Amosando publicacións coa etiqueta Permisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Permisos. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2018

A CIG Solicita un Día a Maiores de Asuntos Propios para este Ano


A CIG Solicitou por escrito ao Presidente de Correos que se aplique en Correos a Resolución do 20 de febreiro de 2018 da Secretaria de Estado das Administracións Públicas e se lle conceda a todo o persoal de Correos un día máis de permiso adicional neste ano 2018.

O resto da Administración Xeral xa o ten concedido ao considerarse o día 8 de decembro día festivo de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble polas Comunidades Autónomas coincidente en sábado.

A Administración habilita a todos os seus organismos públicos e entidades públicas a incorporar aos seus calendarios laborais, cada ano natural, como máximo un día de permiso cando algunha ou algunhas festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperables e non substituíbles polas Comunidades Autónomas coincidan en sábado durante o ano.

Sen embargo Correos non quere que se estenda este dereito aos seus traballadores/as, e ademais síntese respaldado polos seus fieis sindicatos que son máis defensores dos dereitos da empresa, que dos traballadores.

Agora estamos á espera da resposta oficial de Correos no caso de ser negativa a CIG iniciará todas as xestións e tomará as medidas que sexan necesarias para defender os dereitos dos traballadores de Correos funcionarios e laborais.

Dende a CIG non imos consentir estas diferenzas de trato que xa pasan a ser de maltrato aos traballadores/as acrecentando as diferenzas co resto de empregados públicos.

Os traballadores de Correos somos servidores públicos a pesares da empresa e dos sindicatos CCOOmplices temos uns dereitos e témolos que defender non podemos consentir que se nos trate como empregados de segunda. 

DENDE CIG SEGUIMOS DEFENDENDO OS DEREITOS LABORAIS DOS TRABALLADORES/AS
 MENTRES AS CUATRILLIZAS (CCOO,UGT,CSIF E SL) MIRAN PARA OUTRO LADO

Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.

29 de dec. de 2017

Persoal Eventual (Con contrato en vigor durante os días 24 e 31 de decembro de 2017).


Segundo o establecido no artigo 58 q) do III Convenio Colectivo da S.E. Correos e Telégrafos S. A.: “Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos, a empresa recoñecerá dous días adicionais de descanso”.

Se tes ou tiveches contrato en vigor durante os días 24 e 31 de decembro (durante os dous días ou durante un de eles),

DENDE O SINDICATO CIG RECOMENDÁMOSCHE que pidas, o antes posible e por escrito ó teu xefe inmediato (ficando con copia), os días de APs que che correspondan (un ou dous).

-Se vas seguir contratado/a durante o próximo mes de xaneiro, pídeos para antes do día 31 de ese mesmo mes.

-Se non vas seguir contratado/a durante o mes de xaneiro, pídeos durante o primeiro contrato que teñas no próximo ano, facendo alusión a que os pides con cargo ós días 24 e 31 de decembro de 2017, período durante o que estiveches traballando, pero durante o cal non os puideches gozar.

Nota: O impreso de solicitude tédelo colgado en:
Conecta.correos.es/Información permisos e licenzas/Vacacións/Asuntos Propios Nadal/Laborais ( Nel anotade as observacións que consideredes pertinentes.



24 de maio de 2016

Novos Criterios para as excedencias Voluntarias Incentivadas


Correos mantén o número de mensualidades segundo a idade, así como o sistema de cálculo da indemnización pero fraccionan os pagos por tramos de idade, isto fai que se reduzan as retencións do I.R.P.F. Estes son os novos criterios:

*                   Con 59 anos o máis  abonarase a indemnización nun só pago.

*                   Con 58 anos abonarase en dous pagos iguais. O primeiro coa nómina do mes da súa concesión e o segundo aos 13 meses da súa concesión.

*                   Con 57 anos abonarase en tres pagos iguais. O primeiro coa nómina do mes de su concesión, o segundo aos 13 meses e o terceiro aos 26 meses da súa concesión.

*                   Estes criterios serán de aplicación a tódalas excedencias voluntarias incentivadas que se cobren a partir da nómina do mes de maio de 2016.

*                    O abono da cantidade que por indemnización corresponde a cada un destes pagos está suxeita ao IRPF, e cada un imputarase ao período impositivo no cal son abonados, que é cando son esixibles polo perceptor. O empregado, en ningún caso, poderá esixir que estas cantidades séxanlle abonadas antes dos prazos establecidos anteriormente.


Dende a CIG reclamamos a Correos que incremente as contías da indemnización por mes, baixe a idade mínima ata os 55 anos fronte aos 57 actuais, que estenda o sistema a todas as áreas funcionais, que se concedan a tódolos solicitantes independentemente da área a que pertenza o traballador, con prioridade para a concesións aos que teñan maior antigüidade, que se lle dea ao traballador a opción de poder elixir un só pago e non dous ou tres no tramo dos 57 e 58 anos respectivamente e que se estendan para o persoal laboral.


30 de xan. de 2013

PERMISOS 2013 EN CORREOS

Manteñen os 6 días de Asuntos Particulares e os días adicionais de vacacións por antigüidade para o persoal funcionario e laboral

Segundo nos comunicaron logo da xuntanza do día 29 de xaneiro entre Correos e os Sindicatos asinantes, a empresa comprometese a manter os 6 dias de asuntos particulares e os días a maiores de vacacións por antigüidade.

 

Seguimos perdendo dereitos cada ano que pasa, agora tocoulle ó persoal funcionario que perde os días a maiores por trienios.

 

Agardamos pola redación definitiva do Calendario Laboral para facer unha valoración completa do mesmo e para trasladarvos o resto do seu contido, porque moito nos tememos que se esqueceron de tratar cuestións moi importantes.

 

DIAS ADICIONAIS DE VACACIONS (Lembrade quen ten dereito a eles)

  • 1 día hábil: A partir do ano seguinte a cumprir 11 anos de antigüidade

  • 2 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 16 anos de antigüidade

  • 3 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 21 anos de antigüidade

  • 4 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 26 anos de antigüidade.