Amosando publicacións coa etiqueta persoal rural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta persoal rural. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2024

Onde está a suba pola achega de vehículos para o persoal rural?




A CIG sector Correos ven de reclamar que con efecto inmediato se respecte e materialice o compromiso adquirido dentro do marco legal actualizado e se esixa ao Ministerio de Facenda que se paguen os atrasos con carácter retroactivo a 18 de xullo de 2023.

Lembremos que en Correos estabamos cobrando 0,23 euros por quilometro (0,19 + 0,04), é dicir, a dieta oficial máis 0,04 céntimos a maiores para compensar o desgaste do vehículo e consumo de combustible. Esta axuda extra que aumenta a base de cotización perdeuse grazas a marabillosa negociación que fixeron os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral nunha xuntanza o pasado día 19 de outubro de 2023 aforrándolle cartos á empresa.

“Para nuestros empleados y empleadas rurales, hemos acordado con los sindicatos CCOO, UGT, CSIF y Sindicato Libre elevar la indemnización por el uso del vehículo a 0,26 euros por kilómetro....”

Como resultado agora só se cobra a dieta oficial, 0,26 euros por quilómetro contemplada por Lei. Ademais xa van 10 meses dende que se aprobara a suba no BOE e 7 meses dende que se aprobara o acordo de actualización en Correos, e aínda non se reflectiu en ningunha das nóminas dende entonces.

O/A carteiro/a Rural NON ten porque asumir do seu peto o custe do incremento do prezo do combustible, así como os prezos de reparacións, mantemento, seguros, etc.


Dende a CIG solicitamos unha... Solución Xa!!


29 de feb. de 2024

Traballadores e traballadoras de Correos da unidade do Polígono da Costa Vella (Compostela) mobilízase polo pago das retribucións pendentes

 


Traballadores e traballadoras e representantes de CIG-Correos concentráronse esta mañá diante das instalacións de Correos de Costa Vella, onde se atopa a Unidade de Reparto nº 2 de Santiago, para demandar o pagamento pendente do aumento das retribucións por aportación de vehículo propio para facer o reparto de correspondencia.

Desde o pasado mes de xullo, o Goberno acordou subir a indemnización por aportación de vehículo dende os 0.19 cts até 0.26 cts. Porén, malia o tempo transcorrido, Correos nin actualizou este concepto nas nóminas do persoal afectado, nin tampouco pagou os atrasos desde xullo, o que supón un quebranto económico moi importante para a economía deste colectivo.

O persoal considera, en todo caso, que o incremento “é insuficiente e non chega para o mantemento do vehículo e telo a disposición de Correos para facer o reparto no ámbito rural, xa que esta suba non absorbe o custo real do mantemento do vehículo”.

Lembran que no ano 2005, despois de varias mobilizacións de CIG-Correos, incluído un peche de 15 días nas dependencias de Correos na rúa do Franco, conseguírase un aumento para este colectivo de Correos de 0.19 cts a 0.23 cts por km.

Porén, logo da suba aprobada polo Goberno, Correos e os sindicatos asinantes do actual convenio colectivo ( CCOO,UGT, CSIF e Sindicato Libre) acordaron non facer extensiva esta suba adicional ao persoal de Correos.

Por iso denuncian que están a sufrir unha perda, porque quedou o incremento igual que no resto da función pública, cando “é unha realidade palpábel que o desgaste que sofren os vehículos no ámbito rural facendo o reparto de correspondencia é moito maior, con moitas mais avarías e cun maior consumo debido tanto ao estado das vías de comunicación, como ás múltiples paradas e arrincadas que teñen que facer para servir a todas as vivendas e usuarios da zona rural”. 

Vehículos entregados por Correos

Asemade, denuncian que hai moitos traballadores e traballadoras que levan agardando máis de 2 anos por vehículos aportados por Correos para o ámbito rural e non ter que aportar eles o seu propio vehículo.
A pesar da insistencia da CIG-Correos para que se entreguen canto antes os vehículos a todas e todos aqueles traballadores que así o desexan, aseguran que “Correos fai oídos xordos e non atende a maioría das peticións”, polo que o cadro de persoal ten que seguir soportando a perda de cartos cada mes por ter que aportar o seu propio vehículo, xa que a cantidade que paga non compensa para o consumo e o mantemento do vehículo ( rodas, aceites, seguros).

29 de xuño de 2022

A CIG-Correos mobilízase pola actualización do suplemento por achega de vehículo para o persoal rural

Desenvolveu unha protesta en Pontevedra para denunciar recortes de dereitos e servizos en Galiza

Pontevedra - 


Delegados/as sindicais da CIG en Correos desenvolveron hoxe unha mobilización en Pontevedra para reclamar a actualización do suplemento por achega de vehículo propio para o persoal rural e denunciar os recortes de dereitos laborais e de servizos que o organismo estatal está a aplicar en Galiza.

