Hoxe
día 14 de decembro, celebrouse reunión da Comisión de Emprego Central , para
tratar a desprovisionalización de Xefaturas de Equipo de Distribución,
Loxística e Oficinas.
Na
devandita reunión, fíxose entrega dun documento definitivo de convocatoria para
desprovisionalizar os postos de Xefe de Equipo de Distribución, Oficinas e
Centros de Tratamento.
Poderán
participar neste concurso de méritos os/ as funcionarios/ as pertencentes aos
subgrupos de titulación C1, C2 e E (Agrupacións Profesionais) e os laborais
fixos clasificados nos grupos profesionais III e IV (Persoal de Xefaturas
Intermedias e Operativos) excepto os suspendidos en firme ou suspendidos de
emprego e soldo salvo que finalizase o seu períodos de suspensión.
Os/as
candidatos/as poderán participar nesta convocatoria exclusivamente a través da
Intranet e a Web de Correos, www.correos.es
O
período de inscrición irá desde o 14 de decembro ata o 22, ambos inclusive e
poderán solicitar ata 10 postos ofertados na mesma provincia.
Os
requisitos e méritos serán os referidos ata o 31 de decembro, excepto os
relativos aos cursos de formación, cuxa data de valoración será ata o 15 de
febreiro de 2018.
O
procedemento de selección constará de dúas fases:
PROMOCIÓN
HORIZONTAL: Nesta fase asignaranse os postos ao persoal cuxo
posto definitivo sexa de Xefatura de Equipo nos ámbitos funcionais ofertados.
Este persoal ha de desempeñar un posto de traballo definitivo de Xefatura de
Equipo en Oficinas, Distribución e Loxística e só poderán solicitar postos do
seu ámbito. Estes aspirantes estarán exentos de participar na proba de
valoración de coñecementos e competencias prevista na convocatoria.
PROMOCIÓN VERTICAL:
Poderán participar aqueles/as empregados/as non afectados pola Promoción
Horizontal. A este persoal asignaránselle os postos non cubertos na Promoción
Horizontal.
ÁMBITO
|
FORMACIÓN VALORABLE
|
OFICINAS
|
IRIS V6I
Administrador/Xestión
Excel Básico Xefe
Equipo
|
DISTRIBUCIÓN
|
SGIE Distribución
Administrador
Excel Básico Xefe
Equipo
|
LOXÍSTICA
|
SGIE Distribución
Administrador
Excel Básico Xefe
Equipo
|