Amosando publicacións coa etiqueta mesa sectorial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mesa sectorial. Amosar todas as publicacións

28 de xul. de 2025

Mesa Sectorial do 24 de xullo: VENDEN OS NOSOS DEREITOS


A CIG Correos DENUNCIA, na Mesa Sectorial celebrada o 24 de xullo, a pouca seriedade que demostra a empresa na negociación, convocando ás OOSS 48 horas antes e entregando a documentación, a menos de catro horas do inicio da reunión. 

Tamén denunciamos a política de contratación CERO que está a practicar a empresa, avalada polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, asinantes do Acordo Marco.

Ao contrario da empresa, dende a CIG entendemos que esta medida non aforra cartos se non todo o contrario, é pan para hoxe e fame para mañá. O que se está a conseguir é:
  • Perda de clientes.(Por incumprimentos nos prazos de entrega).
  • Pago de indemnizacións por notificacións fóra de prazo.
  • Perda de confianza como servizo postal. (Prefiren remitir os seus envíos con outras empresas).
  • Incremento do absentismo. (Por esgotamento físico e mental dos traballadores/as ).
  • Incremento da sinistralidade laboral. 
Sobre o documento presentado a CIG dí o seguinte:
  • Non se fala nada das 35 horas semanais,
  • Non se fala de suba salarial, nin da cláusula de revisión salarial, para garantir como mínimo que non sigamos perdendo poder adquisitivo. 
A única fórmula que plasman no documento para cobrar unhas esmolas máis, é QUE VENDAMOS OS NOSOS DEREITOS. 
  • Vender á empresa o dereito a gozar as vacacións no verán. 
  • Ceder á empresa o 10% da xornada anual (170 horas) para que as empregue cando queira.
PUNTOS QUE CONTEN O DOCUMENTO ENTREGADO:

1-Bolsa de horas (10% da xornada - 170 horas) Correos pretende poñelo en marcha no mes de outubro. Como criterio xeral a bolsa de horas funcionará dende o 1 de xuño do ano en Curso ate o 31 de maio do ano seguinte, a excepción do 2025 que comezará o 1 de outubro de 2025 ate o 31 de maio de 2026.
  • A xornada non será superior a 9 horas nin inferior a 5 horas. 
  • Cando o uso da bolsa implique o incremento da xornada, (traballar máis da xornada ordinaria de 7´30 horas) esta poderá realizarse calquera día da semana incluídos sábados, domingos e festivos. A empresa establece un prazo de preaviso de 3 días para comunicarnos a xornada que realizaremos. Pero por necesidades do servizo o prazo redúcese a 24 horas.
  • NON contemplan a Conciliación familiar, só deixan unha coletilla que di: que se terá en conta na medida do posible...
2-Creación dunha Nova Mesa Negociadora para a Implantación dun Novo Modelo Operativo tanto en rede de Oficinas, Loxística e Distribución. (Correos pretende unha transformación integral adaptándonos ao MIX de produtos). 

3-CICLO de Emprego 
Falta de candidatos nas Bolsas: Correos pretende unha solución provisional mentres non se convoquen as novas bolsas. A través dunha modificación no Anexo do Convenio quedando os criterios de chamamento da seguinte forma:
  • Os integrantes das bolsas.
  • Xente con experiencia no reparto .
  • Os inscritos a través do portal de emprego. (Que se habilitará para tal efecto).
CONVOCATORIA DE EXAME DE INGRESO

A prebenda de CCOO para asinar sen ningún complexo todo o que a empresa poña enriba da mesa. Único punto que reclamaron con vehemencia na reunión.

Queda pendente unha terceira Fase de negociación que debe rematar antes do 25 de novembro do 2025 e que se implantará en xaneiro do 2026:
  • Regulación da quenda de tarde.
  • Regulación das vacacións fóra do período ordinario. 
  • Modelo denominado “Cuarto Turno” (de martes a sábado).


28 de dec. de 2021

Acordo da Mesa Sectorial: Paralización Implantación Novo Modelo de Carterias


Grazas á presión da CIG e das outras OOSS presentes na Mesa Sectorial (ELA, CGT, SL e CSIF) celebrada hoxe , se conseguiu o seguinte acordo.

1. -  Sobre o Modelo piloto de distribución (novas carterías):

- Manter o concepto carteiro/sección nas unidades de reparto, dende a data deste acordo.

-  Restablecer o mobiliario, e implantar un novo mobiliario que facilite as tarefas de clasificación evitando realizalas en lugares inapropiados.

-Interromper a implantación do modelo piloto en todas as unidades de reparto e restablecer á situación de partida ate a definición dun novo modelo.

