Amosando publicacións coa etiqueta Absentismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Absentismo. Amosar todas as publicacións

10 de xan. de 2019

Absentismo !!! Para Rirse na cara dos Traballadores


Zas!!!!, en toda a cara!!!!!!!. Co panfleto publicado o 8 de xaneiro do 2019,Correos vólvenos a chamar delincuentes. O que se desprende da lectura deste panfleto é que os traballadores nos damos de baixa cando nos da a gana segundo nos veña ben e ademais agora como xa non descontan o índice de absentismo sobe considerablemente.

Non se lles ocurreu pensar que se o índice de "absentismo sobe en xaneiro considerablemente" pode ser, con moita probabilidade, que se deba o sobreesforzo realizado polos traballadores na campaña de Nadal?.

Non será que cos soldos de miseria que nos pagan non nos podemos permitir o luxo de curar as nosas doenzas durante a campaña para non perder os escasos 100 € que nos pagan durante este período?.

Non será que o absentismo sube debido o mal estado dos vehículos, a escasa eficencia dos EPIs, a nula ergonomía dos postos de traballo...

E agora veñen con que nos dan un "DETALLE", que pouca vergoña teñen ofrecernos un "DETALLE"!!!; ben, salvo que este "DETALLE" sexa como os miles de euros que lle dan aos médicos de Correos por baixar o absentismo a conta da saúde dos traballadores, ou como os centos de euros que lles pagan aos supostos especialistas alleos a Correos e que usan para denegar licenzas por enfermidade aos traballadores e traballadoras, ou como os millons de euros que lle pagan a empresas externas para molestar aos traballadores de baixa e solicitarlle datos protexidos pola LPD sen acreditar quenes son. Entón si Señores de Zona, entón podemos empezar a falar de "DETALLES", ata entón teñan vostedes dignidade e deixen de insultar a intelixencia dos traballadores e traballadoras desta casa.E por último só dicirlles que é verdadeiramente penoso que parte do rendemento que vostedes conseguen a costa da saúde dos traballadores o empreguen en remunerar mentes capaces de idear este tipo de iniciativas, que son no mellor dos casos totalmente inútiles.

27 de ago. de 2018

Descontos por baixa laboral (I.T.) persoal Funcionario e Laboral

O pasado 30 de xullo publicouse no BOE o Acordo adoptado pola Mesa Xeral de Negociacións da Administración Xeral do Estado, aprobando para todo o persoal funcionario, estatutario ou laboral, ao servizo da Administración Xeral do Estado, do seus Organismos ou da súas Entidades públicas dependentes un complemento retributivo dende o primeiro día en situación de Incapacidade temporal ou licenza por enfermidade ate alcanzar o cen por cen das retribucións básicas e complementarias, correspondentes a súas retribucións ordinarias do mes de inicio da incapacidade temporal.

Data de entrada en Vigor desta normativa. O Real Decreto 956/2018, do 27 de xullo, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) de 30 de xullo de 2018 entrou en vigor ao día seguinte da súa publicación é dicir o 31 de xullo de 2018.

Sen embargo en Correos NON se esta aplicar esta normativa.  Por que???

Como de costume os empregados de Correos somos os primeiros aos que se lles aplica os descontos ou calquera medida restritiva de dereitos, sen embargo cando hai unha medida beneficiosa nunca se nos aplica directamente.

Os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) non esixen nas Mesas de Negociación que se apliquen as melloras salariais e laborais, mentres que noutros ámbitos da Administración xa se están a aplicar estes beneficios.

A CIG ESIXE que de xeito inmediato se reúna a Mesa Sectorial (persoal funcionario) e a Mesa de Emprego (persoal Laboral)  para tratar os seguintes temas:

·        Aplicación do RD 956/2018 e se abone o complemento retributivo dende o primeiro día en situación de Incapacidade temporal ou licenza por enfermidade ate alcanzar o cen por cen das retribucións básicas e complementarias. (Aplicación para o persoal funcionario e para o persoal laboral.)

·        A devolución do 5% do salario recortado polo goberno de Zapatero no 2010 ao persoal funcionario, o que permitiría cobrar de novo as pagas extras de maneira integra.

·        Que, se abone na nómina do mes de agosto a suba salarial do 1.75% aprobada polo goberno cos atrasos correspondentes dende o 1 xaneiro de 2018.


·        Conciliación: Que, os empregados e empregadas de Correos desfruten de permisos de paternidade e maternidade de 20 semanas ao igual que os empregados públicos de Andalucía.

