Amosando publicacións coa etiqueta inspección de traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inspección de traballo. Amosar todas as publicacións

14 de nov. de 2022

O CENTRO NODAL DO GRUPO CORREOS EN MOS (PONTEVEDRA), UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO.

 

A CIG denuncia a Correos ante a Inspección de Traballo

  • 30-35 furgonetas arrancando dentro da nave co persoal traballando.
  • Goteiras que enchen caldeiros.
  • Riscos permanentes por altura e inadecuada colocación das cargas nos palés.
  • Palés con puntas de ferro, con risco para o persoal.
  • Taquillas sen subministrar e insuficientes.
  • Persoal de Correos Exprés sen calzado de seguridade.
  • Cerca de medio ano sen pagar o complemento de automatización.

Esta é a amazonización da empresa pública Correos que a CIG non está dispota a consentir.

DEFENDE A TÚA DIGNIDADE!!
CIG CORREOS O TEU SINDICATO

8 de nov. de 2022

POR FIN! A OFICINA DE BALAIDOS XA TEN CLIMATIZACIÓN


DESGRAZADAMENTE CORREOS SÓ REACCIONA DIANTE DAS DENUNCIAS EN INSPECCIÓN DE TRABALLO E ANTE OS MEDIOS

  • A CIG, felicita as compañeiras e compañeiros da sucursal 6 (Balaidos) Vigo, de que por fin poidan contar con un espazo de traballo debidamente climatizado.
  • A CIG xa se dirixiu de novo a Correos para que cumpran as restantes medidas que a Inspección de Traballo lle indica na súa resolución.
  • CIG estará vixiante o cumprimento dos requirimentos da I.T.
  • A CIG demanda a instalación de puntos de auga fresca en tódalas oficinas, do mesmo modo que inspección indica no caso de Balaidos.

CIG Correos: un instrumento eficaz 
na defensa dos intereses das clases traballadoras

7 de nov. de 2022

CORREOS PON EN RISCO A DIARIO A VIDA DE CENTOS DE CARTEIROS E CARTEIRAS



A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo, 
cansa do lamentable estado das motos.

O sindicato CIG-Correos, ven de denunciar ante a Inspección de traballo o incumprimento por parte da empresa da normativa de seguridade laboral, con centos de traballadores que arriscan a súa vida diariamente nas rúas, durante a súa xornada laboral.


20 de set. de 2022

Motos: insuficiente adherencia á calzada. Denuncia na Inspección de traballo.


O pasado 4 de xullo a C.I.G. presentou denuncia ante a Inspección de Traballo de A Coruña en atención as queixas recibidas por parte do persoal que realiza o reparto nas motos de Correos (sobre todo nas motos eléctricas).

Dende este Sindicato entendemos que a perigosidade á que se expón o persoal que realiza o reparto en moto ven motivada, en gran parte, por que os pneumáticos non se adhiren suficientemente á calzada cando está mollada. 

Dita circunstancia foi trasladada pola C.I.G. ao Xefe de Distribución da Área Noroeste en setembro de 2021. A contestación que recibimos foi que: “ (...) dita marca leva usándose máis de 2 anos en Correos, sen que se evidenciou a existencia de casos de accidente de traballo nos que a calidade do pneumático tivese influencia.”

Como dato a resaltar, e apesares do “baixón de actividade” que se produciu en Correos durante a Pandemia pola COVID 19, na provincia de A Coruña rexistráronse no período comprendido entre o 03/12/2018 ao 30/03/2022 76 accidentes de moto motivados por: esvaramento, patinaxe, derrapamento e similares.

Dende C.I.G. consideramos que os pneumáticos deben de adaptarse ás condicións climatolóxicas de cada Rexión e que os pneumáticos non deben de se-los mesmos para todo o Estado: 

As condicións climatolóxicas non son as mesmas en Galiza que en Andalucía, Canarias, etc., por iso,

C.I.G. SOLICITA Á INSPECCIÓN DE TRABALLO QUE SE INVESTIGUEN ESTES FEITOS PARA QUE CORREOS DOTE ÁS MOTOS DUNS PNEUMÁTICOS QUE OFREZAN MELLOR ADHERENCIA Á CALZADA.