Dende a central sindical sinalan que os carteiros/as rurais están a perder cartos co reparto do correo, xa que o suplemento que paga o organismo estatal por achega de vehículo está conxelado dende 2011 “e o carburante vai camiño dos tres euros por litro”. Por iso consideran urxente que Correos convoque as organizacións sindicais para abordar unha suba compensatoria para un persoal que xa ten os salarios devaluados polo incremento dos prezos. “Os traballadores/as públicos/as acumulan unha perda dun 17% de poder adquisitivo nos últimos 10 anos”, lembran.

Dende a CIG-Correos denuncian tamén que o rexistro de Santiago foi suprimido dende o día un de maio, cando era o último que quedaba en Galiza. O rexistro é un canle de comunicación entre empresa e traballadores/as, polo que agora calquera empregado/a que queira dirixirse ou tramitar de forma oficial calquera solicitude deberá gastarse os cartos nun envío por procedemento administrativo. “O peche do rexistro crea unha discriminación entre os traballadores/as en Galiza co respecto a os doutras comunidades autónomas onde si hai rexistro”, critican.

Ao mesmo tempo, advirten sobre o recorte de servizos por falta de contratación de persoal, que se verá agravada este verán. A empresa escudase na baixada do volume de traballo e tamén na dificultade de realizar contratos coa reforma laboral. “Estas son as escusas para non cubrir as prazas vacantes, nin contratar por baixas, vacacións ou por calquera outra circunstancia”.

Isto está a provocar que haxa barrios sen repartir e que os carteiros/as teñan que “multiplicarse” por varias seccións de reparto coa conseguinte mingua na calidade do servizo. “Correos gasta centos de miles de euros en propaganda duns servizos de banca, pago de tributos ou venda de produtos que logo non se poderán realizar por falta de persoal, e nalgúns casos tamén por falta de produtos nas oficinas”.

O precario mantemento na flota de vehículos de Correos (rodas gastadas, pantallas das motos raiadas, limpa parabrisas en mal estado, etc) é outra eiva moi grave que están a sufrir diariamente os traballadores/as de Correos. Neste senso, cabe destacar o mal funcionamento dos sistemas informáticos nas oficinas e no reparto (PDA) que se bloquean acotío, xerando colas e queixas das persoas usuarias destes servizos.

Outro problema grave da empresa é o exceso de xefaturas, xa que cada vez son máis en comparación ao número de postos base; recentemente nomearon outros 1000 postos de xefatura, co que se sitúan xa en preto de 10.000.

En canto ás retribucións económicas, o colectivo de traballadores/as de Correos tamén sufre unha considerable perda de poder adquisitivo acumulada neste caso dende o ano 2011, con conxelacións salariais e subas por debaixo do IPC, ademais das penalizacións e os descontos polas baixas ao persoal laboral. A isto hai que sumar a falta de transparencia nas bolsas de contratación, pois non son accesíbeis para os candidatos/as que as compoñen, impedindo así o control das mesmas ou posíbeis chamamentos indebidos.

“Os traballadores/as de Correos en Galiza están fartos/as de tanta presión e de esixencias de obxectivos de venda. Queren poder traballar en condicións dignas e esixen a equiparación de dereitos co resto do persoal da Administración xeral e un catalogo de enfermidades profesionais”, sinalan dende a central sindical.

Por todo isto, delegados/as sindicais da CIG en Correos desenvolveron esta mañá unha concentración diante do edificio do organismo público situado na rúa da Oliva, 19, onde despregaron varias faixas e berraron consignas reclamando solucións á súas problemáticas laborais.


7 de abr. de 2022

Imposición de obxectivos de venda ao Persoal Rural

 

A CIG ven de presentar escrito con número de rexistro 000717 e entrada o 29/03/2022, diante do Xerente de Produción de Zona da Area Noroeste en relación coa esixencia de obxectivos ao persoal rural.

*               NON É LEGAL ESIXIR OBXETIVOS DE VENTAS O PERSOAL RURAL, CANDO NON ESTÁ CONTEMPLADO NAS FUNCIÓNS QUE FIGURAN NO CONVENIO E NO ACORDO XERAL.

*               NON IMOS TOLERAR AS AMEAZAS INTIMIDATORIAS AO PERSOAL. 

*  TAMPOUCO PRÁCTICAS FRAUDULENTAS COMO QUE OS COMPAÑEIROS/AS SE COMPREN ASÍ MESMOS OU ENTRE ELES, PARA CUMPRIR OS SUPOSTOS OBXECTIVOS.

*             AS COMPAÑEIRAS/OS XEFES DE DISTRIBUCIÓN, RECLAMAMOSLLE DIGNIDADE.