- No prazo de dous meses, dende a data de hoxe se formará una Comisión de Estudo paritaria para atopar o modelo máis adecuado ás necesidades do futuro de Correos.

2. -  Comezar o traspaso de paquetería da filial Correos Express as unidades de Correos Matriz co obxectivo de conseguir o 20%  en xuño de 2022  e o 40% en decembro deste mesmo ano , sempre que estas unidades estean capacitadas e adaptadas a un novo modelo por definir.

3. -  Iniciar a negociación do IV Convenio Colectivo/Acordo Xeral  no primeiro trimestre do 2022.

4. -  Diálogo para cambiar o Marco de Relacións Laborais con trato igualitario ás distintas organizacións sindicais segundo representación obtida nas eleccións.

20 de dec. de 2021

XUNTANZA DA MESA SECTORIAL DECLARACIÓN SOBRE O DIALOGO SOCIAL PARA O PLAN ESTRATÉXICO

 


A CIG subscribe conxuntamente con outras OOSS e a empresa unha Declaración que vén referendar e poñer por escrito nun documento os piares básicos nos que se debe basear o Correos do presente e futuro.

1.              Correos debe seguir sendo unha empresa 100% pública de emblema nacional, vertebradora de todo o territorio nacional e economicamente sostible no tempo. Mantendo o servizo postal universal.

2.              Manter o nivel de emprego actual. A empresa anuncia a  convocatoria de 5.377 postos fixos.

3.              O Sector Postal Tradicional debe continuar sendo un dos negocios crave de Correos e consolidar unha oferta integral de comunicación na que a comunicación dixital acompañe á comunicación en papel.

4.              Potenciar a economía nacional, beneficiando a PEMES e cidadáns coa prestación de servizos postais e loxísticos.

5.              Diversificar as actividades do Grupo Correos cara aos servizos loxísticos (mercadoría en xeral e alimentación), de paquetería express, financeiros e bancarios, solucións dixitais, servizos á Administración Pública e Internacionalización de Servizos de Paquetería.

6.              Correos debe continuar gañando cota no mercado da paquetería e consolidarse no liderado do sector, para que supla a caída sostida da carta. A tan mencionada caída da carta faise cada ano máis evidente: estímase que a carta en 2023 será un -75% menor que en 2013. Para elo deberase traspasar progresivamente mercancía dende CEX a Correos matriz.

7.              Ser referente en sustentabilidade ambiental e social, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

8.              Inclusión de Correos na rede da administración de “ventanilla única” de atención ao cidadán.

9.              Necesidade dunha mellora progresiva do nivel de retribucións dos traballadores/as.

10.           Correos anuncia que vai ser recoñecida como entidade de crédito electrónico polo Banco de España podendo ter IBAN e expedir tarxetas bancarias.

Dende a CIG queremos deixar claro a eses CCOOmpañeiros e aos oUGTros acompañantes de comparsa que a diferenza deles:

-                A CIG NON asina nin asinará ningún Convenio ou Acordo que sexa minimamente lesivo de cara aos traballadores/as. Lembremos que este Convenio asinado por eles penaliza por partida dobre as baixas, NON existe permiso para ir ao médico, nin para acompañar aos fillos nin a familiares dependentes, NIN ten unha cláusula de revisión salarial, NON se xuntou a Mesa do carburante para compensar as subas do combustible para o persoal RURAL.

-                A CIG NON intercambia nin vende os dereitos dos traballadores/ a cambios de horas de liberación ou cartos de Formación.

-                A CIG NON asina Acordos que humillen aos funcionarios/as cos niveis máis baixos de toda a Administración. Ademais lembremos que este colectivo tivo que ir ao xulgado para que lles recoñecerán as vacacións por días hábiles. 

Así que a CIG  leccións de negociacións e de defensa dos dereitos dos traballadores/as NIGUNHA.


16 de dec. de 2021

Xuntanza Mesa Sectorial - Plan Estratéxico - Convocatoria de Emprego

 


Na reunión da Mesa Sectorial celebrada hoxe o presidente de  Correos anunciou que está tarde se publicará a Convocatoria de 5.377 prazas para a Consolidación de Emprego. A CIG  esixiu que todas elas sexan a tempo completo para non fomentar a precariedade laboral.

O presidente ante a queixa de todos as OOSS presentes sobre a implantación dos novos modelos de organización das carterias dixo que está aberto a que presentemos modelos alternativos para discutilos e si é preciso volver atrás e implantar un novo modelo que sexa de futuro e se adapte ás necesidades da paqueteria. 

