Amosando publicacións coa etiqueta suba salarial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta suba salarial. Amosar todas as publicacións

16 de out. de 2023

Nin para unha Botella de Aceite: Unha Baixada do Poder Adquisitivo disfrazada de suba salarial do 0,5%

 


Non che imos abafar con moitos datos porque calquera persoa empregada pública pode percibir que unha suba media de 7 euros netos non da nin para mercar un litro de aceite.

Baixo o presuntuoso nome de Acordo para unha administración do século XXI (parece que algunha letra se lles moveu de sitio neste acordo do século XIX), o goberno español, CCOO e UGT pactaron non subir os nosos salarios conforme ao incremento do custe da vida. E na Galiza reproduciron o mesmo o PP, CCOO, UGT e CSIF.

De todo isto xa che fomos detallando as consecuencias dende que asinaron un acordo que ataba de pés e mans ao persoal empregado público en caso dunha esperada suba do IPC.

Pero se ben dicimos que non imos dar moitos datos, algúns si temos que dar para comprender por que esta suposta suba é en realidade unha perda. Tendo incluso en conta as estimacións máis baixas de subida do IPC para o 2023 (as que fai o Banco de España) e reflectindo xa a suba do 0,5%, o panorama é o seguinte: 

Perda de poder adquisitivo das persoas empregadas públicas (2022-23)

 

Salarios

IPC

Diferenza

2022

3,5%

5,7%

-2,2%

2023

3,0%

3,6%

-0,6%

Total

6,5%

9,3%

-2,8%

       
A pesares das esixencias da CIG, Correos non confirma si realizará o abono na nómina do mes de outubro con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2023. 

Isto non palía a perda do poder adquisitivo pero os sindicatos amigos seguen dando palmas despois de venderse por unha botella de aceite.

11 de maio de 2023

Nómina Mes de Maio Abonarase a Suba Salarial de 2023 Máis os Atrasos


 

Correos comunicou que na nómina do mes de maio abonaranse as cantidades correspondentes á suba salarial do ano 2023. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.

INCREMENTOS SALARIAIS:

Persoal funcionario, Laboral fixo e eventual  incremento do 2,5% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2023.

Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan: 

21 de mar. de 2023

A CIG Insta a Correos Aplicar a Suba Salarial do 2,5% do 2023

A pesares de estar aprobada unha suba salarial do 2,5% para os empregados e empregadas públicas nos orzamentos xerais do estado para o ano 2023, Correos aínda non a aplicou ás exiguas nóminas dos seus traballadores e traballadoras. 

O incremento imparable dos prezos e os soldos baixos da maioría dos empregados desta casa, fai moi difícil que moitas familias poidan chegar a fin de mes.


7 de out. de 2022

CCOO e UGT Traicionan aos Empregad@s Públicos Pactando co Goberno Unha Suba Salarial Ridícula

 


CCOO e UGT en complicidade co Goberno pactan na Mesa de Función Pública seguir empobrecendo aos empregadas e empregados públicos.

Non contentos con condenarnos a unha perda de poder adquisitivo este ano, tamén a asinan para os anos 2023 e 2024.

Ante un futuro tan incerto como o que temos por diante cunha guerra que esta a facer que os prezos de alimentos, hipotecas, enerxías etc. se disparen cada día, como se pode ser tan lerchos para asinar subas por debaixo do IPC empobrecendo á clase traballadora. E estes son os sindicatos que din defendernos.

Non se decatan que os empregados públicos e moi especialmente os de Correos levamos perdendo poder adquisitivo todos os anos. Que recibiron a cambio para asinar tal cousa.

Está son as marabillosa subas que imos ter 2022 - 2024:

2022

2023

2024

2% Correos o abonara na nómina de outubro ou novembro con retroactividade dende o 1 de xaneiro

2,5%

2%

+ 1,5% Asinado por CCOO e UGT que NON se pagará de momento. Correos xustifica que non o pode pagar porque se acaba de aprobar. Isto se pagará (cando sexa) con carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro

+ 0,5% en función do IPC Harmonizado 2022-2023

+0,5% se o PIB nominal do 2023 supera a previsión do Goberno

Todo isto sumado a si se aliñan as estrelas en perfecta conxunción

+0,5% se o IPC 2022-2024 harmonizado supera o incremento salarial previsto.

Para asinar isto CCOO e UGT contrataron a unha meiga para saber como ía a esta a cousa daquelas.

Total suba 3,5%

Total suba 2,5%

Total suba 2%

IPC  apróx. 10%

IPC Incerto

IPC incerto

Perda:  – 6,5%

Perda: seguro que a hostia

Perda: Mellor nin pensalo

En canto a soldos os traballador@s de Correos estamos á cola do resto de empregados da Administración e agora máis Grazas a CCOO e UGT.

Diante esta situación, a CIG convoca unha concentración para o día 14 diante da sede da Delegación do Goberno na Coruña na defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e da medida de baterías ante a carestía da vida que xa ten presentado ante o Goberno


27 de out. de 2021

SUBA SALARIAL DE 2021 0,9%


 

Correos comunicou que na nómina do mes de novembro abonaranse as cantidades correspondentes á suba salarial do ano 2021 máis os atrasos acumulados. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.

INCREMENTOS SALARIAIS:

Persoal funcionario, Laboral fixo e eventual  incremento do 0,9% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2021.

Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan:

Ø  Salario.

Ø  Trienios.

Ø  Complemento de posto tipo ou de destino.

Ø  Complemento de ocupación ou  específico.

Ø  Complemento específico I ou de ocupación.

