Amosando publicacións coa etiqueta Acordo marco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acordo marco. Amosar todas as publicacións

1 de ago. de 2025

ACORDO ASINADO POLOS DE SEMPRE: CCOO, UGT e CSIF

Os mesmos que nos deixaron fóra do EBEP aos funcionarios e laborais de Correos e os mesmos que pactan as subas de miseria.

QUÉ ASINARON CCOO, UGT E CSIF COA EMPRESA O 31 DE XULLO?

Os sindicatos asinantes do acordo (CCOO, UGT e CSIF), xunto con Correos, pactaron unha serie de medidas que supoñen unha profunda reestruturación laboral, organizativa e produtiva. Baixo a escusa dun “rexuvenecemento” e “modernización”, escóndese unha flexibilización salvaxe do traballo, perda de dereitos e avance da precariedade.

PUNTOS CLAVE DO ACORDO… E A NOSA DENUNCIA

1. REXUVENECEMENTO DA PLANTILLA
  • Véndese como un plan de futuro, pero na realidade é un ERE encuberto. As saídas incentivadas non garanten emprego digno nin estabilidade para os novos traballadores/as.
  • Non se garante a calidade do novo emprego: contratación temporal, externalización e precariedade. 
  • A media de idade da plantilla é resultado de anos sen contratación: non é casual, é unha estratexia.
2. NOVA BOLSA DE EMPREGO E REBAREMACIÓN
  • Imponse unha bolsa única, disolvendo as actuais, con criterios difusos e dependentes da “dispoñibilidade efectiva”.
  • Elimínase o dereito das persoas xa incluídas nas bolsas anteriores.
  • Priorizase a dispoñibilidade absoluta, vulnerando a conciliación familiar e laboral.
  • Ábrese a porta ao clientelismo sindical e arbitrariedade con portais paralelos de emprego sen garantías.
3. BOLSA DE HORAS: MÁIS FLEXIBILIDADE, MENOS DEREITOS
  • Correos poderá modificar a túa xornada, días de descanso e horarios con apenas 24h de preaviso. ¡E aínda o chaman “voluntario”!
  • Ata 170 horas adicionais por ano que poderán ser impostas en sábados, domingos ou festivos.
  • Posibilidade de reducir xornadas sen criterio claro.
  • Xestión totalmente discrecional e arbitraria por parte da empresa
4. PRODUTIVIDADE COMO EXCUSA PARA RECORTAR
  • Vincúlanse melloras á “produtividade” sen definir claramente criterios, deixando aberta a porta a recortes en dereitos e salarios.
  • Revisión de retribucións ligada ao “esforzo e rendemento”, ignorando a sobrecarga estrutural.
  • Sen medidas reais para reducir o absentismo estrutural (derivado da precariedade e da presión).
5. NOVO MODELO OPERATIVO = MÁIS CARGA DE TRABALLO, MENOS PLANTILLA
  • O “modelo operativo” baséase en recortar centros, tarefas e persoal, substituíndoos con dixitalización e precariedade.
  • Promóvese a redución de unidades operativas sen garantías de cobertura territorial.
  • As tarefas de reparto reorganízanse en nome da “eficiencia”, aumentando a carga de traballo.
  • Priorizase a paquetería sobre o servizo postal universal.
QUÉ QUEDA FÓRA DO ACORDO?
  • Sen avances reais na xornada de 35h: aprazada ata 2028.
  • Non hai garantías de conciliación familiar real.
  • Sen suba salarial real nos complementos fixos e sen cláusula de revisión salarial.
  • Fin dos descontos por estar de baixa por enfermidade.
QUÉ RECLAMAMOS DENDE A CIG?
  • Paralización inmediata do Acordo e apertura dunha negociación real, con toda a representación sindical.
  • Garantías para o emprego estable, con convocatorias públicas e transparentes.
  • Respecto á conciliación, saúde laboral e dereitos adquiridos.
  • Fin da imposición unilateral de xornadas e dispoñibilidade.

SÍ, A UN CORREOS PÚBLICO, 
CON DEREITOS E CON FUTURO!

BASTA DE ACORDOS 

ÁS COSTAS DA PLANTILLA!

ORGANÍZATE, INFÓRMATE, MOBILÍZATE. 

ESTE ACORDO NON NOS REPRESENTA.

28 de xul. de 2025

Mesa Sectorial do 24 de xullo: VENDEN OS NOSOS DEREITOS


A CIG Correos DENUNCIA, na Mesa Sectorial celebrada o 24 de xullo, a pouca seriedade que demostra a empresa na negociación, convocando ás OOSS 48 horas antes e entregando a documentación, a menos de catro horas do inicio da reunión. 

Tamén denunciamos a política de contratación CERO que está a practicar a empresa, avalada polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, asinantes do Acordo Marco.