Así mesmo anunciou que  despois da semana de reis se iniciarán as negociacións  dun novo Convenio Colectivo, Acordo Xeral e Acordo Marco de Relacións Laborais.

22 de abr. de 2021

A CIG Solicita Convocatoria da Mesa Sectorial

A CIG Solicita a Correos a Convocatoria da Mesa Sectorial para tratar temas de vital importancia que están pendentes a pesares do tempo transcorrido.

- Regulación do Teletraballo. Unha vez asinado o Acordo que regula o teletraballo na AGE é necesario negociar e regular o teletraballo na Sociedad Estatal Correos e Telégrafos, coa finalidade que o traballador coñeza claramente os seus deberes e dereitos. 

- Vacinación a todos os traballadores/as da empresa. Despóis de ser declarados como servizos esenciais en plena pandemia, agora resulta que non estamos dentro dos planes de vacinación como persoal prioritario. 

-Día de permiso adicional pola coincidencia en sábado de dous días festivos nacionais non recuperables e non substituibles en 2021. Dereito que xa está recoñecido a todos/as traballadores/as da Administración Xeral do Estado. A que están esperando en Correos para concedelo.....a que presentemos demanda???

-Pago dos Fondos Adicionais 2019-2020. A suba é dun 0.55% en total e está aprobada por Lei. É inxustificable o atraso do pagamento destes cartos que poderían signficar entre uns 210€ a 360€ por cada traballador/a dependendo da súa categoría profesional. Tamén está pendente a reunión para aplicar a suba do 0.9%  correspondente a 2021.

-Excedencias Incentivadas para o persoal funcionario - Xubilacións Parciais para o persoal Laboral. Temos un cadro de persoal envellecido, moitos dos nosos traballadores/as contan con máis de 35 anos cotizados as súas costas. É hora de activar as Excedencias Incentivadas e as xubilacións parciais.....Temos moitos mozos no paro que non tiveron a oportunidade de cotizar nin un só día.....Non faga certa a frase: "Os vellos traballando e os mozos na casa."

18 de feb. de 2021

Mesa Sectorial: Aplicación dos Fondos Adicionais 2019-2020 e Supresión das Gardas en Sábado e Descansos

 

Fondos Adicionais 2019-2020: A CIG rexeita a proposta da empresa sobre a aplicación dos fondos adicionais. A empresa pretendía que estes fondos 0,25% do ano 2019 e 0,30% do ano 2020 se destinen a conceptos abstractos e a retribucións non fixas como o complemento de produción e asistencia que hoxe o podes cobrar e mañá non.

Finalmente a empresa acepta a aplicación lineal dos fondos adicionais nos conceptos retributivos fixos e variables.

Desde CIG defendemos que estes fondos se utilizaran para a subida de niveis do persoal funcionario (temos os niveis máis baixos de toda a administración) e unha suba igual e proporcional para o persoal laboral no complemento de posto tipo. Ambos o dous complemento fixos.

Xornadas en sábados e descansos: A empresa nos comunicou a supresión da quenda de traballo en sábados en USE e CTA. Pero que non renuncia ao traballo en fin de semana.

A partir da supresión da quenda obrigatoria en fin de semana o servizo se prestará con persoal voluntario e eventual. O pago dos atrasos (a 7,75 €/hora desde o 1 de xullo de 2019) condiciónano á inclusión de Correos no RD de Xornadas Especiais.

En oficinas mantense a supresión que xa se vén realizando dende o 20 de marzo de 2020 debido á pandemia.

USE: Suprímese a quenda obrigatoria a partir do próximo 20 de febreiro de 2021.

CTA: Suprímese a quenda obrigatoria a partir do 6 – 7 de marzo de 2021

Valoración CIG:

Xa era hora que Correos atendese ás reivindicacións, denuncias e folgas realizadas pola CIG e outras OOSS polo incumprimento dos descansos nas xornadas semanais.

Así mesmo fixemos saber á empresa:

-Que nos opoñemos frontalmente a que Correos sexa incluído no RD de xornadas especiais e emprazamos á empresa a que busque outras opcións alternativas a esa vía. O incluírnos nese RD de xornadas especiais sería desregular a xornada ao conxunto de todos/as os/as traballadores/ as de Correos.

-Que desde CIG defendemos as 35 horas semanais de luns a venres

-Que temos escrito dirixido ao presidente solicitando 1 día de permiso adicional de descanso por coincidir 2 festivos nacionais en sábado.

-Que queremos saber que pasou coa vacinación do persoal de Correos, na última reunión da Mesa Sectorial informóusenos por parte do presidente que estaba a realizar as xestións co ministerio de sanidade. Resta dicir que fomos e somos un sector esencial que foi duramente golpeado pola pandemia e que polo noso traballo podemos ser unha fonte de contaxio e á súa vez de propagación do virus pola nosa labor porta a porta.

