Amosando publicacións coa etiqueta Plataforma sindical. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plataforma sindical. Amosar todas as publicacións

20 de xuño de 2025

A CIG, LAB, SIPcte, ESK, I. Canaria, ELA e I. Valenciana concentrámonos ante a sede central de Correos en Madrid, contra o Acordo Marco.


Ante a gravidade das medidas que se pretenden implantar coa sinatura do Acordo Marco, os sindicatos CIG, LAB, SIPcte, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana, concentrámonos onte diante da sede de Correos en Madrid e presentamos un escrito no rexistro dirixido ao Presidente do ente, Pedro Saura, para trasladarlle a nosa firme oposición ao «Acordo Marco» asinado o pasado 31 de decembro de 2024 entre a Dirección de Correos e as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF e SL.

Os sindicatos convocantes denunciamos o modelo erróneo de transformación de Correos. Neste sentido afirmamos que as liñas estratéxicas reflectidas neste acordo repiten erros do pasado. Consideran ademais que é inviable competir cos grandes operadores do sector sen avanzar cara a un modelo de «Amazonización» da empresa pública, baseado en precarizar dereitos laborais e retributivos.


Rexeitamos tamén a mercantilización das oficinas de Atención ao Cliente que pretenden transformar en Centros de Negocio, o que entenden que choca frontalmente co carácter público do servizo.

Advertimos ademáis do insuficiente financiamento do Servizo Postal Universal (SPU), que é esencial e deficitario, e que require dunha financiación estatal adecuada. Denuncian por iso o seu abandono que, afirman, “contribuíu ao deterioro económico e a unha situación insostible para a empresa e o seu cadro de persoal”.

Falta de diálogo real co cadro de persoal

Xunto a isto aseguramos que o peche de centros loxísticos e a implantación forzada da venda de seguros en colaboración con AXA tomáronse sen transparencia nin diálogo real e serio, xerando malestar e incerteza. E advirten do incumprimento do III Convenio Colectivo porque persisten numerosas deficiencias estruturais como:
  • Ausencia do calendario laboral anual en prazo.
  • Atrasos en concursos de traslados e reaxustes.
  • Obstáculos para a conciliación laboral e familiar.
  • Mala planificación de vacacións.
  • Falta de medios e persoal. Vehículos en mal estado.
  • Mala xestión de asignacións por limitacións físicas temporais.

Isto xunto a progresiva precarización, porque a mobilidade funcional e xeográfica ten unhas ridículas compensacións. A este respecto alertan de que a flexibilidade horaria imposta e o aumento das cargas de traballo son medidas que contén este Acordo Marco que agravarán o estrés, aumentarán os riscos psicosociais e afectarán gravemente á saúde mental e física da plantilla.

Por iso entenden que este acordo non aporta avances reais nin sostibles. Pola contra denunciamos que supoñen recortes en dereitos laborais e maior inestabilidade, que a súa negociación “non foi transparente, levouse a cabo mediante reunións bilaterais con determinadas organizacións, á marxe do resto”; que non inclúe melloras salariais vinculadas ao IPC nin recupera o perdido anos atrás.

Advertimos da crítica situación no centros de traballo onde aseguran que se enfrontan a cadros de persoal por debaixo do 50% de cobertura, recortes en contratación, negativa reiterada ao disfrute de permisos e un aumento preocupante do absentismo por Incapacidade Temporal, moitas veces motivada por ansiedade derivada do entorno laboral ou do desgaste físico do persoal.

A carta dirixida ao Presidente de Correos, Pedro Saura, vai nesta mesma liña, advertindo do retroceso en dereitos e a ameaza o carácter público de Correos que supón o Acordo. Un escrito no que exiximos diálogo para construír un futuro xusto e sostible, instando a Saura a frear este rumbo e preservar a vocación social da empresa.

