Amosando publicacións coa etiqueta Saúde Laboral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde Laboral. Amosar todas as publicacións

24 de mar. de 2023

A partires do 1 de Abril Novo Sistema de Xestión de Baixas

 


En aplicación do RD 10160/2022, do 27 decembro de 2022, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos de IT nos primeiro 365 días de duración.

A partires do 1 de abril os traballadores/as non teremos que entregar nin  parte de baixa, confirmación nin de alta. Será o propio INSS quén remita o parte de baixa, confirmación e de alta á empresa.

Que debes facer ante unha situación de IT (Instrucións emitidas por Correos):


7 de maio de 2020

Xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral


Correos segue na súa liña realizando reunións informativas e non de negociación e só contestando o que lle interesa. Hoxe volvéronnos a pasar os datos de  contaxios pero de forma global sen especificar provincias nin Centros de traballo.

Desde CIG non cremos estes datos, sobre todo desde que de forma máxica pasamos de ter  mil contaxiados ou probables a menos da metade, segundo eles porque aplicaron o sistema de reconto do ministerio de sanidade. Os datos que nos facilitaron na reunión son os seguintes:
  •  Contaxiados verificados por test 65 dos que 27 son altas.

  •      Posibles contaxiados 580 dos que son altas 394.

  • -    Hai 2.936 persoas en corentena dos que 2.680 son xa altas.

  •      Reitéranse en que o persoal con máis de 60 anos sen patoloxías asociadas ao  COVID-19 e sen baixa médica se teñen que incorporar o luns 11.

  •    Que están en proceso de adquirir 50.000 pantallas faciais para reparto (aínda que  tamén se  distribuirán ao persoal de  ATC) e licitouse unha compra de 15 millóns de luvas.
  • -  En canto ao transporte do persoal dos centros de tratamento, segundo Correos o  Mº de Transportes emitiu unha orde que amplía ata un 50% de ocupación nestes vehículos. A máscara será obrigatoria.

  • -   Transporte en furgonetas de ata 9 prazas para trasladar ao persoal de reparto desde as  carterías ás seccións de reparto permítese dúas persoas por fila de asentos, sendo tamén as máscaras obrigatorias.


Desde CIG na nosa intervención deixamos claro que estamos en contra deste Plan de  desescalada que o seu único obxectivo é de  recuperar a actividade produtiva normal da empresa canto antes, priorizando o negocio á seguridade e saúde dos traballadores.

Denunciamos a presión que está a exercer a empresa aos compañeiros que están de baixa por ser persoal sensible para que se incorporen aos seus postos con chamadas do xefe de quenda ou das Mutuas ou mesmo de ambos  para que se incorporen aos seus postos de traballo canto antes.

Con respecto da volta do persoal maior de 60 anos preguntamos se:

Se realizou polo servizo de prevención unha avaliación dos postos de traballo para que este persoal vulnerable se poida incorporar aos seus postos de traballo coa garantía de que non existe risco á súa persoa?

Sobre a volta do 100% do cadro de persoal preguntamos

-   A partir do día 11 de maio como vai ser a entrada e saída do persoal nos centros de traballo para que non haxa aglomeracións?

-   Téñense previstas entradas e saídas graduadas do persoal?  Ou van deixar que cada xefe de unidade organice e improvise á súa maneira?
-
Tamén preguntamos sobre o Concurso de Traslados:

-   Se lles van facer TEST ao persoal do Concurso de traslados que proceda doutras provincias?

-   Como se van a poder incorporar aos seus postos de traballo o día 1 de xuño se a fase 2 do goberno non empeza ata o día 8 de xuño. Quen habilita a mobilidade entre provincias?
-
Sobre o persoal de novo Ingreso toma de posesión 1 de xullo:

-   Ao persoal de novo ingreso que tomará posesión en xullo se lles vai facer TEST de  COVID-19? 

Sobre o exame de Ingreso

-   En canto ao Exame de Ingreso na que se deu data para outono, tívose en conta ao servizo de promoción da Saúde para facer ese anuncio? Preguntámolo porque desde o propio Goberno están a dicir que as clases en setembro se terán que iniciar co 50% de alumnos ou menos.

-   Como se pretende meter a miles de persoas en naves, como é o caso de Silleda en Galicia na que se examinaron 7 mil persoas?
-
Todas estas cuestións quedaron sen resposta por parte da empresa, o que non fai máis que afirmarnos na nosa convicción de que Correos actúa por impulsos e que este plan é un cúmulo de despropósitos e de improvisacións.

Desde CIG seguimos reiterando que:

-  Que se realicen TEST de  COVID-19 a todo o persoal sen excepción para identificar os posibles casos de contaxiados/as, asintomáticos e poñelos corentena. Tamén se deben realizar Test ao persoal que se vai reincorporando e que a desecala debe ir en función de como vaian diminuíndo as posibilidades de contaxio de cada comunidade autónoma.

- Que se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.

-   Que as medidas de desescalada deben ir en función da exposición que exista en cada caso. Por tanto débese distinguir a desescalada entre postos de traballo, entre CCAA e incluso entre provincias e localidades.

-   Que ante un caso de posible contaxio, se paralice a actividade nese Centro se proceda á desinfección e a poñer en corentena a todos/as os traballadores/as desa unidade mentres non se lles realicen os TEST.

