Data de exame 11 de marzo en cada zona. Se
realizará unha proba “de coñecementos e competencias”, que
pechará a convocatoria dos novos Xefes de Equipo en Correos.
A partir das 9:30
horas, iniciarase o chamamento para unha proba que comezará ás 10:00 horas e que
decidirá o persoal de xefaturas intermedias: a oportunidade de consolidar o
posto para os que xa están provisionais ou de acceso aos que pretenden facelo
por primeira vez.
Cada candidato pode consultar os seus datos de
maneira individual na propia páxina web de Correos, www.correos.es, e a través
da Intranet ( https://conecta.correos.es) na canle de ‘Persoas’, onde aparece
toda a información de forma detallada. Igualmente, as Unidades de Recursos
Humanos dispoñerán dunha listaxe, a disposición dos candidatos, para calquera
consulta ou aclaración que necesiten efectuar.