Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

22 de nov. de 2022

CONCENTRACIONS 25N: A CIG reclama o dereito a termos un traballo digno e sen violencias


"Traballo digno e sen violencias" é o lema baixo o que a secretaría das Mulleres da CIG conmemora este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña a través da que se pretende denunciar a actitude de permisividade da patronal ante as situacións de acoso que padecen moitas mulleres nas súas empresas, chegando mesmo a ser utilizadas como mecanismo coercitivo coas traballadoras.