-   Que se deben establecer corentenas aos envíos, pola permanencia do virus en determinadas superficies. 

- Que se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza dos equipos de climatización ante o  COVID-19 e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non do  COVID-19.

-  Que, ante a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural apagando o aire acondicionado.

-  Que as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como  EPI´S e ante a falta de calquera destes elementos se paralice a actividade.

-  Que a limpeza e desinfección dos vehículos e dos equipos de traballo a realicen empresas especializadas e non os traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para realizala.

- Que en cada Centro de traballo este exposto a vista de todos os empregados/as o rexistro de limpeza diario, debéndose concretar no cadro a limpeza e desinfección que se realizou.

-  Que entre unha quenda de traballo e outra se deixe un intervalo de 30 minutos para que se airee o lugar e para que no seu caso se leven labores de desinfección e limpeza. 

-   Que se establezan pautas de uso y desinfección da roupa do traballo.

-   Que se realicen os tramites pertinentes para que axilicen as prexubilacións ou xubilacións do persoal sensible maior de 60 anos que estean en condicións e queiran acollerse a ela.

-   Que non se incorpore ao persoal aos seus postos mentres que non se poida garantir que dispoñen de tódalas medidas de seguridade establecidas. Por exemplo co persoal Administrativo que está tele-traballando que se coloquen Biombos de metacrilato entre as mesas e que nas oficinas rurais de menos dunha hora e media de servizo tamén se coloquen.

-  Que dentro dos vestíbulos das oficinas de atención ao público haxa tantos usuarios como postos de atención ao público existan, gardando a distancia de 2 metros en todo momento. O resto de usuarios debe permanecer na rúa ate que algún dos usuarios atendidos salga. Porque entendemos que debemos ter o menor número de público posible nos recintos cerrados.

-  Que necesitamos medidas de Conciliación Familiar e de flexibilidade horaria para os nosos traballadores/as que teñen persoas maiores e menores a cargo que por medidas de seguridade sanitaria non poidan deixar a cargo de terceiras persoas.

26 de mar. de 2020

Reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral

Agora estanse vendo os resultados da mala xestión que vén levando Correos desde o día luns 16 de marzo no que obrigou a todo o persoal a traballar sen ningún medio de protección. Aínda hoxe en día, en moitas oficinas e  UR están sen xeles nin máscaras. As cifras falan por si soas en dez días pasamos de 43 contaxiados a 533 contaxiados e a 2.072 compañeiros en corentena. A CIG advertiu á empresa desde antes da declaración do estado de alarma que tomarán medidas, pero chamáronnos alarmistas e acusáronnos de querer acabar coa empresa. Agora vese quen quere acabar realmente coa empresa coas súas decisións.

Despois de dez días infórmannos que se compraron 6´4 millóns de luvas, 6´8 millóns de xeles desinfectantes, pero que todo este material irá chegando de forma graduada. En canto ás máscaras informan que compraron 800 mil máscaras  FFP2 e dinnos que poden ser diferentes unas doutras porque se compraron a distintos provedores e sobre os 2 millóns de máscaras prometidas polo Ministerio de Fomento aínda non teñen noticia.
Tamén nos informaron que a empresa enviou aos seus domicilios a 4.530 empregados maiores de 60 anos e a 3.170 empregados de patoloxías sensibles. En total 7.700 traballadores.

Así mesmo comunicaron que actualizaron os manuais coas instrucións por postos de traballo aumentando a distancia de seguridade tanto entre traballadores como con clientes a 2 metros. A CIG criticou que se deixaran fora achegas que fixemos a estas instrucións que consideramos fundamentais para protexer a saúde dos nosos traballadores/as como, por  exemplo:

-    Que, tanto en Distribución, Loxística e Rede de Oficinas se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-       Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-       Entregar a todos os traballadores/as luvas, xeles  hidroalcoholicos         individuais e máscaras.

-        Colocación de biombos de  metacrilato nos postos de atención ao público.

A CIG dada a preocupación que nos trasladaron compañeiros/as que teñen familiares na casa con patoloxías sensibles, nenos e persoas maiores, solicitamos na reunión que se lles aplique por similitude o protocolo de persoal sensible e mándalos a casa.

https://cigcorreosgaliza.blogspot.com/
E INSISTIMOS EN QUE A EMPRESA DEBE LIMITAR A ACTIVIDADE AO ESTRITAMENTE ESENCIAL E NECESARIO PARA A CIDADANÍA CO PERSOAL MÍNIMO IMPRESCINDIBLE

17 de set. de 2019

A CIG-Correos presente nas mesas: da Comisión Estatal de Saúde Laboral e Sectorial en Madrid, maña día 19 de setembro


Correos convoca as O.O.S.S. a 2 xuntazas para o día de maña en Madrid onde a CIG Correos estará presente.

Os temas a tratar son os seguintes:

1ª - Comisión Estatal de Saúde Laboral: para tratar os 2 puntos por adaptación funcional que se dan no Concurso Permanente de Traslados.

2ª - Mesa Sectorial: Promoción Interna do Persoal Funcionario.

Manterémosvos informadas/os de todo o que aconteza.