Facenda e Política Territorial.
-O librados de sábados cando se vai a resolver.
-Rurais, hai un gran interrogante sobre este tema no seu conxunto: Que foi dos vehículos que ía achegar Correos? Que foi da subida do prezo por achega de vehículo? Quen se vai facer cargo do gasto dos sistemas de seguridade nos vehículos?
Todos estes temas ao concernir tamén ao persoal funcionario solicitamos se convoque a Mesa Sectorial para trata-los.
Sobre  a Promoción Interna dicimos o seguinte:
1.- Solicitamos que Correos edite un Temario específico para cada unha das Convocatorias debido á gran cantidade de normativa contraditoria existente en Correos.
2.- Que non resten as preguntas negativas.
3.- Solicitamos un aprazamento do exame. Debido á situación de pandemia. As academias quedaron paralizadas e estamos a entrar de cheo en período vacacional cun persoal canso en xeral e sobre todo nas comunidades nas que tivemos eleccións. Dende a CIG propoñemos que se aprace ata o primeiro trimestre do ano que vén, para que o persoal teña tempo suficiente para unha preparación adecuada. A proposta da CIG procedeuse a votar sobre un posible aprazamento do exame. Votaran a favor do aprazamento CIG, ELA, CGT, UGT e CCOO. En contra do aprazamento do exame votaron CSIF e Sindicato Libre.
Correos quedou de resolver sobre o plantexado e proceder á publicación das bases definitivas.

24 de out. de 2019

Publicado no BOE nº 256 do 24 de outubro de 2019 as Bases Comúns da Promoción interna para o Persoal Funcionario de Correos.


A descrición das prazas realizarase nas bases específicas de cada proceso, con todo, o anterior, e a efectos informativos as prazas para convocar serán as seguintes:

Subgrupo A1. Corpo Superior Postal e de Telecomunicación: 20 prazas.

Subgrupo A2. Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación: 50 prazas.

Subgrupo C1. Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación: 300 prazas.

Subgrupo C2. Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación. – Escala de Clasificación e Reparto: 25 prazas.

O primeiro exercicio de cada un dos procesos realizarase con anterioridade a:

30 de xuño de 2020 para o Corpo Superior Postal e de Telecomunicación.

30 de xuño de 2020 para o Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación.

30 de xuño de 2020 para o Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación.

30 de xuño de 2020 para o Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación Escala de Clasificación e Reparto.

O procedemento de selección para todos os aspirantes será o de concurso/oposición, e desenvolverase de acordo co especificado nos anexos II e III.

As bases da convocatoria atópanse expostas nos taboleiros de anuncios das sedes das Direccións de zona, nas Unidades Provinciais de Recursos Humanos de Correos e Telégrafos e na intranet corporativa de Correos.

Ao longo de 2020 publicaranse cada unha das convocatorias específicas nas que se determinará o período de presentación de solicitudes, a organización e realización concreta das probas e os tribunais.


20 de set. de 2019

¿Qué aconteceu onte na Mesa Sectorial Funcionarios en Madrid?


Esto un pequeno resumen de tódolo que aconteceu onte na Mesa Sectorial de Funcionari@s, no cal, a CIG-Correos estivo presente.

A empresa fixo entrega dun borrador sobre as bases da promoción interna de funcionarios e informáronnos do seguinte:

-A inscrición será comunicada a través do BOE/BOE, e realizarase vía On-Line, desde unha plataforma da AGE.

- O número de prazas son as que figuraban no acordo:

  • A1 – 20 prazas 
  • A2 – 50 prazas 
  • C1 – 300 prazas
  • C2 – 25 prazas 

- Constará de 2 fases: 

  • OPOSICIÓN (Exame) 
  • CONCURSO (Méritos)

Non se especificaron aínda os cursos que puntuarán pero terán que estar realizados antes do 1 de Novembro.


- A CIG fixo constar na Mesa:

- O seu malestar pola entrega do borrador no último momento sen tempo para pódelo estudar e facer as alegacións. Polo tanto as presentaremos se procede posteriormente.

- Que, ao marxe que Correos poña un programa cos temas que entran no exame de ingreso a CIG solicita que se edite un temario oficial por Correos coa finalidade de facilitar a preparación cos temas actualizados.

