14 de maio de 2024
Onde está a suba pola achega de vehículos para o persoal rural?
29 de feb. de 2024
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade do Polígono da Costa Vella (Compostela) mobilízase polo pago das retribucións pendentes
Desde o pasado mes de xullo, o Goberno acordou subir a indemnización por aportación de vehículo dende os 0.19 cts até 0.26 cts. Porén, malia o tempo transcorrido, Correos nin actualizou este concepto nas nóminas do persoal afectado, nin tampouco pagou os atrasos desde xullo, o que supón un quebranto económico moi importante para a economía deste colectivo.
O persoal considera, en todo caso, que o incremento “é insuficiente e non chega para o mantemento do vehículo e telo a disposición de Correos para facer o reparto no ámbito rural, xa que esta suba non absorbe o custo real do mantemento do vehículo”.
Lembran que no ano 2005, despois de varias mobilizacións de CIG-Correos, incluído un peche de 15 días nas dependencias de Correos na rúa do Franco, conseguírase un aumento para este colectivo de Correos de 0.19 cts a 0.23 cts por km.
Porén, logo da suba aprobada polo Goberno, Correos e os sindicatos asinantes do actual convenio colectivo ( CCOO,UGT, CSIF e Sindicato Libre) acordaron non facer extensiva esta suba adicional ao persoal de Correos.
Por iso denuncian que están a sufrir unha perda, porque quedou o incremento igual que no resto da función pública, cando “é unha realidade palpábel que o desgaste que sofren os vehículos no ámbito rural facendo o reparto de correspondencia é moito maior, con moitas mais avarías e cun maior consumo debido tanto ao estado das vías de comunicación, como ás múltiples paradas e arrincadas que teñen que facer para servir a todas as vivendas e usuarios da zona rural”.
Vehículos entregados por Correos
Asemade, denuncian que hai moitos traballadores e traballadoras que levan agardando máis de 2 anos por vehículos aportados por Correos para o ámbito rural e non ter que aportar eles o seu propio vehículo.
A pesar da insistencia da CIG-Correos para que se entreguen canto antes os vehículos a todas e todos aqueles traballadores que así o desexan, aseguran que “Correos fai oídos xordos e non atende a maioría das peticións”, polo que o cadro de persoal ten que seguir soportando a perda de cartos cada mes por ter que aportar o seu propio vehículo, xa que a cantidade que paga non compensa para o consumo e o mantemento do vehículo ( rodas, aceites, seguros).
23 de out. de 2023
Traizón ao Persoal Rural: Suba Ridícula de 0,03 Céntimos Acordada por Correos, CCOO, UGT, CSIF e S.L.
O pasado día 19 de outubro
a empresa comunicou o acordo asinado para a suba da indemnización por achega de
vehículo da seguinte maneira:
“Para nuestros empleados y empleadas rurales, hemos acordado con los sindicatos CCOO, UGT, CSIF y Sindicato Libre elevar la indemnización por el uso del vehículo a 0,26 euros por kilómetro….”
Lembremos que a indemnización por uso de vehículo foi incrementada para toda a administración o pasado día 17 de xullo de 2023 pasando de 0,19 a 0,26 céntimos. Un incremento de 7 céntimos.
En Correos estabamos cobrando 0,23 céntimos (0,19 + 0,04) é dicir Catro céntimos a maiores para compensar o desgaste do vehículo e consumo de combustible que é moito maior polas continuas paradas que se realizan para o reparto.
Entón a pregunta é Onde carallo van eses CATRO CÉNTIMOS a maiores que se estaban cobrando ata de agora?? e que estes sindicatos tiñan asinado en Convenio e Acordo Xeral.
Que maneiras de negociar son estas cando o mínimo que se podía aceptar eran 0,30 céntimos (0,26 + 0,04).
Que é o que pactaron coa empresa para aceptar mansamente a suba a 0,26 céntimos e asinar un Acordo coa empresa prexudicial que segue a empobrecer aos carteiros rurais que aportan o seu vehículo para o reparto e ven como cada día soben os prezos do carburante, recambios man de obra etc. Lembremos que os sindicatos CCOO UGT CSIF e SL asinaron no III Convenio Colectivo e Acordo Xeral o seguinte:
“Coa finalidade de
mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste
colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses
seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o
custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido
por este concepto”
Non nos cabe a menor dúbida do compinchamento entre a empresa e estes sindicatos para obrigar a que finalmente os carteiros/as rurais soliciten vehículo de empresa porque xa non van poder manter os seus vehículos.
Nas vindeiras
eleccións sindicais tes a oportunidade de dicirlles co TEU VOTO a
estes SINDICATOS VENDIDOS que BASTA XA!!