*        SOMOS CONSCIENTES DA RÁPIDA EVOLUCIÓN DOS CAMBIOS NO SECTOR, PERO ISTO NON SE SOLUCIONA, CON COMPORTAMENTOS CARENTES DE ESCRUPULOS.

*         DO EQUIPO DIRECTIVO DA EMPRESA ESIXIMOS RESPETO PARA AS PERSOAS, SERIEDADE E RIGOR.

a                                  A CIG DEFENDE A TÚA DIGNIDADE,

                                          QUE NON TE PISEN

 


3 de mar. de 2022

Revisión do Complemento do carburante; Xa!!

 


A CIG  defende a Unidade Sindical para reclamar a Correos a revisión inmediata do suplido por achega de vehículo

ü  A CIG ten demandado en varias ocasións, nos últimos anos, a revisión dun complemento que quedou totalmente desfasado tanto no complemento de amortización como no do carburante.

ü  Non é tolerable a esixencia de aportar vehículos adaptados para o desenvolvemento do  servizo e non dar unha contraprestación acorde co que se esixe.


ü  Estamos seguros que en esta ocasión e cunha situación tan alarmante nos prezos dos carburantes, todos os CCOOmpañeiros se sumaran a unha reivindicación así.


ü  Xa é hora de que se faga cumprir por parte dos 534 CCOOmpañeiros Liberados o que asinaron hai dez anos.

III Convenio Colectivo - Acordo Xeral:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto

A CIG defende que se cobre polo servizo que se presta e que non teñan que sacar do seu peto o diñeiro as compañeiras/os, para facer o  traballo.


14 de out. de 2021

Persoal Rural con achega de Vehículo

 


Os sindicatos asinantes séguenlle o xogo á empresa e mentres os carburantes seguen subindo sen control, en Correos nin se fala do problema. As cuatrillizas (CCOO, CSIF, UGT e S.L) seguen sen cumprir o establecido no III Covenio e Acordo Xeral enfrascados nas súas loitas persoais e de poder esquecéndose dos traballadores/as.

Estes sindicatos falan de defender aos traballadores nos seus panfletos, pero os feitos amosan outra cousa moi distinta. Dende o ano 2011 seguen sen reunirse coa empresa para tratar un tema que afecta a miles de traballadores/as como é o tema da indemnización por vehículo. 

Tanto a empresa como os sindicatos asinantes (CCOO, CSI-F, UGT e SL),  non cumpren co establecido no III Convenio e Acordo Xeral (ANO 2011) que di textualmente:

 “Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.”

Non constituír a mesa de carburante na cal se negocia a suba por achega de vehículo  é unha burla de cara ao persoal rural que ten en moitos casos (sobre todo cos recargos) sufragar do seu peto parte da prestación do servizo postal, cando é Correos quen ten que facelo. Esta é unha problemática que afecta especialmente ao persoal de Correos en Galiza que os sindicatos asinantes non queren ver.

Aqueles CCOOmpañeiros/as que chamaban ao presidente  Juanma na intimidade e agora chámano Sr. Serrano (no mellor dos casos) se senten  dunha P..... vez e se constitúa a Mesa de Carburantes!!!

Suba por achega do vehículo ao persoal rural XA !!

A suba imparable do diésel é inasumible !!


26 de ago. de 2021

CIG-Correos aposta pola mellora de servizos postais no noso rural pero en condicións dignas

 "Non só hai que dixitalizar, as e os traballadores teñen que ter condicións deste século"

Dende a CIG agardamos que a reunión celebrada este xoves, día 24 de agosto, entre o presidente de Correos, Juan Manuel Sérrano e o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, teña servido para que, dunha vez por todas, se pare a sangría de perda de efectivos para desenvolver este servizo e outros novos. É moi difícil falar de melloras nos servizos cando se vén diminuíndo de modo constante o número de traballadores e traballadoras para realizalo, case un 30% menos en 10 anos.

Dende a CIG consideramos positiva a dixitalización das oficinas auxiliares e demais servizos, pero estas melloras “teñen que ir acompañadas de un servizo máis amplo en canto a horarios e tamén en número de efectivos a hora de desenvolver o traballo”, Non se pode facer todo co mesmo número de traballadores/as.

Se hai que darlle a volta o despoboamento de poboación no rural, son precisas medidas de discriminación positivas, que impliquen o mantemento dos servizos, como no caso que nos ocupa os postais. 

Son precisos medios adecuados para desenvolver os servizos que hoxe se prestan e que sexan en condicións de seguridade. Non se pode permitir que o persoal que desenvolve os servizos rurais no noso país, e que están a poñer un vehículo a disposición da empresa, siga tendo as mesmas contraprestacións que fai máis de dez anos, como si os custes non variasen nada”. 