#27XUÑOFOLGA


11 de maio de 2025

Plataforma Sindical contra o Acordo Marco


Os sindicatos CIG, LAB, SIPCTE, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana, seguimos traballando desde a unidade sindical para dar unha resposta conxunta á traizón máis grande que se perpetrou aos traballadores e traballadoras de Correos e que se plasmou en forma de Acordo Marco asinado o 31 de decembro de 2024 por Correos e os sindicatos CCOO, UGT, CSIF e SL e ratificada posteriormente por CCOO, UGT e CSIF o 15 de marzo.

Desde a unidade sindical temos realizado asembleas informativas nos centros de traballo, así como concentracións e roldas de prensa de forma coordinada coa finalidade de dar a coñecer, non só aos traballadores e traballadoras de Correos senón tamén á opinión pública, o recorte de servizos e a precarización de dereitos laborais e retributivos que se pretende cunha AMAZONIZACION da empresa, pero sen paquetes.

PRIMEIRA FASE (período inicial de negociación ata 15/03/2025 e que foi ampliado ata o 30/06/2025)
  • Saída de persoal funcionario mediante excedencias incentivadas (Persoal total actual 2.800 funcionarios/as)
  • Peche de Centros CEX e recolocación dos axentes clasificación deses centros a postos de reparto na mesma localidade ou provincia.
  • Convocatoria de Exame de Ingreso (medida para contentar a unha OOSS que fai un negocio moi lucrativo)
SEGUNDA FASE (Determínase como data límite ata o 01/10/2025)
  • Compromiso de que os gastos de persoal pasen do 85% actual ao 70% en 2 anos. (Redución entre 8 mil e 13 mil traballador@s)
  • Transformación integral do réxime retributivo, aplicando sistemas de medición individual do desempeño e incentivos. (Cobrarás dependendo do que repartas e/o vendas)
  • Calendario estacional onde ata un 10% das horas por xornada serán variables en función da carga prevista en cada estación. (Fixaranse no calendario laboral e a xornada diaria non poderá ser inferior a 5 horas nin superior a 9 horas)
  • Comprométense a afondar e actualizar, aínda máis, a mobilidade funcional e xeográfica. (Poderán cambiarche as funcións así como de centro de traballo dependendo das necesidades do servizo)
  • Aplicarase unha xornada de cuarta quenda, de martes a sábado tarde, naquelas unidades operativas onde as necesidades do servizo o aconselle. (En principio será con criterios de voluntariedade, pero xa sabemos que cando non hai voluntarios pasa a ser obrigatorio)
  • Tomaranse as medidas necesarias co fin de redistribuir o persoal das quendas mañá e tarde nun 60% - 40%. Na actualidade é dun 80% mañá e 20% tarde. Do mesmo xeito que no punto anterior se non hai voluntariedade irase á obrigatoriedade.
E se queres cobrar algo máis deberás vender os teus dereitos:
  • Incentivar de maneira voluntaria o desfrute das vacacións fóra do período de verán. (É dicir vender o teu dereito para desfrutar das túas vacacións en xullo, agosto ou setembro)
  • Aplicarase unha bolsa de horas, que será voluntaria e compensada, sobre o 10% da xornada anual en positivo e negativo, para poder regular as variacións de carga de traballo cun pre-aviso de 15 días.(por ao dispor da empresa 170 horas da túa xornada anual para que as empregue cando o precise.
Estas son as marabillosas medidas asinadas polos nosos/as "compañeiros/as" dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF. Traizoaron a todos os traballadores/as de Correos así como dos que lle confiaron o seu voto. 

Nas nosas seccións sindicais tes á túa disposición o texto íntegro do Acordo Marco para que ninguén te engane con falsedades ou medias verdades.

Os sindicatos CIG, LAB, SIPCTE, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana defendemos un CORREOS PÚBLICO E DE CALIDADE dicimos NON AO ACORDO MARCO e loitamos por un CONVENIO DIGNO.

👇👇👇👇👇👇👇👇👇

Cartaz Plataforma Sindical Maio2025 by CIG Correos Lugo