Amosando publicacións coa etiqueta sábados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sábados. Amosar todas as publicacións

16 de dec. de 2019

Supresión de Sábados: Máis Promesas para o futuro dependentes de se se forma goberno ou non


Correos comunica na reunión de hoxe que a supresión obrigatoria dos sábados levarase definitivamente a cabo no primeiro cuadrimestre de 2020.

Segundo a empresa a aprobación do Real Decreto de Xornadas Especiais, que debe ser en xaneiro, no primeiro Consello de Ministros de 2020 será clave.

De acordo co texto entregado por Correos fixa o prazo para poñer en marcha a supresión obrigatoria dos sábados antes do último día do mes de abril.

Correos informou que se realizará o pago con carácter retroactivo na nómina de febreiro do plus dos sábados (7,75€/hora) que cada traballador realizase desde o 1 de xullo, que é cando debía poñerse en marcha esta medida.

Antes do 15 de xaneiro de 2020, Correos remitirá ao persoal de oficinas, USE’S e CTA unha solicitude para que expresen de forma personalizada a súa voluntariedade (ou non) para prestar servizo nun, dous ou máximo tres quendas de sábados e no caso das xefaturas intermedias habilitaranse as fórmulas organizativas para dar a cobertura necesaria.


20 de xuño de 2019

Librado Sábados




Unha nova tomadura de pelo!!!! perpetrada polos sindicatos habituais coa colaboración indispensable de Correos. A estas alturas xa temos claro que son dúas caras da mesma moeda.

Os sindicatos da Casa dixeron que en 6 meses desaparecerían os sábados obrigatorios (isto foi en decembro do 2018) que se farían os servizos con persoal voluntario, (cobrando menos por sábado que no seu dia lle pagaron aos sabaderos e con un prezo por hora traballada menor que o das empregadas de fogar). A día de hoxe non houbo nin un so movemento que nos faga pensar que os sábados se van a eliminar e estamos rematando o mes de xuño.

Por contra si se está a tramitar un real decreto que modificará o Estatuto dos Traballadores e a Directiva 2003/88/CE do Parlamento Europeo e do Consello desregulando totalmente o librado semanal de tódolos traballadores e traballadoras de Correos.

Como é evidente este real decreto non só podería facilitar que nunca chegue a librar en sábado o persoal que aínda fai esta xornada, senón que as carterías que xa non traballan os sábados volveran a ter que realizar estes servizos, claro está todo a capricho de correos que para elo so tería que negocialo coas súas amadas cuatrillizas.

Estrañamente o Sindicato de cabeceira cambia o paso con respecto o resto da compañía e di que este RD é necesario para o librado de sábados; pero imos ver, xa esta ben de enganos: cando libraron os compañeiros das carterias non fixo falta ningún RD. porque agora si?? iso non ten nin pes nin cabeza, que é o que pretenden ocultar????.


Ata cando teremos que seguir soportando a esta tropa que só viven da mentira e do engano????? está nas nosas mans acabar con esta situación.!!!!!




18 de xuño de 2018

Folga Indefinida de Sábados na Provincia de Lugo



A CIG convoca folga todos os sábados de forma indefinida dende o día 23 de xuño de 2018, para todo o persoal, iso inclúe tanto ao persoal laboral como funcionario, con independencia da súa relación Xurídica con Correos e abarca toda a provincia de Lugo en horario de 08:00 horas ata ás 15 horas.  

É unha folga legal convocada e comunicada á autoridade laboral e a Correos e reúne todas as garantías para @s traballador@s.

Os motivos específicos desta convocatoria son os seguintes:

Ø A negativa da empresa para suprimir os sábados. A nova lei postal xa non esixe a prestación de servizos en sábado.

Ø A eliminación de conducións en sábados, provoca unha retención de envíos nos centros de tratamento e as oficinas durante 48 horas.

Ø A discriminación entre os diferentes colectivos de traballador@s,  compañeir@s de USES , Oficinas e axentes de clasificación do pavillón postal.

Ø  Por que é unha reivindicación de CIG. Todos os traballadores/as teñen dereito a descansar as 48 horas establecidas por lei.

Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.