-Que queda pendente a Regulación do Teletraballo, activar as Xubilacións parciais para o persoal laboral e as excedencias incentivadas para o persoal funcionario.


17 de set. de 2019

A CIG-Correos presente nas mesas: da Comisión Estatal de Saúde Laboral e Sectorial en Madrid, maña día 19 de setembro


Correos convoca as O.O.S.S. a 2 xuntazas para o día de maña en Madrid onde a CIG Correos estará presente.

Os temas a tratar son os seguintes:

1ª - Comisión Estatal de Saúde Laboral: para tratar os 2 puntos por adaptación funcional que se dan no Concurso Permanente de Traslados.

2ª - Mesa Sectorial: Promoción Interna do Persoal Funcionario.

Manterémosvos informadas/os de todo o que aconteza.








12 de abr. de 2019

XUNTANZA DA MESA SECTORIAL E COMISIÓN NEGOCIADORA DEL IV CONVENIO





O pasado día 11 de abril, celebráronse as reunións da Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo (persoal laboral) e Mesa Sectorial (persoal funcionario onde a CIG ten representación) cun único punto a tratar na orde do día: “Incrementos retributivos 2019”. O incremento correspondente ao ano 2019, froito dos Acordos subscritos polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF co PP en marzo de 2018. A suba correspondente a este ano será dun 2,25 %, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro 2019 nas seguintes retribucións:

FIXOS: Salario Base, Pagas Extraordinarias, Trienios ou Antigüidade, Complemento do Posto Tipo ou de Destino e Complemento de Ocupación ou Específico.

VARIABLES: Complemento de Produción e Asistencia, Complemento de Permanencia e Desempeño ou Complemento Específico Tipo II, Complemento de Produtividade, Plus Festivo, Plus Sábado, Plus Nocturnidade, Plus de Clasificación Mecanizada, Produtividade de Nadal, gratificacións por eleccións, Suplido Achega Local, Horas Extraordinarias e Plus de Residencia e incentivo singular pola prestación de servizos en Andorra.

As subas faranse efectivas na nómina do mes de maio

A CIG na Mesa Sectorial fixo constar que:

-       Con estas subas pactadas en marzo de 2018 entre o goberno do PP e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF os empregados de Correos nos estamos quedando á cola no aspecto retributivo con respecto ao resto de empregados públicos e sirva como exemplo o Acordo asinado pola CIG na AGE onde o persoal laboral das últimas categorías experimentaran unha suba de entre 80 a 100 euros mensuais mentres que en Correos serán duns 90€ en 3 anos.
-       Que, queremos a Devolución do 5%  detraído no ano 2010 polo PSOE.
-        Equiparación ao resto de funcionarios da AGE: Subida a nivel 14 dos funcionario de Correos para o grupo C2 e nivel 16 para o grupo C1.
-       Aplicación do EBEP en toda o seu extensión, así como de calquera norma que afecte ao persoal funcionario da administración xeral do estado. exemplo R.D.do 28 de decembro de 2012 en materia de xornadas e horarios do persoal da administración xeral do estado.
-       Convocatoria de excedencias incentivadas a partir dos 56 anos para todos os postos.
-       Que se realice a promoción interna xa.

A única realidade é que estes sindicatos coa súa firma nos deixaron sen unha negociación real durante os vindeiros 2 anos.

ESTES SINDICATOS NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI

11 de set. de 2018

Hoxe Martes 11 de Setembro Reunión para Tratar a aplicación da subida salarial de 2018



Hoxe martes, día 11 de setembro, reunión sindicatos - empresa ás 10 horas, para abordar a aplicación da subida salarial de 2018, en función do II Acordo, para a mellora do emprego público e as condicións de traballo, subscrito o 9 de marzo e publicado por Resolución do 22 de marzo de 2018 da Secretaría de Estado de Función Pública.

Hoxe martes, día 11 de setembro, reunión sindicatos - empresa ás 10 horas, para abordar a aplicación da subida salarial de 2018, en función do II Acordo, para a mellora do emprego público e as condicións de traballo, subscrito o 9 de marzo e publicado por Resolución do 22 de marzo de 2018 da Secretaría de Estado de Función Pública. A CIG esixe que o pago da subida e atrasos realícese na próxima nómina do mes de setembro tanto ao persoal funcionario como ao laboral.

6 de out. de 2016

Qué pasa cos 2 días de AP polo 24 e 31 de Decembro

CORREOS:
Asinou o Dereito en Papel Mollado??

