Amosando publicacións coa etiqueta Xefaturas de Equipo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xefaturas de Equipo. Amosar todas as publicacións

16 de xan. de 2024

Xefaturas de equipo: Publicacións de méritos provisionais.

 

Hoxe reuniuse a Comisión de Valoración da convocatoria do Concurso de Méritos para a provisión de postos de traballo vacantes de “Xefaturas de Equipo nos ámbitos de Produtos e Servizos, Distribución e Centros”, adscritos ao Grupo Profesional III e informouse dos méritos provisionais.

A valoración destes méritos realizouse conforme ao establecido nas Bases da Convocatoria con data do 18 de maio de 2023.

Publicación e consulta de méritos provisionais:

As persoas participantes no proceso de selección poderán consultar toda a información indicada, accedendo á Plataforma de procesos masivos habilitada por Correos, co seu usuario corporativo e contrasinal, a través da seguinte ligazón:


Alegacións e correccións:

A presentación das alegacións deberá realizarse na propia Plataforma de procesos masivos. As persoas rexistradas dispoñen de prazo ata o próximo 23 de xaneiro de 2024 incluído para emendar aqueles defectos atopados na valoración dos seus méritos, a corrección de erros ou a simple omisión.

SI TES CALQUERA DÚBIDA PONTE EN CONTACTO 
CAS DELEGADAS E DELEGADOS DA 
CIG NA TUA COMARCA
CIG O TEU SINDICATO EN CORREOS


17 de out. de 2023

Xefaturas de Equipo Promoción Vertical: Hora e Lugar de Exame

 


Xa podes consultar a hora e o lugar onde se realizará a proba de valoración de coñecementos, aptitudes e competencias para aquelas persoas que se inscribiron no concurso de méritos para os postos vacantes de Xefaturas de Equipo en Produtos e Servizos, Distribución e Centros.

Se participaches por promoción vertical no Concurso de méritos, xa podes coñecer todos os detalles sobre a hora e os lugares onde se realizará a proba de coñecementos, aptitudes e competencias.

Para acceder á información, entra na Plataforma de Procesos Masivos co teu usuario e contrasinal a través desta ligazón:

Hora, localidade e dirección

Data: domingo, 5 de novembro de 2023

Hora: ás 09:00 na Península e nas Illas Baleares, e ás 08:00 nas Illas Canarias. Rógase puntualidade.

Requirimentos: levar un bolígrafo azul ou negro e o DNI, NIE, pasaporte, permiso de conducir ou tarxeta de identificación de Correos con fotografía.

Durante a realización da proba, está prohibido ter activo ou á vista calquera dispositivo tecnolóxico, xa sexan teléfonos móbiles, reloxos ou pulseiras de actividade, pinganillos e similares, que permitan enviar ou recibir información. O seu uso pode supoñer a expulsión da proba.

 


3 de xul. de 2023

Prazas Xefaturas de Equipo: Apertura Prazo de Inscrición

 


695 Prazas Convocadas a nivel Estatal e distribuidas da seguinte forma:

275 prazas en Distribución

241 prazas en Produtos e Servizos

179 prazas en Centros

PRAZO DE INSCRICIÓN DO 3 DE XULLO ATÉ O 10 DE XULLO (ambos incluidos)

PRAZO DE MÉRITOS: Valoraranse ata o 30 de xuño excepto os cursos de formación, que serán ata o 15 de xullo e a acreditación de idiomas ata o 31 de outubro deste ano.