- Que despois de case 10 anos sen promoción interna parécenos escasa a oferta de prazas

- Que o exame de ingreso sexa posterior ao primeiro trimestre do ano seguinte coa finalidade de dar tempo suficiente para a preparación dado que imos a estar inmersos en campañas electorais e de Nadal.

- Que os cursos de formación sexan impartidos na súa totalidade por Correos incluíndo aos funcionarios que estean de baixa.


18 de set. de 2019

Aberto o prazo de inscrición para o Programa Substitucións Xefaturas Intermedias


Correos publicou hoxe, día 18 de setembro a convocatoria do “PROGRAMA DE SUBSTITUCIÓNS” que dará cobertura ás substitucións para os postos do Grupo Profesional III -Xefaturas intermedias- nas Áreas de Distribución, Oficinas e Loxística.

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Para os cursos puntuables dende o día 18 de Setembro ata o 23 de Setembro de 2019 a través do Campo Virtual de Correos no seguinte enlace > https://formacion.correos.es/apps/reservaInscripcionesTP/

Para inscribirte nos postos na paxina de E-TALENT https://performancemanager5.successfactors.eu/login#/login  ata o 27 de setembro

Se non estas rexistrado podes facelo na seguinte ligazón ---> https://desarrolloytalento.correos.es/alta_sfsf#

PRAZAS OFERTADAS para os seguintes ámbitos:

LOXÍSTICA, DISTRIBUCIÓN e OFICINAS.

➢ Os solicitantes poderán solicitar unha soa provincia e un só ámbito.

➢ Realizarase un exame e unha proba de dinámica de grupo.

CURSOS DE FORMACIÓN PUNTUABLES

➢ Para os postos de Loxística: Porfolio de Produtos, Excel Básico e Paquetería

➢ Para postos de Distribución: Porfolio de Produtos, Excel Básico e SIGIE /PDA.

➢ Para postos de Oficinas: Técnicas de Vendas, Porfolio de Produtos e Excel Básico.


EN CANTO AOS CURSOS DE FORMACIÓN PUNTUABLES PARA ESTE PROCESO, CORREOS OS VAI A OFERTAR A TODOS/AS OS PARTICIPANTES DESTE PROCESO.




30 de xul. de 2019

Adxudicadas 1.610 Xefaturas Intermedias!!

Publicada a asignación de destinos dos 1.610 traballadores e traballadoras que superaron todas as fases do proceso de selección para cubrir postos de traballo de dirección de oficinas e xefaturas de unidade.

En concreto, asignáronse as seguintes posicións de xefaturas intermedias: 
  • 968 en Oficinas, 
  • 439 en Distribución 
  • 203 en Loxística.
A información sobre este proceso de selección, tanto da valoración dos méritos e proba de coñecementos, aptitudes e competencias como da asignación do destino pódese consultar individualmente en:
  • Intranet corporativa
        https://conecta.correos.es na sección de Convocatorias.
  • Web de Correos
        www.correos.com/personas-e-talento/direccion oficinas e xefaturas
        de unidade de distribución e loxística

Os aspirantes que obtiveron destino nesta asignación, cesarán nos seus actuais postos de traballo o próximo día 31 de agosto, incorporándose o día 1 de setembro aos destinos asignados.


20 de maio de 2019

Domingo 9 de xuño Exame para os Directores de Oficina e Xefes de Distribución


·       Hoxe día 20 de maio publicáronse os méritos provisionais dos participantes.

·   A proba presencial escrita de coñecementos, aptitudes e competencias realizarase o próximo domingo día 9 de xuño. O chamamento comezará ás 9:30 horas e o inicio da proba será ás 10:00 horas (estes horarios son para a península e Baleares, para as Canarias serán unha hora antes).

·   As persoas inscritas deberán de ir provistas de Documento de Identidade ou de documento que permita acredita-la súa personalidade e de bolígrafo negro.

·  As persoas inscritas poden consultar de xeito individual, tanto a través de Correos: www.correos.es, como a través de Conecta: https://conecta.correos.es, a información xeral da convocatoria  e o detalle cós ámbitos de participación, peticións e valoración provisional de méritos, así como o lugar e as instalacións previstas para a realización das probas.

·   No caso de observar algunha irregularidade na valoración dos méritos, as persoas dispoñerán ata o luns día 27 de maio dun procedemento para realizar alegacións online, achegando a correspondente documentación xustificativa.

·   Para calquera tipo de consulta dirixirse ás Unidades de Recursos Humanos.

