A cantidade máxima de traballador@s que a empresa pode designar como servizos mínimos son:
a) Atención ao Cliente:
- En oficinas de ata 4 traballador@s: 1 empregad@ por quenda de traballo.
- En oficinas de entre 5 e 8 traballador@s: 2 empregad@s por quenda de traballo.
- En oficinas de mais de 8 traballador@s: 3 empregad@s por quenda de traballo.
b) CTA de Compostela:
25% dos traballador@s de cada quenda de traballo.
c) USE:
50% dos traballador@s de cada quenda de traballo máis un responsable.
d) Unidades de Distribución:
50% dos traballador@s de cada quenda de traballo máis un responsable.
e) Servizos Rurais con Atención ao Público:
100% dos traballador@s.
2-. No caso de NON RECIBIR un documento coa designación, os traballador@s poderán decidir libremente se quere traballar o día 11 ou se prefire secundar a folga.
No caso de optar por acudir ao traballo, as funcións a desenvolver durante a xornada laboral serán as mesmas que calquera outro día de traballo.
3-. No caso de SI RECIBIR o documento coa designación, o traballad@r está obrigado a acudir ao seu posto de traballo o día 11, aínda que só estará obrigado a realizar as seguintes tarefas:
a) Atención ao Cliente:
· Admisión de solicitudes de voto por correo.
· Entrega de documentación electoral.
· Admisión do voto por correo.
b) CTA de Compostela:
· Tratamento de envíos electorais.
· Tratamento da propaganda electoral.
c) USE
· Entrega de documentación electoral na Oficina do Censo Electoral.
· Entrega da documentación electoral aos electores.
d) Unidades de Distribución:
· Entrega da documentación electoral aos elector@s.
e) Servizos Rurais con Atención ao Público:
· Admisión de solicitudes de voto por correo.
· Entrega de documentación electoral.
· Admisión do voto por correo.
Polo tanto, os traballador@s designad@s para formar parte dos servizos mínimos NON estarán obrigados a desenvolver as demais funcións (nin admisión nin entrega de calquera produto que non estea relacionado co proceso electoral), aínda que voluntariamente poderán facelo.
No caso de recibir algunha orde que sexa contraria a estas instrucións, non dubides en poñerte en contacto cos Delegados da CIG.
1. A DECISIÓN DE FACER FOLGA É TÚA.
Respectamos todas as decisións individuais, tanto de quen secunde a folga como de quen decida acudir a traballar.
2. NON TES QUE COMUNICAR SE VAS FACER FOLGA.
Non tes a obriga de anticiparlle á empresa a túa decisión nin de responder ás preguntas dos teus superiores sobre se vas secundar a folga.
3. NON ASINES DECLARACIÓNS SOBRE A TÚA INTENCIÓN DE TRABALLAR.
Non tes que asinar ningún documento no que manifestes que vas acudir ao teu posto de traballo.
4. SE ES DESIGNADA COMO SERVIZO MÍNIMO, ESIXE A COMUNICACIÓN POR ESCRITO.
A designación debe serche comunicada formalmente e de maneira individualizada. Solicita un documento no que conste expresamente que estás designada como servizo mínimo.
5. SE RECIBES ESA COMUNICACIÓN, ASINA SÓ O RECIBÍN.
A túa sinatura debe acreditar unicamente que recibiches o documento, non que estás conforme co seu contido.
Desde a CIG-CORREOS estamos denunciando as presións e vulneracións dos dereitos das persoas traballadoras.
O noso compromiso é defender os dereitos de todas e todos, respectando sempre a decisión individual de cada persoa.
A TÚA DECISIÓN É LIBRE. OS TEUS DEREITOS, IRRENUNCIABLES











