Amosando publicacións coa etiqueta lingua galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lingua galega. Amosar todas as publicacións

16 de nov. de 2021

Exclusión Total do Galego en Correos

 


A nosa central sindical ven de rexistrar un escrito de protesta ante a política lingüística que se está a levar a cabo desde Correos.

-Denunciamos a EXCLUSIÓN TOTAL a día de hoxe do noso idioma nas comunicacións escritas, cartelería informativa e anuncios nos centros de traballo, tanto para traballador@s como para clientes.

-Correos deseña campañas con eslóganes como “Diversos, con sello propio” moi bonitos de cara a galería pero baleiros de contido, xa que nin entenden nin respectan que un dos nosos mais importantes SELOS PROPIOS é o NOSO IDIOMA.

-Non consentiremos que Correos vulnere os nosos dereitos lingüísticos. 

-Correos debe cumprir co establecido no artigo 3.2 da Constitución Española, así como co artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galiza onde di que “a lingua propia de Galiza e o Galego”.

-Ademais a Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística, indica no seu artigo 4.1 que o galego é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma e da súa Administración.

Correos debe asumir a súa responsabilidade e comprometerse a que o GALEGO estea presente no noso entorno laboral, tal e como estaba ate de agora.

11 de feb. de 2021

Cursos de Galego (CELGA 1, 2, 3 e 4) convocados pola Xunta de Galiza para o ano 2021

 


A Xunta de Galicia convoca 1.050 prazas nas modalidades presencial e on-line.

Prazo de inscrición ate o: 24 de Febreiro de 2021 a través da sede electrónica.

Os cursos comezarán o 15 de Marzo de 2021

Ligazón: Xunta de Galiza Convocatoria Cursos Galego