“Mellorar o servizo no rural si, pero en condicións dignas”.

Galiciaconfidencial

Galiciapress

Avantar




21 de xul. de 2021

Correos Solicita datos dos vehículos dos Traballadores/as Rurais e información de caráter persoal

 


A CIG Solicita unha explicación detallada e motivada sobre a recollida de datos que esta a facer a empresa sobre os vehículos que utilizan os traballadores/as rurais e tamén sobre a solicitude de información de carácter persoal sen solicitar o consentimento do traballador/a.

Escrito Rurais Rexistrado by CIG Correos Lugo on Scribd


16 de xuño de 2021

Mesa Sectorial: Proposta para a achega de Vehículos aos Servizos Rurais - Xubilacións Parciais para o Persoal Laboral

 


-       PROPOSTA PARA A ACHEGA DE VEHÍCULO AOS SERVIZOS RURAIS CON CARÁCTER VOLUNTARIO.

Decepción polo escaso contido da xunta, xa que o único que teñen determinado é que van a facer unha enquisa non aportando ningún tipo de documentación.

Coa enquisa que non será vinculante Correos quere determinar o numero de rurais que estarían dispostos a solicitar o vehículo para saber cantas furgonetas serían precisas.

Aínda que a idea inicial seria chegar a todos os rurais isto iria por etapas xa que é difícil chegar a todos en un primeiro momento. A enquisa elaborarase durante os meses de xullo, agosto e setembro para  que todo o mundo que queira participe e non o colla de vacacións.

Unha vez se teña a enquisa elaboraranse os criterios para a substitución dos vehículos, ben por distancia, volume de paquetería, zonas xeográficas, etc. En principio non cambiaran as condicións dos postos de traballo salvo as retributivas no tocante a indemnizacións por achega de vehículo.

Dende a CIG SOLICITAMOS:

·       Que a entrega destes vehículos se faga coa maior celeridade posible.

·       Que o criterio para a súa entrega sexa única  e exclusivamente o de xustiza, é dicir: que se entregue a todos os rurais que así o soliciten.

·       Que mentres non se faga a substitución dos vehículos se actualicen os suplidos  por achega de vehículo (conxelado dende o 2011 grazas aos sindicatos CCOO, UGT, SL e CSIF asinantes do Convenio e Acordo Xeral)

 

-       XUBILACIÓNS PARCIAIS (Persoal Laboral) 

Na reunión Correos informounos que a SERETARIA DE ESTADO DE PRESUPOSTOS E GASTOS  aprobou para Correos as “Xubilacións parciais vinculadas a contratos de relevos”.

Correos di que empezará cos tramites o máis rápido posible.

Requisitos para acceder ás xubilacións parciais: ter cumpridos 61 anos e 10 meses con 35 anos cotizados ou ter 62 anos e 8 meses e 33 anos rexistrados na Seguridade Social cunha antigüidade mínima de 6 anos ininterrompidos en Correos inmediatamente anteriores á data da xubilación. 

O tanto por cento de redución de xornada para a xubilación parcial anticipada será do 75%: o xubilado parcial acumulará o tempo de prestación efectiva de servizos de todo o período da xubilación parcial ao principio da nova situación. O contrato realizaráselle a un traballador desempregado ou que tivese concertado con Correos un contrato dunha duración determinada.


13 de maio de 2021

Mesa Plan Estratéxico: Correos anuncia un Plan voluntario de Vehículos de Empresa para Rurais

 


Correos comunicou hoxe na Mesa do Plan Estratéxico a súa intención de iniciar en breve un Plan Voluntario de achega de vehículos de empresa para todos os carteiros rurais que achegan o seu propio coche. En Galicia son máis de 1.000 carteiros rurais que hoxe achegan o seu propio vehículo.

A CIG non ve mal esta medida a condición de que se respecte sempre o carácter voluntario.

Desde CIG insistimos na xuntanza en que o clamor xeneralizado do colectivo de rurais é que se incremente a indemnización por achega de vehículo que leva conxelado desde 2011grazas en parte á empresa e aos sindicatos asinantes  do Convenio e Acordo Xeral que non fixeron respectar o que asinaron.


21 de feb. de 2020

Rurais outra volta mais de torca!!!!


Na pasada Comisión de Emprego do dia 20 de febreiro Correos, facendo gala dun cinismo sen limite e coreado polos seus sindicatos de cabeceira, di que quere garantir a seguridade do persoal que aporta vehículos para o reparto.

E que propón para garantir a seguridade???

Persoal eventual.- Cláusula pola que este persoal se compromete a aportar o vehículo requirido para o desempeño do posto de maneira segura e eficiente e a dispor dos dispositivos homologados e validados de retención e aseguramento de carga. E dicir nos novos contratos os eventuais terán que aportar, en aqueles casos que correos llo solicite, non un vehículo automóbil como ata agora, senón o que Correos estime preciso, podendo ser este furgoneta, furgón.. ou no mellor dos casos instalar dispositivos de retención homologados.

