Amosando publicacións coa etiqueta 1º de Maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º de Maio. Amosar todas as publicacións

30 de abr. de 2019

Primeiro de Maio: Recuperar dereitos para avanzar. Na Galiza emprego, salarios e pensións dignas


Camiñamos cara ao 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, coa necesidade de tomar as rúas para esixir un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise, porque segue a medrar a precariedade e a pobreza laboral e continúa a perda de poder adquisitivo da clase traballadora galega.

As novas formas de explotación laboral introducidas coas reformas laborais están a fomentar un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e un incremento das discriminacións de xénero, ao que se lle suma o desmantelamento da nosa industria, os ERE, os peches e a deslocalización de empresas.

O Goberno español do PSOE demostrou que non tivo intención real de cambiar as políticas impostas polo PP, mantén basicamente o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas no 2010 e no 2013, e que ten significado un verdadeiro “golpe de Estado “aos dereitos laborais, sociais, da negociación colectiva, das liberdades públicas e do sistema público de pensións.
LUGAR E HORA DAS MOBILIZACIÓNS
Vigo: 12:00 h. A Dobrada.

Ferrol: 12:00 h. Avenidad de Esteiro.

Pontevedra: 12:00 h. Praza da Ferrería.

Vilagarcía: 12:00 h. Casa do Mar.

A Coruña: 12:00 h. Praza de Vigo.

A Estrada: 12:00 h. Praza do Mercado.

Santiago: 12:30 h. Praza Roxa.

Ribeira: 12:00 h. Praza do Peixe.

Ourense: 11:30 h. Praza Maior.

Cee: 12:00 h. Diante do Concello.

Lugo: 12:00 h. Edificio Sindical.

San Cibrao: 12:00 h. Casa do Mar.

Cangas: 18:30 h. Diante do Concello.

PARTICIPA!!






2 de maio de 2018

1º de Maio


Milleiros de persoas saíron de novo ás rúas de Galiza este martes convocadas pola CIG para conmemorar o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. 

En total foron 13 as mobilizacións que a central sindical levou a cabo nas principais cidades e vilas baixo o lema 'Pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas'. 


Un ano máis, a CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo, que foi novamente a máis numerosa de cantas se celebraron en todo o país.



A CIG Sector Correos tamén fíxose notar nas manifestacións de Santiago e Lugo.



27 de abr. de 2018

A CIG chama a clase traballadora galega a mobilizarse no Primeiro de Maio no camiño da folga xeral Baixo o lema 'Pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas'


A CIG convoca manifestacións en cidades e vilas para o vindeiro Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. A central sindical fai un chamamento a camiñar cara a unha folga xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria” ante a situación que estamos a vivir.


MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS:
  • Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h
  • Vilagarcía. Casa do Mar 12h
  • A Estrada. Praza do Mercado 12h
  • Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h
  • Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h
  • A Coruña. Praza de Vigo 12h
  • Cee. Diante do Concello 12h
  • Ferrol. Local da CIG - Avda de Esteiro 12h
  • Compostela. Praza Roxa 12h
  • Ribeira. Praza do Peixe 12h
  • Vigo. Dobrada 12h
  • Cangas. Praza do Concello 18:30h
  • Ourense. Praza Maior 11:30h


28 de abr. de 2017

A CIG convoca un total de 13 mobilizacións para conmemorar o Día Internacional da Clase Obreira