19 de xul. de 2022

Un ventilador para soportar as asfixiantes temperaturas deste verán. O insultante o proceder de Correos co persoal da oficina de Balaidos


A CIG ven de denunciar a Correos diante da Inspección de traballo, ante a situación que están a padecer as compañeiras e compañeiros da sucursal de Balaidos.

Dende hai varios meses a empresa ten coñecemento da deficiencia no sistema de aire acondicionado en esa oficina, pero  a solución segue sen chegar.

No pasado mes de maio a empresa aproba dar solución a problemática pero a realidade é que a estas alturas as compañeiras e compañeiros da devandita oficina están a soportar, as temperaturas asfixiantes, que estamos a padecer. Tendo que traballar en condicións inhumanas.  

En lugar de dar unha resposta definitiva que realmente resolva o problema a empresa limitouse a colocar un aparato provisional que non da a cobertura necesaria e provoca problemas de saúde o persoal , posto que en algúns casos lle repercute de maneira directa . Para mais irritación a empresa ante as queixas , recoñece que non vai poder dar unha solución definitiva ata mediados de agosto como moi pronto e limitase a enviar un ventilador. 

É insultante que se tarde tanto tempo en resolver un problema que xa coñecían dende antes do verán, pero máis grave aínda é que pretendan rirse do persoal enviando un só ventilador.

Non é de recibo que mentres se gastan  miles de euros para renovar despachos da dirección as traballadoras e traballadores teñan que estar en esta situación. 

A dirección de Correos enchéselle a boca dicindo que  o persoal é o capital máis importante da empresa pero os feitos acreditan o contrario. 

Problemática similar na oficina de Salceda de Caselas, que segue sen resolverse, por non falar dos carteiros rurais que poñen cartos do seu peto para desempeñar o traballo , posto que Correos leva máis de unha década sen revisar o suplido por aportación de vehículo ou o incumprimento da suba salarial do 2% aprobado .

Prensa:

Xornal de Vigo

Hora 14 Vigo

Faro de Vigo


12 de maio de 2021

A CIG Presenta denuncia na Inspección de Traballo e solicita a Paralización da orde do 7 de maio de recollida de firmas na PDA

 


A CIG presenta denuncia diante a Inspección de Traballo solicitando  que se paralice a entrada en vigor da orde de recoller as sinaturas na PDA e acuses de recibos dos produtos antes mencionados ate que a mesma non se estude, negocie e aprobe no seno da Comisión Estatal de Saúde Laboral baseándonos nas seguintes consideracións:

a)    Que os traballadores/as de Correos non están vacinados a pesares das reiteradas solicitudes realizadas por este sindicato, por ser un colectivo vulnerable ao contaxio e poder ser fonte de propagación do virus. Os traballadores de Correos foron cualificado como persoal esencial durante a pandemia.

b)    Que a recollida de sinaturas é unha exposición innecesaria dos carteiros/as ao contaxio pois é imposible saber si a persoa receptora está en corentena, contaxiado etc.

c)     Que a Modificación do documento de Medidas Organizativas e Preventivas do 18 de xaneiro de 2021 se realizou sen a convocatoria da Comisión Estatal de Saúde Laboral para a súa negociación e estudo desta medida. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. A empresa incumpre o artigo 18. Información, consulta e participación dos traballadores da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais. 

d)  A empresa NON xustifican que o cambio veña obrigado por ningún tipo de norma ou disposición legal aprobada recentemente.

e)  A empresa ten que garantir a saúde dos traballadores/as e dos cidadáns. En virtude do Estatuto dos Traballadores e da Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995 é o empresario quen ten o deber da protección dos traballadores/as fronte aos riscos laborais. OS traballadores/as debemos garantir a nosa saúde e dos cidadáns, polo tanto estamos na obriga todos/as de cumprir estes parámetros. Incluído non realizar a nosa actividade laboral, si poñemos en perigo nosa saúde e dos cidadáns, como actualmente.

Dáse polo tanto, unha situación de grave risco para a saúde das traballadoras e traballadores, que desenvolven un contacto innecesariamente próximo coas usuarias e usuarios do servizo.