Persoal fixo.-
·       Os que levan  mais de 10 paquetes e que se supón que non lle collen todos no maleteiro, Correos daralle un prazo razoable (para estes individuos razoable é un prazo máximo de 2 meses) para dotar o seu vehículo de dispositivos de retención homologados.

·         Os que leven menos de 10 paquetes que lle collan no maleteiro están de sorte, so lles piden que conduzan ben; pero si sobrepasan esa cantidade terán que comunicalo a Empresa para proceder a súa adaptación.

Ai queda iso!!!!!

De ningunha maneira CIG vai a consentir que ningún rural teña que facer desembolsos do seu peto para adaptar o seu vehículo as teóricas necesidades de Correos, se non lles valen os vehículos que sexa a Empresa quen os aporte, como os aporta a outro tipo de persoal.

Parécenos indecente que, pondo como falsa desculpa a seguridade, Correos obrigue  o seu persoal a asumir un gasto para mercar ou adaptar vehículos cando dende o ano 2011 non se lle actualizou o custo por Qm. e o que é peor, algúns sindicatos aplauden a medida con entusiasmo!!!!.

22 de dec. de 2017

A CIG insta a Correos a que cumpra co establecido no Acordo Xeral e actualice o prezo do carburante.


Os sindicatos asinantes do III Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT e SL),  incumpren sistematicamente o pactado coa empresa, mantendo a boca pechada sobre este problema sen esixirlle a Correos que se sente a negociar conforme ao establecido no Acordo xeral que di textualmente:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.

Segundo o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, o prezo do carburante en Galiza e o mais caro de toda a península, dende xaneiro deste ano o prezo do carburante se incrementou en Galiza nun 1,7%, seis veces máis que no resto de España, onde a suba foi do 0,28%.

CCOO, UGT, CSIF e S.L. deixan claro que do persoal rural só lles interesa os seus votos pero non os seus dereitos. O persoal rural esta perdendo cartos grazas á empresa coa complicidade destes sindicatos

A CIG Solicita con respecto ao persoal rural:

-A suba inmediata do prezo do combustible coa actualización dos prezos, que dende o ano 2011 non se revisan.

-Que, Correos realice as xestións necesarias coa finalidade que os 4 céntimos  de diferenza entre o que paga Correos 0.2302 céntimos por indemnización por aportación de vehículo quilometro día e os 0,19 céntimos establecidos na administración non tributen na declaración da renda.

-Que, o que se cobra por indemnización por aportación de vehículo non se teña en conta para a concesión das Axudas de Acción Social, do contrario este colectivo sempre estará condenado a estar sen elas.


1 de mar. de 2013

Descontos SOLRED


Desconto de 0,06 cts/litro   Actualizado a 10/12/2018

Relación de gasolineiras que aplican este desconto na Galiza grazas ao acordo da CIG - Correos.



Descontos VALCARCE


Relación de gasolineiras VALCARCE con desconto para o acordo da CIG-Correos 

Actualizado a 10/12/2018


A CORUÑA:

E.S.VALVARCE    7,2 cts
Cambre 

 E.S.VALVARCE      7,2 cts
 Teixeiro

E.S. BENS    6 cts
08W2523,2 Avda. de Finisterre, 265 F - A CORUÑA
43N2125,8 aberta 24 h. 981 270749

ARRENDAMIENTOS GALAICOS     4,2 cts
08W2446,9 r/ As Casillas sn ( Ctra N-550 km 37,645 ) - ORDES
43N0357,7 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 681419

E.S. O PARQUE     4,2 cts
08W2411,2 Ctra. C-550 km 34,500 (Parq.Empresarial)- ORDES
43N0536,2 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 680164

E.S. SAN BENITO   3 cts
08W3145,2 Iglesario de Golmar sn - LARACHA
43N1246,6 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 642572

E.S. ICARIA 24 HORAS    3 cts
08W2146,8 Ctra. N-VI (frente a BMW) - PERILLO
43N1946,9 de 06.30 h. a 24.00 h. 981 637151

Cepsa E.S. AS CASCAS     1,8 cts
08W1242,3 Avda. Hnos. García Naviera, 58 - BETANZOS
43N1640,7 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 770957

E.S. COIROS      2,4 cts
08W0941,2 Ctra N-VI, km 567 - COIROS
43N1454,3 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 796614

E.S. BUGALLO    4,2 cts
08W2202,7 Ctra. A Coruña-Santiago N-550 km 10,800 - SIGRAS
43N1706,0 de 07.00 h. a 22.30 h. 981 676363