Ao contrario da empresa, dende a CIG entendemos que esta medida non aforra cartos se non todo o contrario, é pan para hoxe e fame para mañá. O que se está a conseguir é:
  • Perda de clientes.(Por incumprimentos nos prazos de entrega).
  • Pago de indemnizacións por notificacións fóra de prazo.
  • Perda de confianza como servizo postal. (Prefiren remitir os seus envíos con outras empresas).
  • Incremento do absentismo. (Por esgotamento físico e mental dos traballadores/as ).
  • Incremento da sinistralidade laboral. 
Sobre o documento presentado a CIG dí o seguinte:
  • Non se fala nada das 35 horas semanais,
  • Non se fala de suba salarial, nin da cláusula de revisión salarial, para garantir como mínimo que non sigamos perdendo poder adquisitivo. 
A única fórmula que plasman no documento para cobrar unhas esmolas máis, é QUE VENDAMOS OS NOSOS DEREITOS. 
  • Vender á empresa o dereito a gozar as vacacións no verán. 
  • Ceder á empresa o 10% da xornada anual (170 horas) para que as empregue cando queira.
PUNTOS QUE CONTEN O DOCUMENTO ENTREGADO:

1-Bolsa de horas (10% da xornada - 170 horas) Correos pretende poñelo en marcha no mes de outubro. Como criterio xeral a bolsa de horas funcionará dende o 1 de xuño do ano en Curso ate o 31 de maio do ano seguinte, a excepción do 2025 que comezará o 1 de outubro de 2025 ate o 31 de maio de 2026.
  • A xornada non será superior a 9 horas nin inferior a 5 horas. 
  • Cando o uso da bolsa implique o incremento da xornada, (traballar máis da xornada ordinaria de 7´30 horas) esta poderá realizarse calquera día da semana incluídos sábados, domingos e festivos. A empresa establece un prazo de preaviso de 3 días para comunicarnos a xornada que realizaremos. Pero por necesidades do servizo o prazo redúcese a 24 horas.
  • NON contemplan a Conciliación familiar, só deixan unha coletilla que di: que se terá en conta na medida do posible...
2-Creación dunha Nova Mesa Negociadora para a Implantación dun Novo Modelo Operativo tanto en rede de Oficinas, Loxística e Distribución. (Correos pretende unha transformación integral adaptándonos ao MIX de produtos). 

3-CICLO de Emprego 
Falta de candidatos nas Bolsas: Correos pretende unha solución provisional mentres non se convoquen as novas bolsas. A través dunha modificación no Anexo do Convenio quedando os criterios de chamamento da seguinte forma:
  • Os integrantes das bolsas.
  • Xente con experiencia no reparto .
  • Os inscritos a través do portal de emprego. (Que se habilitará para tal efecto).
CONVOCATORIA DE EXAME DE INGRESO

A prebenda de CCOO para asinar sen ningún complexo todo o que a empresa poña enriba da mesa. Único punto que reclamaron con vehemencia na reunión.

Queda pendente unha terceira Fase de negociación que debe rematar antes do 25 de novembro do 2025 e que se implantará en xaneiro do 2026:
  • Regulación da quenda de tarde.
  • Regulación das vacacións fóra do período ordinario. 
  • Modelo denominado “Cuarto Turno” (de martes a sábado).


18 de mar. de 2025

PRORROGA “IN EXTREMIS” DO ACORDO DA VERGONZA ASINADO POR CCOO, UGT e CSIF


A CIG dixo alto e claro na reunión da Mesa Sectorial en Madrid do día 13 de marzo que NON ía a subscribir ningún Acordo que non conteña melloras substanciais nas condicións laborais e retributivas dos traballadores e traballadoras de Correos.

Tamén expuxemos que tras excluírnos das negociacións anteriores, desta volta víronse obrigados a citarnos por mor das demandas interpostas pola CIG perante a xustiza , e non grazas á boa fe da empresa e os sindicatos asinantes (CCOO, UGT, CSIF e SL) do Acordo da Vergonza que pretenden secuestrar e dificultar a acción sindical das organizacións contrarias a el. 

Dous días despois o sábado 15 de Marzo a empresa puxo de novo outro documento á firma dos sindicatos membros da Mesa Sectorial, no que primeiramente debían ratificarse no Acordo Marco asinado o 31 de decembro de 2024, de des-regulación das condicións laborais e retributivas, novo sistema retributivo onde a parte variable prevalece sobre a fixa en base a obxectivos da empresa , mobilidade funcional e xeográfica, cambios de quendas e xornadas (de martes a sábado), incremento de traballo polas tardes, bolsa de horas anuais a disposición da empresa, plan de saídas voluntarias para o persoal laboral que non son outra cousa que despedimentos, e o máis importante para CCOO un exame de Ingreso para coller as subvencións millonarias. 

