Amosando publicacións coa etiqueta Acción Social 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acción Social 2021. Amosar todas as publicacións

22 de dec. de 2021

Acción Social 2021

 



Coa vindeira nómina do mes de decembro de 2021 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social

·      Axudas para os estudos de fillos/as de empregados/as (libros e material escolar)

Atendéronse 5.875 solicitudes de 60€ cada unha, por un importe total de 4.387.800 €

·      Axudas Estudios Universitarios (Persoal Laboral)

115 axudas de ate 200 euros, en función do gasto acreditado. O importe total desta axuda ascende a un total de 15.220,66 euros.

·    Educación Infantil

452 axudas de ate 250 euros, en función do gasto acreditado. O Importe total ascende a 96.526 €. 

Segundo maniféstanos Correos, atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias.

Para máis información poñédevos en contacto coa CIG.


25 de nov. de 2021

Pagamento das Axudas de Acción Social 2021

 

Coa vindeira nómina do mes de novembro de 2021 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social

·      ANTICIPOS E PRESTAMOS SEN XURO

Atendéronse 1.100 solicitudes por un importe total de 4.387.800 €

·      AXUDAS PARA FILLOS CON DISCAPACIDADE

599 axudas de entre 300 e 500 euros, en función do grao de discapacidade, por importe global de 185.100 € 

·    TRATAMENTO DA SAÚDE 

5.260 axudas de ate 200 euros, en función do gasto acreditado. O Importe total ascende a 563.179 €.

Segundo maniféstanos Correos, atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias

Para máis información poñédevos en contacto coa CIG.