Shell GNA+ - Suministros Alvedro    1,8 cts
08W2211,6 Ctra. A Coruña-Santiago N-550 km 9,400 - CULLEREDO
43N1738,7 de 07.00 h. a 23.00 h. 981 650251

FERROL:

E.S. GOENTE              7,2  cts
Ctra. AC-564 km 17,00 - AS PONTES   

Galp E.S. GALP NARON          3 cts
Ctra. Cedeira km 1,500 - NARON   

COMBUSTIBLES RIO EUME           1,8 cts
c/ Ricardo Sánchez, 1 - PONTEDEUME   

E.S. LA GANDARA           1,2 cts
Polígono Industrial A Gandara (parcelas 57-59) - FERROL   

SANTIAGO:

Staroil CARBURANTES PLAZA            7,2 cts
Polígono Industrial Tambre - c/Cierva sn - SANTIAGO 

CARB. Y SERVICIOS PEDRON             4,2 cts
Ctra. N-550 km 8,100 - PAZOS - PADRON            

E.S. SIGÜEIRO                                       4,2 cts
Ctra. A Coruña-Santiago N-550 km 50,00 - SIGÜEIRO 

A.S. O RAÑADO                                      4,2 cts
Ctra. N-547 km 50,748 O Rañado - MELIDE     

E.S. SANTA COMBA              4,2 cts
Avda. de Brasil sn - SANTA COMBA            

E.S. LOS ANGELES GAS                 4,2 cts
Ctra. AC-543 Santiago-Noia km 23,00 - FONTEFRIA MARTELO ROIS     

Valta E.S. A SIONLLA                 3,6 cts
Ctra. N-550 km 55,300 - A SIONLLA (Santiago Compostela)      

E.S. AEROPUERTO            1,2  cts
08W0343,7 Castrofeito - O PINO        

E.S. PUENTE ULLA          3 cts
Ponte Ulla - VEDRA         

E.S. MANZANEDA         3 cts
Ctra. Santiago-Noia km 12,00 - OS ANXELES (Brion) 

E.S. MACEIROA            3 cts
Ctra. C-522 km 37,100 - CAPELAN (Oca)     

E.S. LOURO               2,4 cts
Louro - Portocarral (Muros)               

E.S. COMPOSTELA 2000            1,8 cts
c/ Juan Carlos I, sn - SANTIAGO DE COMPOSTELA 

Galp E.S LAPIDO                1,8 cts
Ctra. Santiago-Noia km 7,51 - AMES       

E.S. MUIÑO GRANDE            1,8 cts
Ctra. Santa Comba-Muros km 8,300 A PEREIRA (Sta Comba)  

E.S. O FOXO           1,2 cts
O Foxo sn - VAL DO DUBRA
            
E.S. CORREDOIRAS        3 cts
Ctra C-840 km 25,57 - BOIMORTO   

LUGO:

U.S. VALCARCE SARRIA                              
Ctra. C-546 kM. 30,120  -  A VALIÑA      7,2 cts
(SARRIA)

E.S. LA RUTA
Ctra. n-vi kM 529,600 (Autovía A-6)-      7,2 cts
BAAMONDE 

E.S. NEUMATICOS SOLEDAD
Terminal de Mercancías, Polígono O Ceao   7,2 cts
LUGO

E.S. GASOLEOS CEAO
Rua dos Canteiros, 20 - Polígono O Ceao  7,2 cts
(LUGO)

E.S. SAN CRISTOBAL
07W3920,5 Ctra. Rabade - Villalba, Km. 9,72 - BEGONTE   4,2 cts
43N1245,6 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 390700

E.S. XERMADE
07W4700,7 Ctra LU-861 km 17,100 - ROUPAR XERMADE     4,2 cts
43N2432,8 de 07.00 h. a 22.00 h. 982 501634

Galp E.S. LOURENZA
07W1702,9 Ctra. N-634 km 578,100 - RAMALLEDO (Lourenzá)   3,6 cts
43N2924,3 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 121378

Galp E.S. VILALBA
07W4045,4 Ctra. N-634 km 617,410 - VILALBA     3,6 cts
43N1720,5 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 512050

E.S. GASOGAS PALAS
07W361,6 Ctra. N-VI km 511,500 - OUTEIRO DE REI   3 cts
43N0503,3 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 393415

E.S. ULTREYA
07W5143,1 Ctra. N-547 Lugo-Santiago km 35 - PALAS DE REI   3 cts
42N5234,4 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 380071

Galp E.S. AS NOGAIS
07W0635,3 Ctra. N-VI km 447 - AS NOGAIS     3 cts
42N4815,2 de 08.00 h. a 23.00 h. 982 364156

Saras E.S. SABAREI
07W2753,1 Ctra. C-546 km 8,200 - O CORGO    3 cts
42N5407,1 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 543003

