Amosando publicacións coa etiqueta concentración CIG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concentración CIG. Amosar todas as publicacións

11 de abr. de 2025

CIG-Correos mobilízase contra o Acordo Marco e por un Convenio digno.

 

Santiago de Compostela

Manifesta o seu rexeitamento ao acordo marco asinado por CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre e reclaman un convenio digno.

Representantes da CIG-Correos concentráronse este xoves 10 de abril diante da oficina principal, na Rúa do Franco de Santiago de Compostela, en defensa do futuro de Correos e de todo o persoal. A mobilización coincidía coas convocadas LAB, SIPcte, ESK, Intersindical Canaria, ELA e Intersindical Valenciana en Barcelona, Iruñea-Pamplona, Santa Cruz de Tenerife, Bilbo, Donostia e Gasteiz.


As organizacións sindicais advirtem da posible imposición dunha modificación do III Convenio Colectivo e do Acordo para o persoal de Correos que pode incluír graves consecuencias para as condicións de traballo e por extensión para o servizo postal público que prestan.

Advirten que as condicións do persoal de Correos poden seguir degradándose aínda máis porque, segundo denuncian, a empresa e os sindicatos CCOO, UXT, CSIF e Sindicato Libre asinaron un acordo que pode supoñer a destrución de miles de postos de traballo ao pasar os gastos de persoal  do 85% actual ao 70% en 2 anos, vincularse o réxime retributivo con medicións individuais do desempeño, implantar un calendario laboral no que un 10% das horas por xornada serán variables en función da carga prevista e dar outra volta de porca máis na mobilidade funcional, xeográfica e intercentros. “Todo isto influirá directamente na cantidade e calidade do emprego así como na prestación dun servizo público de calidade en favor da comunidade que realiza a empresa pública”, afirman.


Desde a unidade sindical contraria ao devandito acordo, esixen unha regulación con dereitos para o futuro IV Convenio Colectivo e o Acordo, no que se melloren aspectos centrais como son o salario, a xornada, a conciliación e a saúde laboral. Apostando por Correos como un Servizo Público de calidade. Con demandas como a inclusión da cláusula de revisión salarial para vincular os soldos ao IPC, a instauración das 35 horas semanais, a cobertura real de todas as prazas estruturais e a recuperación de miles de postos de traballo perdidos, “totalmente oposto ao que nos queren impor desde Madrid”.

COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINUA

25 de set. de 2024

Carteiros/as de Lalín e Santiago mobilízanse de novo contra a destrución de emprego diante da Zona Noroeste en Compostela


Carteiros/as de Lalín e de Santiago de Compostela mobilizáronse hoxe de novo ás portas do edificio da Xefatura de Zona, na capital galega, para rexeitar a política de destrución de emprego da compañía pública e denunciar que estas unidades se atopan sen persoal suficiente por falta de contratación.
 
A protesta, que contou unha vez máis co apoio da CIG-Correos, coincidiu coa festividade local na capital do Deza e tivo lugar “diante da pasividade e desleixo que están a amosar dende a cúpula directiva da maior empresa pública do Estado español, desoíndo sistematicamente as reivindicacións laborais do cadro de persoal”.

Os traballadores/as da Unidade de Reparto de Lalín (que abrangue os Concellos de Lalín, Rodeiro, Agolada e Dozón) amosan o seu descontento coa política de destrución de emprego que está a levar a cabo Correos na comarca do Deza e denuncian a intención de suprimir definitivamente as catro vacantes que veñen asumindo dende hai meses na unidade.


“Continuaremos saíndo á rúa e demandando mellores condicións laborais, porque a pesares de que levamos oito meses de protestas, a Xefatura apenas visitou Lalín en dous ou tres ocasións que nós saibamos, o que demostra o desleixo de Correos cara ao seu persoal”, lamentan.

Ao mesmo tempo, lembran que a día de hoxe na quenda de mañá hai unicamente 17 traballadores/as na unidade, posto que ás catro prazas vacantes estruturais hai que engadirlle outras dúas, unha por IT e outra por vacacións. Ademais, durante todo o verán a falta de contratación dificultou que os empregados/as puidesen cumprir coa lexislación postal vixente, o que supuxo unha perda de calidade no servizo, co conseguinte prexuízo para a veciñanza.

“Se ben é certo que Correos xustifica que pon reforzos de persoal en tempadas de maior carga de traballo, tamén é certo que estes reforzos, na maioría dos casos, son realizados a través de horas extraordinarias e horas complementarias, o que tamén prexudica os compañeiros/as eventuais das bolsas de emprego, xa que as poucas ocasións nas que poderían traballar vense reducidas por este motivo”. Do mesmo xeito, denuncian a opacidade das bolsas de contratación (non son públicas) e as irregularidades que se producen na contratación.


Correspondencia acumulada en Santiago

De igual xeito, a Unidade de Reparto 1 de Santiago estivo durante boa parte do verán por debaixo do 50% do cadro de persoal, tendo que asumir unha importante sobrecarga de traballo.

O que supuxo que nos meses de xullo e agosto se acumulase gran cantidade de correspondencia, chegando a contabilizarse máis de 10.000 obxectos sen repartir nalgunhas datas do mes de xullo, “repercutindo na calidade do servizo e na saúde dos traballadores/as, tal e como evidencia alta porcentaxe de absentismo que hai en Correos”.