Ø  Complemento extra.

A subida dos complementos retributivos VARIABLES:

Ø  Complemento de Produción e Asistencia CPA

Ø  Complemento de permanencia e desempeño (Tramos)

Ø  Pluses de nocturna, sábados, festivos e automatización.

Ø  Gratificacións de Nadal e eleccións.

Ø  Horas extras.

Se percibiran estas esmolas con carácter retroactivo dende Xaneiro 2021.

Suben as retribucións EXCEPTO a indemnización por aportación de vehículo que continua e continuará conxelada.  

A pesares destas subas seguimos á cola do resto de empregados da Administración.

Seguemos sendo o servizo público mellor valorado pola opinión publica e o peor pagado da administración,  con recargas de traballo inasumibles. 

¡¡Coa previsión do INE dunha suba do 4% do IPC este ano perdemos un 3,1%!!


9 de mar. de 2020

Suba salarial 2020



A CIG asistiu á Mesa Sectorial do persoal funcionario (Madrid 4 de marzo 2020) na que temos dereito a participar por ter a condición de sindicato máis representativo.

Correos comezou a xuntanza informando sobre a mala situación económica da empresa, indicando que nestes primeiros dous meses do ano experimentamos unha caída dun 21.79% do correo tradicional debido á dixitalización. O coronavirus tamén afectou á paquetería porque estamos a recibir 210 mil paquetes menos de China. Esta introdución valeulles para anunciar seguidamente que manterían o número de traballadores necesarios de acordo ao volume de traballo, isto traducido ao linguaxe común significa que farán recortes na contratación.
Outro punto que tratou Correos foi sobre os Complemento de Produción e Asistencia (CPA) e de Permanencia e Desempeño (Tramos) informando que ate de agora estaban pagándose vinculados unicamente á asistencia efectiva ao posto de traballo, pero que  no futuro o abono destes dous complementos se vincularán non só á asistencia se non tamén á produtividade individual de cada traballador tal e como se establece no Convenio.           

A subida salarial para este ano vai ser do 2% e terá carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2020 e farase efectiva cando sexan autorizados pola SEPI, o Ministerio de facenda e a Comisión de Seguimento de Negociación Colectiva das Empresas Públicas. O incremento do 1% vinculado ao PIB do 2019, que se abonaría a partires do 1 de xullo de 2020, perderase ao non acadar esta cifra un 2.5%.

Estes son os conceptos retributivos que se incrementan:
FIXOS
VARIABLES
-Salario Base
-C.P.A. e Tramos

-Pagas Extraordinarias
-Pluses festivos, de sábados, de nocturnidade, clasificación mecanizada e produtividade de Nadal.
-Antigüidade
-Horas Extraordinarias
-Complemento de destino/Posto tipo e complemento especifico/Ocupación
-Plus de Residencia e incentivo singular pola prestación de servizos en Andorra.

A CIG na súa intervención criticou a perda desa suba do 1%. As centrais sindicais maioritarias non poden seguir asinando Acordos onde se vinculen parte das subas salariais a futuribles incertos. Así non vamos a recuperar o poder adquisitivo perdido. O persoal funcionario dende o ano 2008 leva perdido un 14% e o persoal laboral un 9%.

Reclamamos a devolución do 5% das retribucións do persoal funcionario retraído das súas nóminas dende o ano 2010.

Reclamamos a equiparación dos niveis do persoal funcionario de Correos con respecto ao persoal da Administración Xeral do Estado, lembremos por exemplo que o Grupo C2 na AGE teñen nivel 14 mentres que en Correos seguimos cun mísero nivel 11. Entendemos que esta ademais sería unha boa medida para paliar a perda de poder adquisitivo do persoal funcionario.

Así mesmo solicitamos que se inicie a negociación para a implantación en Correos das 35 horas semanais, que ademais de ser unha reivindicación histórica da CIG, sabemos que se están a implantar  noutros organismos.  

Os sindicatos maioritarios na súa intervención limítanse a felicitar á empresa por aplicar a suba salarial.

11 de set. de 2019

Nómina mes de setembro Abonarase a Suba Salarial de 2019 máis os atrasos



Correos comunicou que na nómina do mes de setembro abonaranse as cantidades correspondentes á suba salarial do ano 2019 máis os atrasos acumulados ate o 31 de agosto deste ano. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.

INCREMENTOS SALARIAIS:

Persoal funcionario, Laboral fixo e eventual  incremento do 2.25% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2019.

Incremento adicional do 0.25% a partir do 1 de xullo de 2019.

Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan:

Ø  Salario.
Ø  Trienios.
Ø  Complemento de posto tipo ou de destino.
Ø  Complemento de ocupación ou  específico.
Ø  Complemento específico I ou de ocupación.
Ø  Complemento extra.

A subida dos complementos retributivos VARIABLES:

Ø  Complemento de Produción e Asistencia CPA
Ø  Complemento de permanencia e desempeño (Tramos)
Ø  Pluses de nocturna, sábados, festivos e automatización.
Ø  Gratificacións de Nadal e eleccións.
Ø  Horas extras.

Suben as retribucións EXCEPTO a indemnización por aportación de vehículo que continua e continuará conxelada.  

A pesares destas subas seguimos á cola do resto de empregados da Administración. Estas subas no son outras que as asinadas co Goberno do PP, por tanto que non se poñan medallas nin a empresa nin os sindicatos asinantes.

Seguemos sendo o servizo público mellor valorado pola opinión publica e o peor pagado da administración,  con recargas de traballo inasumibles.