E.S. VALLE DEL ORO
07W2412,2 Ctra. Mondoñedo-Ferrol LU-160 - ADELAN     3 cts
43N3106,6 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 558687

Saras E.S. LA GRANJA
07W3628,0 Argeriz - San Pedro de Robra - OUTEIRO DE REI    3 cts
43N0504,9 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 39341534

E.S. CRUZ DA VEIGA
07W3944,0 Ctra. Lousada-Veiga Km 0,100 - LA VEIGA - PRADEDA (Guntín)  2,4 cts
42N5452,8 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 176565

E.S. GUNTIN
07W4203,7 Ctra. Lugo-Santiago N-540 km 17,900 - GUNTIN  2,4 cts
42N5311,2 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 320015

E.S. BAAS
07W3010,9 Ctra. Vilalba-Parases km 15,00 - GOA (Cospeito)  2,4 cts
43N1605,2 de 07.30 h. a 23.00 h. 982 502116

Galp E.S. MONFORTE
07W3018,7 c/ Benito Viccetto sn - MONFORTE DE LEMOS  1,8 cts
42N3103,2 de 07.00 h. a 23.00 h. 982 404992

Galp E.S. CAFESTORE GUITIRIZ MAR
07W5537,5 Autovía A-6, km. 538 (Dirección A Coruña)   NON DESCONTO
43N1117,3 abierta 24 h. 982 370339

Galp E.S. CAFESTORE GUITIRIZ MONTE
07W5510,6 Autovía A-6, km. 538 (Dirección Madrid)  NON DESCONTO
43N1102,8 abierta 24 h. 982 370243

E.S. BURIZ
07W5103,2 Ctra. LU-170 Parga-Moman km 8,900 - BURIZ (GUITIRIZ)  NON DESCONTO

OURENSE:

STAROIL
07W1104,40 Autovía Rías Baixas, s/n Autovía A-52 salida 132 - EROSA - A GUDIÑA   7,2 cts

E.S. SER CARBALLINESA
08W0135,9 Ctra. Carballiño-Cea OU-504 Qm 4,5 - CARBALLIÑO   7,2 cts

ANTELA E.S
07W4252,5 Enlace Autovía Rías Baixas, s/n      7,2 cts
42N0440,5 Autovía A-52 salida 193
XINZO DE LIMIA

E.S. VALCARCE BENTRACES
07W5408,8 Ctra. Celanova-Bentraces Qm 8,300 -    7,2 cts
42N1622,6 BENTRACES (Barbadás)

TPTES POZO
07W5008,5 Ctra. N-525 km 227,00 -TABOADELA  7,2 cts
42N1609,0 autoservicio 24h. 988 439302

E.S. SAN CIBRAO
07W4860,0 c/Ricardo Martín Esperanza - 12 - SAN CIBRAO DAS VIÑAS  4,2 cts
42N1723,3 abierta 24h. 988 383827

Valcarce E.S. LENTELLAIS
07W0706,9 Ctra. A Gudiña-Lalín km 37,800 - O BOLO  4,2 cts
42N1905,8 de 07.00 h. a 23.00 h. 988 323214

Galp E.S. ABREA CUQUEJO
07W3231,1 Autovía Rías Baixas A-52 salida 173 - CUALEDRO  3 cts
41N5859,7 abierto 24h. 988 416289

Galp E.S. GALP BARBADANES
07W5240,8 Ctra N-540 Km 0,700 - BARBADAS      3 cts
42N1905,0 de 07.00 h. a 23.00 h. 988 244752

Cepsa E.S. SUARSESA
08W0538,2 Autovía A-52 km 249,00 - RIBADAVIA      3 cts
42N1851,2 abierta 24h. 988 471542

Cepsa E.S. SOBREIRA
07W0423,4 Ctra. N-120 km 463,00 - VILAMARTIN DE VALDEORRAS  2,4 cts
42N2429,6 de 06.30 h. a 22.30 h. 988 300074

E.S. ATENEO
08W0102,7 Ctra. Ourense-Santiago N-525 km 276 - REINO PIÑOR DE CEA   1,8 cts
42N3046,9 de 07.00 h. a 23.00 h. 988 403304

A.S. ALLARIZ
07W4743,6 Ctra. N-525 km 216,400 - ALLARIZ  1,2 cts
42N1143,2 de 07.00 h. a 23.00 h. 988 440183

E.S. LAS CONCHAS DE HERMILLE
08W0145,7 Ctra OU N-540 km 54,50 - ERMILLE / LOBEIRA  1,2 cts
41N5706,1   988 44806741

PONTEVEDRA:

Valcarce E.S. VALCARCE FEGOBLAN
08W3733,4 Ctra. N-120 km 625,00 - Autovía Vigo Tui S-14 - SANGUIÑEDA (Mos)   7,2 cts