A CIG aproveitará a celebración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, para continuar coa súa campaña a prol da recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise e para reclamar a derrogación das sucesivas reformas antiobreiras. A central conmemorará esta data coa convocatoria de 13 mobilizacións nas principais localidades do país baixo o lema “Recuperar os nosos dereitos, derrotar as reformas”.
Dende a CIG lembran que nos últimos oito anos os diferentes gobernos do PP e do PSOE atacaron por medio de reformas lexislativas os principais dereitos conquistados pola clase traballadora na súa historia constante de loita. “Amparados na crise tomaron por asalto as nosas pensións, os dereitos laborais, os salarios, reduciron a nosa protección e cobertura sanitaria, etc”, sinalan.
Isto fixo que hoxe a pobreza estea relacionada con traballo precario, cos contratos parciais, cos máis de dous millóns de persoas que esgotaron as prestacións por desemprego e co 32% de traballadores/as que teñen un salario inferior ao SMI: 707 euros ao mes.
Tamén lembran que nestes anos máis de 130.000 galegos/as, principalmente mozos/as, marcharon á emigración buscando traballo, polo que se en lugar de emigrar ficasen aquí o desemprego real superaría o 30%.
Ao mesmo tempo, sinalan que o do Estado español é o único caso no que o total dos salarios da clase traballadora descendeu nestes últimos seis anos preto dun 11%. Mesmo en Portugal, neste mesmo período, os soldos subiron un 4,45%, mentres que en Alemaña e Francia o incremento superou o 9%. “As reformas laborais conseguiron o que se propoñían, traballarmos máis e cobrarmos menos; os salarios que perdemos pasaron ás rendas do capital, persoas ricas e grandes empresarios/as, que aumentaron as súas fortunas e beneficios en máis dun 18%”.
Na CIG entenden que unha vez que conseguiron roubarnos gran parte dos nosos dereitos laborais crearon novas leis represivas de seguridade cidadá (Lei Mordaza) e do Código Penal para criminalizar a resposta e mobilización da clase traballadora “porque saben que sempre conquistamos os nosos dereitos coa loita”.
Consideran importante que na actualidade o PP non teña a maioría parlamentaria, “xa que estas leis que empobrecen e condenan ao sufrimento á clase traballadora poden ser anuladas”. Diante disto, chaman ao conxunto da cidadanía a participar nas distintas mobilizacións convocadas pola central para esa xornada.
Lugares e horarios das distintas mobilizacións:
  • Vigo: no cruce da Dobrada ás 12:00 horas.
  • Cangas: na Praza do Concello ás 19:00 horas.
  • Coruña: na Praza de Vigo ás 12:00 horas.
  • Cee: na Praza do Concello ás 12:30 horas.
  • Compostela: na Praza Roxa ás 12:30 horas.
  • Ribeira: na Praza do Peixe ás 12:00 horas.
  • Ferrol: na Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 12:00 horas.
  • Lugo: na Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 12:00 horas.
  • Burela: en A. Pardiñas (local da CIG) ás 12:00 horas.
  • Ourense: no Pavillón dos Remedios ás 12:30 horas.
  • Pontevedra: na Praza da Ferrería ás 11:30 horas.
  • Vilagarcía: na Casa do Mar ás 12:00 horas.
  • A Estrada: na Praza do Mercado ás 12:00 horas.

ACUDE E PARTICIPA!!

26 de abr. de 2016

#CIGcorreos: Súmate ás mobilizacións da CIG do 1 de maio.


A CIG convoca mobilizacións para o Primeiro de Maio baixo o lema “Reformas laborais e lei Mordaza, anulación xa!”




Para ollar máis información e os lugares e horas das mobilizacións preme:  AQUI





Denunciará ademais, nas 13 manifestacións previstas, as políticas da UE, nomeadamente o comportamento inhumano en materia de refuxiados/as
A CIG presentou este luns os contidos da campaña do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, e o documento no que se recollen as principais demandas que a central sindical dirixe ao goberno que se conforme no Estado español. Demandas que se concretan precisamente no lema escollido “Reformas laborais e lei mordaza, anulación Xa!” e que se acompañan coa denuncia das políticas antisociais da UE e do seu carácter proimperialista.



28 de abr. de 2015

CIG (1º de Maio) "Contra a Pobreza. Emprego e Salarios Dignos"

¡¡ NON TE QUEDES NA CASA, 

PARTICIPA NAS MANIFESTACIÓNS DA C.I.G. ¡¡


A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”.







Para máis información e para coñecer os lugares e horas de saída das manifestacións  preme aquí: AVANTAR








30 de abr. de 2014

PRIMEIRO DE MAIO... M O B I L Í Z A T E ! ! !

A CIG chama a mobilizarse este Primeiro de Maio “contra a explotación e a pobreza”


A central sindical aposta, para “facerlle fronte á Unión Europea” pola “organización, loita e soberanía”

Trece manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”.  Con elas a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático.

Para coñecer o lugar e hora das saídas das manifestacións e para máis información preme AQUÍ

29 de abr. de 2013

A CIG convoca este Primeiro de Maio baixo o lema “Partido Popular–Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza”

   
Chama a mobilizarse para pór punto e final “a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora”

A Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.

A CIG denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo”.


1 de maio de 2012

Unhas 60.000 persoas maniféstanse coa CIG no Primeiro de Maio en contra dos recortes sociais e laborais do PP


A central chama a continuar no proceso de acumulación de forzas e de contestación para crear un escenario favorábel aos intereses da clase traballadora galega.

 Para máis información prema Aquí:

27 de abr. de 2012

MOBILÍZATE (Acude ás Manifestacións da CIG)


A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

Para ver máis información e para ollar os horarios e saídas das manifestacións en todo o país Prema Aquí