15 de mar. de 2016

A CIG denuncia a persecución que sufre o persoal laboral que se atopa de baixa

A CIG denuncia diante o Director Territorial a persecución e o acoso ao que está sendo sometido o persoal laboral que se atopa en situación de baixa laboral por enfermidade, pois aparte do seguimento que xa realiza a Mutua das baixas, tamén están sendo citados para revisión  en Correos a través dunha empresa dende Barcelona mediante unha chamada de teléfono a cal esta sendo gravada, na mesma solicítanlles datos relevantes a súa patoloxía, cousa que nos parece fora de lugar e sobre todo contraria a Lei de Protección de Datos.

Do mesmo xeito tamén denunciamos unha falta total e absoluta de coordinación entre a empresa que realiza as citacións para Correos e a Mutua, pois compañeiros que son citados por Correos, nalgúns casos tamén son citados para o mesmo día ou para días seguintes pola Mutua  dando unha sensación de indefensión aos traballadores que se senten perseguidos por estar de baixa.


Dende a CIG advertimos a empresa que debe cesar nesta persecución do persoal laboral que se atopa de baixa laboral e rematar con o descontrol no seguimento das baixas no caso contrario a CIG tomará as medidas que estime oportunas en defensa dos dereitos dos traballadores. 


24 de out. de 2014

Suspensión das vacacións por mor dunha baixa


CIG INFORMAO 21 de xuño de 2012, o Tribunal de Xustiza Europeo ditou unha sentenza pola que establece que as vacacións quedaran interrompidas se o interesado causase baixa  por enfermidade, mantendo o dereito a gozar o resto do tempo con posterioridade.

Como Consecuencia modificouse o Estatuto dos Traballadores Artigo 38.3, Terceiro paragrafo quedando do seguinte xeito:

         "No suposto de que o período de vacacións coincida cunha incapacidade...que imposibilite o traballador gozalas, total ou parcialmente, durante o ano natural ao que corresponden, o traballador poderá facelo unha vez finalizada a súa incapacidade e sempre que non teñan transcorrido mais de dezaoito meses a partir do remate do ano no que orixinaranse"

O anterior anula o reflectido no Convenio e Acordo que soamente se aceptaba a interrupción ao producirse un ingreso hospitalario superior a cinco días.

Isto quere dicir que se algún traballdor/a tivese problemas de saúde durante o período vacacional, susceptibles de xerar baixa medica, eses días non os perdería e tería que gozalos con posterioridade.

Modo de actuación:

·        Se algún traballador/a se atopara nesta situación, debera solicitarlle ao medico o parte de baixa inicial e facelo chegar o departamento de persoal para dar constancia do feito.

·        Co resto de partes de baixa (en caso de seguir a enfermidade) ou co parte de alta (no caso de curación) debe facelo mesmo.


Finalmente cabe lembrar que se por causa medica non se puideran gozar as vacacións no ano natural, poderá facelo no ano seguinte.

Diante calquera dúbida ponte en contacto co teu delegado da CIG


27 de feb. de 2012

A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo


 A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo por parte da empresa contratada por Correos en Lugo (Para isto si hai cartos)

A ninguén se lle escapa que a contratación desta empresa para controlar as baixas é unicamente para reducir o absentismo e non para velar pola saúde dos traballadores, utilizando métodos policiais co único fin de aforrar pasta. Na  CIG, recibimos queixas da médica da empresa contratada, tanto sobre as formas (prepotencia, desconsideración, citacións cunha frecuencia innecesaria ou citacións de traballadores recén operados...) A actuación desta médica varía dependendo de se es persoal laboral ou funcionario:

Así se es persoal laboral, trata de premerte para que te deas de alta, aínda que non esteas de todo recuperado, pero debemos ter en conta que nunca o médico de empresa pode darche a alta directamente.Non obstante, e o que é peor, cando se trata do persoal funcionario, os seus informes son clave para que o órgano administrativo correspondente, neste caso, para que a Dirección Territorial, che denegue a licenza.

Todo isto puxémolo, en coñecemento da Dirección da Zona I de Correos para que tome as medidas oportunas e poña fin a estas prácticas, non de seguimento das baixas, senón perseguir coma se fosen delincuentes aos traballadores que están enfermos e se encontran de baixa cun parte médico expedido polo seu médico. Así mesmo solicitamos que se prescinda dos servizos desta empresa dado que o médico da empresa xa está de alta.

Non é lóxico que Correos, unha empresa de reparto, en vez de investir en contratación para cubrir todas as baixas dos carteiros, prefira investir en contratar mutuas externas para perseguir os compañeiros que están enfermos.

Se tedes algún problema co voso recoñecemento médico, poñervos en contacto connosco.

 
INFORMA