A.S. MELRO
08W1801,9 Bajada Puente Internacional - ARBO   6 cts

E.S. SERTUY
08W3753,2 Ctra. N-550 km 167,200 - PONTENOVA - TUI  6 cts

AUTOSERVICIOS VELAY
08W4229,1 Avda. de Madrid 110 - VIGO    4,2 cts
42N1318,8 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 414111

Shell E.S. LOS VALOS
08W3544,6 Ctra. N-550, Km 148 (ambos márgenes) - MOS  4,2 cts
42N1412,3 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 331320

Shell E.S. PLAZA DE ESPAÑA
08W4311,9 Plaza de España sn - VIGO   4,2 cts
42N1344,0 abierta 24 h. 986 414111

Shell E.S. COYA
08W4458,0 c/ Baiona sn - COYA - VIGO  4,2 cts
42N1252,3 abierta 24 h. 986 293519

E.S. ESPAÑA-PORTUGAL
08W4027,5 Ctra. Finisterre-Tuy CC-550 - TOMIÑO   4,2 cts
42N0050,1 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 414111

A.S. A PALMEIRA
08W3904,1 Ctra. N-550 km 84,00 - PONTECESURES   4,2 cts
42N4244,6 abierta 24h. 986 557634

CARBURANTES EL SOL
08W3639,6 c/ Santamarta 8 - MOS                4,2 cts
42N1109,1 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 336303

Galp E.S. BOUZAS
08W4512,4 Tomás Paredes, 6 - BOUZAS (Vigo)   3,6 cts
42N1318,1 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 209575

Galp E.S. BENDOIRO
08W1006,3 Ctra. N-525 km 296,200 - BENDOIRO (Lalín)  3,6 cts
42N4058,0 de 06.00 h. a 23.00 h. 986 794015

REDONDO EE.SS.
08W4003,8 Ctra. N-550 km 95,00 - BEMIL -  CALDAS DE REIS  3,6 cts
42N3543,8 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 540899

E.S. GONZALEZ Y MERA
08W2317,1 Ctra. N-120 km 632 - PARAÑOS - COVELO    3 cts
42N1215,4 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 645837

Meroil E.S. RODOIL
07W5711,6 A Gaiola - RODEIRO    3 cts
42N3858,7   986 51202

E.S. SUARSESA
08W2835,1 Autovía A-52 km 292,00 - PONTEAREAS      3 cts
42N0843,5 abierta 24h. 986 655909

E.S. CAMPAÑO
08W3909,8 Ctra. Pontevedra-Vilagarcia km 3,500 - CAMPAÑO     3 cts
42N2750,2 de 06.30 h. a 00.00 h. 986 833062

Saras A.S. A BARCA
08W4442,1 Avda. de Pontevedra, 69 - VILAGARCIA DE AROUSA    3 cts
42N3514,1 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 511060

Saras A.S. A BARCA
08W3912,4 Avda. Domingo Fontan 2 - Centro Comercial A Barca - POIO    3 cts
42N2603,9 de 09.00 h. a 22.00 h. 986 511660

E.S. PUENTE LIÑARES
08W2732,8 Ctra. N-640 km 210,700 - LAGARTONS (A Estrada)   3 cts
42N4153,2 abierta 24h. 986 573300

E.S. TUI
08W3954,5 Ctra. Porriño-Gondomar km 6,100 - SAN COSME (Mos)    3 cts
42N0926,1 de 06.30 h. a 23.30 h. 986 338005

COMBUSTIBLES SALNES
08W4725,3 O Pazo - Xil - MEAÑO                   2,4 cts
42N2815,5 de 08.00 h. a 22.00 h. 986 74763043

BYE E.S. B Y E
08W4152,7 Avda. Alcalde Lavadores, 64 - VIGO   2,4 cts
42N1323,1 abierta 24h. 986 250730

E.S. KAYEMAR
08W4002,1 Ctra. N-640 - Calcote - Godos - CALDAS DE REIS   1,8 cts
42N3548,2 abierta 24h. 986 504773
 
E.S. DACON
08W0328,9 Ctra. Ourense-Pontevedra N-541 km 24,600 - DACON      1,2 cts
PONTEVEDRA

Top Oil E.S. PONTEAREAS
08W3024,9 Ctra. Ponteareas-Mondariz km 0,100 cruce N-120 - PONTEAREAS  1,2 cts
42N1044,7 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 641656

Galp E.S. A REIGOSA
08W3444,3 Ctra. C-531 - A REIGOSA          1,2 cts
42N2426,0 de 07.00 h. a 23.00 h. 986 757010


Para acceder a rede de gasolineiras de Valcarce e grupo Valcarce espalladas polo mundo prema AQUÍ