En segundo lugar ampliaban o prazo de negociación da primeira fase pasando do 15 de marzo ao 30 de xuño de 2025, recoñecendo Correos que non se podían cumprir os prazos. 

Primeira Fase: 

Excedencias Incentivadas: Correos expón claramente que non sabe cantos funcionarios/as poderán beneficiarse desta medida posto que non hai cartos. Simplemente di que o plan de excedencias estará baseado na última convocatoria de abril de 2023. Abrirase un prazo de solicitudes dende o 7 de abril ate o 24 de abril de 2025. 

Desagrupación Centros Nodais: Re-colocación de todo o persoal en Centros de traballo de Correos, que poderá implicar cambio de centro, de funcións e de quenda cunha gratificación única de até 1.500€ sempre que non implique un incremento de xornada laboral. Isto suporá unha modificación substancial das condicións de traballo e tratarase en cada provincia cos sindicatos con representación na mesma. 

Ciclo de Emprego: Sen ter unha visión clara do futuro e das necesidades reais do persoal, posto que non se sabe cantos traballadores/as marcharán da empresa vía xubilacións, prexubilacións, excedencias incentivadas, saídas voluntarias, e sen ter en conta o/as traballadores/as dos Centros Nodais que ocuparán praza en reparto, Correos inclúe un proceso de Consolidación para contentar a única esixencia real deste seudo-sindicato CCOO.

A CIG NON VENDE OS DEREITOS DAS TRABALLADORAS/ES

27 de xan. de 2025

A CIG NON ASINA O ACORDO MARCO NA MESA SECTORIAL


O día 14 de xaneiro convocouse a Mesa Sectorial co único fin de asinar o Acordo Marco. 

A CIG, como resultado da decisión unánime dos seus delegados e delegadas, NON ASINOU este acordo por ser moi prexudicial para os intereses das/os traballadores/as de Correos e non conten ningunha mellora nas condicións laborais nin retributivas.

Este Acordo asinado finalmente por CCOO, UGT, CSIF e SL  sometese completamente aos desexos da empresa de ter CHICO PARA TODO, 
  • Cero contratación. 
  • Máis retribucións en variables e non fixas. 
  • Desregulación de quendas.
  • Mobilidade funcional, etc. 
Estes son algunhas das medidas que conten este Acordo polo que a CIG NON o asinou:
  • COMPROMISO DE QUE OS GASTOS DE PERSOAL NON SUPEREN O 70% DOS INGRESOS. Isto quere dicir que como mínimo debe reducirse o cadro de persoal de Correos en 8 mil traballadores/as.
  • UN PLAN DE SAÍDAS DE TRABALLADORAS/ES "LOWCOST" FEITA Á MEDIDA DA EMPRESA.
  • 35 HORAS SEMANAIS. SI, PERO vinculadas a que se cumpra a implantación do Plan de Medidas propostas pola empresa.
  • CREACIÓN DUN "CUARTO TURNO", de martes a sábado tarde. Non especifica cal será o sistema de selección dos traballadores/as nas unidades afectadas que pasarán a prestar servizo nesa quenda nin a remuneración.
  • PECHE DOS CENTROS NODALES (CEX) de traballo, o documento di que se tomarán todas as medidas necesarias para reubicar ao persoal afectado, pero deixan a posibilidade de despedimentos.
  • ACTUALIZACIÓN DA REGULACIÓN DE PERMISOS, LICENZAS E EXCEDENCIAS. Pretender vendernos como un logro de negociación un dereito que xa esta regulado por Lei.
  • ELABORACIÓN DUN CALENDARIO ESTACIONAL. Desregulación de horarios a discreción do que determine a empresa. A variabilidade do horario non será superior ao 10% do cómputo da xornada anual (171 horas ou 5 semanas). As xornadas non poderán ser inferiores a 5 horas nin superiores a 9 horas.
  • DESFRUTE DE VACACIÓNS FÓRA DO PERÍODO DE VERÁN. Se queres cobrar máis.
  • MOBILIDADE FUNCIONAL E XEOGRÁFICA. A empresa  poderanos mover de posto (funcional) e tamén xeográficamente (de centro de traballo).
OLVIDADOS QUEDARON PUNTOS QUE DICIAN SER IMPORTANTES PARA OS SINDICATOS ASINANTES COMO:
  • Cambio de Ministerio para o Persoal Laboral.
  • Despenalización das Baixas para o Persoal Laboral
En cambio si que están:
  • Exame de Ingreso
  • Bolsas de Emprego
  • Cursos de Formación
OLLO!! 

Este Acordo non se aplica aos conselleiros ou membros dos órganos da administaración nin ao persoal de alta dirección (40% se subiron de soldo en comparación co 2% das bases).

NON é aplicable ao persoal das filiais de Correos: Correos Express e Correos Telecom.