Por iso anuncian que mentres non se lle poña remedio a esta situación seguirán demandando melloras e condicións dignas nos seus postos de traballo.

Extraído de AVANTAR


16 de xan. de 2023

Concentración contra os recargos na Oficina de Correos de Ferrol


CIG Correos ven de convocar unha concentración este venres pasado día 13 de xaneiro, diante da Oficina Principal de Ferrol, seguindo coa campaña de concentraciones mensuais que vimos celebrando para denunciar os recortes en contratación que estamos a sufrir en Correos e que supoñen que, como media, cinco seccións de reparto estén sin cubrir e que o resto dos traballadores teñamos que asumir o seu traballo, co correspondente incremento da carga.

A consecuencia desta falta de persoal é que moitas rúas de Ferrol queden todos os días sin repartir debido a que non é posible asumir esa carga de traballo extra polo resto da plantilla.

Hai un incumprimento sistemático, por parte de Correos como prestador do servizo postal universal, da obriga de repartir o correo en todas as zonas, como mínimo 5 días á semana.

Dende a CIG pensamos que esta ausencia de contratación supón unha reestructuración encuberta por parte de Correos, que se vai traducir nunha eliminación de postos de reparto na cidade de Ferrol, co correspondente perxuizo para todos os usuarios do servizo postal.



 

25 de maio de 2022

Correos elimina o único rexistro que quedaba en Galiza e non contratará persoal este verán

 


Delegadas e delegados da CIG-Correos concentráronse esta mañá diante do edificio da entidade na rúa do Franco, en Compostela, para denunciar a supresión do rexistro de Santiago, o último que quedaba e Galiza. Lembran que o rexistro é un canle de comunicación entre empresa e traballadores/as e que agora para dirixirse ou tramitar de forma oficial calquera solicitude deberán gastar os cartos nun envío por procedemento administrativo. Consideran que esta decisión discrimina ao persoal de Galiza respecto do de outras comunidades autónomas, nas que si hai rexistro.

Xunto a isto, as delegadas e delegados denunciaron que o recorte de servizos, debido á falta de contratación, se verá agravado este verán. Segundo explica John Vivanco, responsábel nacional do sector, “a empresa escúdase na baixada do volume de traballo e tamén na dificultade de realizar contratos coa reforma laboral. Escusas para non cubrir as prazas vacantes, nin contratar por baixas, vacacións ou por calquera outra circunstancia”.

O resultado é, segundo Vivanco, que “vemos barrios sen repartir e a carteiros multiplicándose por varias seccións de reparto coa conseguinte mingua na calidade do servizo”.  Fronte a isto denuncia que Correos gasta centos de miles de euros en propaganda duns servizos de banca, pago de tributos ou venda de produtos, entre outros, “que logo non se poderán realizar por falta de persoal e nalgúns casos tamén pola falta de produtos nas oficinas”.

Medre da precariedade

O precario mantemento na flota de vehículos de correos (rodas gastadas, pantallas das motos raiadas, limpa parabrisas en mal estado…) é outra das eivas que, segundo denuncia a CIG-Correos, están a sufrir diariamente os traballadores/as de Correos, ademais do mal funcionamento dos sistemas informáticos nas oficinas e no reparto (PDA) que se bloquean acotío xerando colas e queixas nos usuarios e usuarias destes servizos.

Xunto a isto Vivanco cuestiona o exceso de xefaturas. “Cada vez son máis en comparación ao número de postos base”, afirma e engade que “recentemente nomearon a outros mil postos de xefatura co que xa van preto dos 10.000”.

En canto a retribucións económicas o colectivo de traballadores/as de Correos tamén sofre unha considerable perda de poder adquisitivo acumulada, neste caso, desde o ano 2011 con conxelacións salariais e subas por debaixo do IPC, sumado á non actualización do suplido por achega de vehículo para o persoal rural e á penalización e descontos nas baixas ao persoal laboral.

A isto Vivanco engade a falla de transparencia nas bolsas de contratación, outro dos problemas que arrastra a empresa, “pois non son accesíbeis para os candidatos/as que as compoñen, impedindo así o control das mesmas ou posíbeis chamamentos indebidos. Non se pode saber quen están na bolsas e o máis grave é que nin sequera o saben os propios integrantes das bolsas”.

Diante desta situación desde a CIG-Correos denuncian que o persoal “está farto de tanta presión e de esixencias de obxectivos de venda” e esixe “poder traballar en condicións dignas” ademais da equiparación de dereitos co resto do persoal da administración xeral do Estado, recuperación do poder adquisitivo, incremento do suplido por aportación de automóbil e un catálogo de enfermidades profesionais, entre outros.

12 de mar. de 2021

Concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol

 


Seguimento masivo no día de hoxe venres 12 de marzo na concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol 

A delegada  e Secretaria da Área de Saúde Laboral da CIG Sandra Otero Fernández denunciou diante os medios de comunicación a falla de contratación nesta localidade e a sobrecarga abusiva que está a impor Correos aos carteiros/as de Ferrol e aos de Galiza en xeral.

Agora en Correos non se contrata nin siquera para cubrir o emprego estrutural, permisos, baixas nin nigún tipo de ausencias. Os carteiros se ven na obriga de asumir unha maior carga de traballo e maiores zonas de reparto quedando as veces barrios sen o reparto diario, incumprindo Correos nesta comarca de maneira sistemática a súa obriga como empresa prestadora do Servizo Postal Universal.