Non pode ser, que un dereito recoñecido polas normas (Convenio*, Acordo* e Calendario Laboral*),
que agora pretendan concedelo cando e como queiran

Os xefes das unidades non os conceden porque non poden gravalos e os seus superiores dinlles que non se poden gozar ata o vindeiro ano porque non se sabe se van estar en activo neses días. (Se fixeran o mesmo coas vacacións ou cos días de APs teriamos que agardar a ter o ano vencido para poder disfrutalas, que disparate!!)

Dende a CIGcorreos non sabemos de onde ven a orde, pero si temos claro que é ilegal e así llo fixemos saber o mesmo Presidente de Correos, solicitándolle por escrito que autorice o disfrute deses dous días durante este ano se así o demandan os interesados/as.

A nosa recomendación pasa por solicitar eses días por escrito, facendo constar que son os días recoñecidos por cadrar en sábado o 24 e 31 de decembro. No caso que a resposta sexa negativa, teñen a obriga de motivala e a partir de aí ábrese a posibilidade de acudir ós xulgados para reclamar un dereito que nos están conculcando.

*As normas que amparan este dereito:

Convenio Colectivo (Para persoal Laboral) e Acordo Xeral (Persoal Funcionario):
Artigo 58. Permisos Retribuídos – Q) Os días 24 e 31 de decembro:
“…Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos, a empresa (Sociedade Estatal) recoñecerá dous días adicionais de descanso”
Calendario Laboral 2016 (Para persoal Laboral e Funcionario):
Asuntos Particulares Navidad (24 e 31 decembro / sábado)
“De acordo co disposto no Anexo IV Tempo de Traballo do Acordo Xeral de 5 de abril de 2011 e no art. 58 do III Convenio Colectivo, pola coincidencia no ano 2016 dos días 24 e 31 de decembro con sábado, recoñécense dous días adicionais de descanso ó persoal funcionario e laboral (suxeito a convenio) activo en ditos días.
Estes dous días adicionais de descanso difrutaranse hasta o 31 de marzo de 2017.

Un dereito, non pode “retorcelo” a empresa segundo os seus intereses

Non te axeonlles e loita polo teu, tes o noso apoio


11 de dec. de 2015

Xuntanzas Madrid: Mesa Consolidación de Emprego e Mesa Sectorial


MESA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO (9 decembro):

A pesares que  Correos informou na Mesa que xa tiña a autorización formal de Facenda para proceder ao proceso de Consolidación de emprego, o único certo e que aínda non hai nada en claro, continúan con borradores emprazándose para o vindeiro 15 de decembro e outra xuntanza para antes de rematar o ano, xustamente despois das eleccións xerais, entón preguntámonos que garantías reais hai que o novo goberno respecte o acordado??? 

Novidades que constan neste novo borrador:.

- Desenvolveranse medidas de emprego que contribuían á integración de persoas con discapacidade.

- Nos supostos de avaliación negativa e a non superación do período de proba, os candidatos non poderán solicitar o posto que desempeñaban no momento da sanción.

- Correos publicará unha lista de admitidos/excluídos e dará un prazo de 7 días naturais para emendar erros.

-Os datos facilitados nas solicitudes formarán parte do ficheiro de selección de RRHH.

-A convocatoria publicarase tamén na web de información 060 www.administracion.gob .es 

-A valoración de méritos efectuarase á data da publicación das bases.

-Os méritos por antigüidade serían dos últimos 5 años.

-O exame sería presencial.

MESA SECTORIAL – PERSOAL FUNCIONARIO (10 de decembro):

Tras tres anos sen convocarse a Mesa Sectorial, grazas aos sindicatos asinantes do Acordo Xeral (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) e a Correos, acostumados a asinar Convenios e trasladalos directamente ao Acordo Xeral sen ter en conta a regulación especifica do persoal funcionario, agora veñen a vendernos coma un logro a concesión dos días do EBEP, días que por certo o resto de funcionarios da Administración Xeral do Estado xa o están desfrutando dende fai dous meses  que se aprobou esta medida. Na Mesa Sectorial Correos comunicouse o seguinte:

*                    Días adicionais segundo antigüidade do EBEP (canosos): Os días adicionais correspondentes ao ano 2015 poderanse desfrutar entre o 31 de xaneiro 2015 e o 31 de maio de 2016.

*                    Promoción Interna: Correos informa que aínda esta pendente da autorización por parte do organismo dependente do Goberno.


25 Prazas de acceso para o Grupo A1

25 Prazas de acceso para o Grupo A2

300 prazas para o Grupo C1

25 prazas para o Grupo C2