20 de mar. de 2018

Valoracion Provisional Méritos candidatos Xefe de Equipo.

Hoxe día 20 de marzo publicouse a valoración provisional de méritos.
 
A información pódese consultar na paxina web de correos ou tamén na intranet .
Para poder consultar a información os interesados deberan introducir os seus datos persoais.

Poderán consultar  :

 Estado da solicitude.
 Procedemento de selección.
 Desglose dos distintos méritos valorados.
 Localidades.
 Peticións e orde solicitado.

No caso de atopar algún erro deberase enviar un correo electrónico  coa documentación acreditativa e as alegacións oportunas a:

                                                   provision.rrhh@correos.com 

O prazo para presentar alegacións é ata o dia 24 de Marzo




28 de feb. de 2018

Exame Xefes de Equipo

Data de exame 11 de marzo en cada zona. Se realizará unha proba “de coñecementos e competencias”,  que pechará a convocatoria dos novos Xefes de Equipo en Correos. 

A partir das 9:30 horas, iniciarase o chamamento para unha proba que comezará ás 10:00  horas e que decidirá o persoal de xefaturas intermedias: a oportunidade de consolidar o posto para os que xa están provisionais ou de acceso aos que pretenden facelo por primeira vez.


Cada candidato pode consultar os seus datos de maneira individual na propia páxina web de Correos, www.correos.es, e a través da Intranet ( https://conecta.correos.es) na canle de ‘Persoas’, onde aparece toda a información de forma detallada. Igualmente, as Unidades de Recursos Humanos dispoñerán dunha listaxe, a disposición dos candidatos, para calquera consulta ou aclaración que necesiten efectuar. 


26 de feb. de 2018

Xuntanza Comisión Valoración Xefes de Equipo 27/02/2018


Informámosvos que mañá día 27 de febreiro está convocada unha reunión en Correos coa seguinte orde do día:
Constitución comisión de valoración Concurso de Méritos Xefes de Equipo e publicación estado de solicitudes, data de proba de coñecementos e competencias.

14 de dec. de 2017

Convocado Concurso de Méritos para Xefes de Equipo

Hoxe día 14 de decembro, celebrouse reunión da Comisión de Emprego Central , para tratar a desprovisionalización de Xefaturas de Equipo de Distribución, Loxística e Oficinas.

Na devandita reunión, fíxose entrega dun documento definitivo de convocatoria para desprovisionalizar os postos de Xefe de Equipo de Distribución, Oficinas e Centros de Tratamento.

Poderán participar neste concurso de méritos os/ as funcionarios/ as pertencentes aos subgrupos de titulación C1, C2 e E (Agrupacións Profesionais) e os laborais fixos clasificados nos grupos profesionais III e IV (Persoal de Xefaturas Intermedias e Operativos) excepto os suspendidos en firme ou suspendidos de emprego e soldo salvo que finalizase o seu períodos de suspensión.

Os/as candidatos/as poderán participar nesta convocatoria exclusivamente a través da Intranet e a Web de Correos,  www.correos.es

O período de inscrición irá desde o 14 de decembro ata o 22, ambos inclusive e poderán solicitar ata 10 postos ofertados na mesma provincia.

Os requisitos e méritos serán os referidos ata o 31 de decembro, excepto os relativos aos cursos de formación, cuxa data de valoración será ata o 15 de febreiro de 2018.

O procedemento de selección constará de dúas fases:

PROMOCIÓN HORIZONTAL: Nesta fase asignaranse os postos ao persoal cuxo posto definitivo sexa de Xefatura de Equipo nos ámbitos funcionais ofertados. Este persoal ha de desempeñar un posto de traballo definitivo de Xefatura de Equipo en Oficinas, Distribución e Loxística e só poderán solicitar postos do seu ámbito. Estes aspirantes estarán exentos de participar na proba de valoración de coñecementos e competencias prevista na convocatoria.


PROMOCIÓN VERTICAL: Poderán participar aqueles/as empregados/as non afectados pola Promoción Horizontal. A este persoal asignaránselle os postos non cubertos na Promoción Horizontal.

 CURSOS DE FORMACIÓN VALORABLES PARA AMBAS PROMOCIÓNS

ÁMBITO
FORMACIÓN VALORABLE
OFICINAS
IRIS V6I Administrador/Xestión
Excel Básico Xefe Equipo
DISTRIBUCIÓN
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo
LOXÍSTICA
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo