Amosando publicacións coa etiqueta Día da Clase Obreira Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Clase Obreira Galega. Amosar todas as publicacións

10 de mar. de 2026

10 de marzo día da Clase Obreira Galega: Na Galiza traballo digno - Pobo con dereitos.

A CIG fai un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos.

Nesta data na que se conmemoran as mobilizacións protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972, durante as que foron asasinados en Ferrol pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, “as demandas de liberdade, contra a precariedade das condicións laborais, por salarios xustos e pola defensa da negociación colectiva en Galiza seguen vixentes e son de actualidade”, salientou o secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xoán Galdo, quen compareceu en rolda de prensa  este martes coa responsábel comarcal de Muller, Teresa Carballido.

Nun contexto marcado polo empobrecemento xeneralizado, os baixos salarios e as desigualdades impostas polas políticas neoliberais e as últimas reformas laborais, “a mobilización convértese no camiño necesario para dar resposta a esta crúa realidade, porque alén das cifras macroeconómicas, o continúo medre da carestía da vida dificulta cada día máis facer a compra e acceder a unha vivenda digna”.

Galdo criticou que se pretenda normalizar a precariedade laboral, o traballo a tempo parcial e a contratación fixa descontinua, mentres a temporalidade segue existindo, as condicións laborais e os salarios son peores e aumenta o risco de pobreza.


Todo isto, engadiu, cunha forte presión do capitalismo para afondar as políticas máis neoliberais e máis depredadoras “a calquera custe” e buscando criminalizar con esta fin toda resposta social. “Aí está, advertiu, a radicalización da dereita, o auxe da ultradereita e o fascismo promovido por un capital que quere máis ganancia sen importar os medios”, no que inseriu os discursos e prácticas cada vez máis perigosas do PP de Galiza, “correa de transmisión do PP español, competindo con VOX nunha axenda españolista, machista e belicista”.
 

10 de mar. de 2023

A CIG conmemora o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións en todas as comarcas


Desde o ano 1972, o sindicalismo nacionalista celebra o 10 de Marzo, Día da Clase obreira Galega. Nesta data conmemoramos as loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972 durante as que foron asasinados en Ferrol, pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel.

Loitas que comezaron en Ferrol no mes de marzo, e que meses despois se estenderon a Vigo, pola dignidade e pola liberdade, contra a precariedade das condicións de traballo, por salarios xustos e por defender a negociación colectiva en Galiza.

Este ano 2023 chamamos a facer do 10 de Marzo unha xornada de mobilización en todas as comarcas de Galiza ante as amezas que temos por diante e ante a necesidade de continuar na resposta fronte a grave crise actual.

Máis información ---> Avantar Diario Dixital

8 de mar. de 2019

10 de marzo Día da Clase Obreira Galega: recuperar dereitos para avanzar

Na Galiza 

emprego, 

salarios 

e pensións dignas



A CIG chama a mobilizarse o vindeiro domingo, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para exixir que se derroguen as reformas laborais e as políticas executadas coa escusa da crise porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega.

Mobilizacións

Vigo: Manifestación desde a Dobrada ás 12h

Pontevedra: Praza da Peregrina, 12h

Vilagarcía: Praza de Galiza, 12h

Compostela: Praza Roxa, 11:30h

A Coruña: Manifestación desde a Praza de Vigo ás 12h

Ferrol: Manifestación desde o Monumento ao 10 de marzo ás 12h

Lugo: Manifestación desde o Edificio Sindical ás 12h

Ourense: Praza do Ferro, 11:30h

Os contratos por horas, días ou como máximo semanas; a utilización dos contratos a tempo parcial, das ETT, de falsos/as autónomos/as, das empresas multiservizos, dos centros especiais de emprego; e o intento da imposición de convenios colectivos estatais fronte aos provincias e de ámbito galego son as novas realidades no mundo do traballo que están a fomentar o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e a afondar na perpetuación das desigualdades de xénero.

A perda de emprego, o desmantelamento industrial e o peche de empresas, xunto coa emigración, son unha constante, evidenciándose de forma dramática o dano que están a provocar as políticas neoliberais en Galiza.

O Goberno español do PSOE seguíu a manter o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas en 2010, pero sobre todo en 2013, que teñen significado un verdadeiro atentado e un golpe de Estado aos dereitos laborais e sociais e á negociación colectiva.

De feito, as medidas aprobadas nos últimos meses, e as que se anuncian nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, son claramente insuficientes (decreto sobre salario mínimo, etc.) e inxustas (decreto contratos relevo e xubilación parcial, etc.), cando non continuístas das políticas do PP (des censo da inversión en Galiza, mantemento da reforma das pensións do 2011 e 2013, etc.)

Nesta situación, e neste momento de inestabilidade política e institucional, temos que ser conscientes e non caer no engano de crer que as solucións virán polas concesións que nos faga o poder económico. Como tampouco as conseguiremos dun poder político que está ao servizo do capital e non da clase traballadora. Así mesmo, denunciamos unha vez máis a lacra que representa o chamado diálogo social, a concertación social que lamentabelmente seguen a practicar a diario UGT e CCOO coa patronal e cos Gobernos español e galego, colaborando na desmobilización e afondando na mentira de que por esta vía a clase traballadora poderá mellorar.

9 de mar. de 2016

#CIGcorreos : 10 de marzo DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA (Mobilizacións da CIG)

A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”


O secretario nacional da CIG, Suso Seixo, cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a realidade laboral e social existente en Galiza

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais. Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.

Para ampliar a información e para comprobar as horas e lugares das concentracións e manifestacións
Pica AQUÍ




8 de mar. de 2015

10 de Marzo DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA

A CIG reivindicará emprego e salarios dignos contra a pobreza no Día da Clase Obreira Galega


A central chama a participar nas mobilizacións convocadas nas sete cidades o 10 de Marzo


A CIG aproveitará a conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, para reivindicar “emprego e salarios dignos” como único xeito de frear o empobrecemento da maioría social a causa das políticas que está a aplicar o PP en Galiza e no conxunto do Estado. A central nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacions convocadas ao longo da xornada nas sete cidades galegas. O acto central da xornada, no que participará o secretario xeral, Suso Seixo, terá lugar unha vez máis en Ferrol e consistirá nunha ofrenda floral en memoria de Amador Rei e Daniel Niebla e nunha manifestación.



Para máis información e para ollar o lugar e hora das mobilizacións PREME AQUÍ


11 de mar. de 2013

Miles de persoas reclaman coa CIG o dereito a un emprego digno, á negociación colectiva e á soberanía nacional

Miles de persoas participaron este domingo nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Fronte ás políticas neoliberais aplicadas polos gobernos, que só sexan miseria e desemprego, a central nacionalista centrou as reivindicacións deste ano na defensa do dereito a un emprego digno, á negociación colectiva como ferramenta fundamental da clase traballadora e na defensa dos nosos dereitos nacionais. Para conseguir estes obxectivos, a CIG insiste na necesidade de concienciarse, organizarse e loitar.

Ao pé da estatua na memoria de Amador Rei e Daniel Niebla, mortos a mans da policía fascista no marco das loitas obreiras do ano 72, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo facía un repaso polas últimas medidas e recortes aplicados polos gobernos do PP baixo a consigna da austeridade. Unhas políticas antisociais que teñen xerado máis desemprego, unha profanación na destrución do noso tecido produtivo, máis desigualdades sociais e, en definitiva, máis miseria.  (Galería de imaxes)

8 de mar. de 2013

A CIG reclamará o Día da Clase Obreira Galega o dereito a un emprego digno, á negociación colectiva e á soberanía nacional

 photo Banner_10marzo_1_zpsfd62a6be.gif 
Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo en todas as cidades, a central en Ferrol, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”. Xunto a isto e seguindo a tradición dos últimos anos, a central sindical celebrará un acto, o día 7 de marzo, no que se fará entrega dos Premio 10 de Marzo e 8 de Marzo, a aqueles conflitos laborais que salientaran no ano anterior pola súa defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres e da clase traballadora en xeral. 
Horarios e lugares de saída das manifestacións

-Ferrol: 12:30 horas, Avenida do Esteiro (local da CIG). 
-Vigo: 11:30 horas, Cruce de Lepanto con Gran Vía. 
-A Coruña: 12:00 horas, Praza de Vigo.
-Compostela: 12:30 horas, Praza Roxa.
-Lugo: 11:30 horas, Ronda da Muralla (local da CIG).
-Ourense: 12:00 horas, Pavillón dos Remedios
-Pontevedra: 12:00 horas, Praza da Ferrería.

10 de mar. de 2012

A CIG conmemora o 10 de Marzo cunha chamada á mobilización

No día que se cumpren 40 anos do asasinato de Amador Rei e Daniel Niebla, a loita de clases amósase máis viva ca nunca logo das últimas e regresivas reformas aprobadas polos distintos gobernos. Reformas e medidas destinadas a despoxar á clase traballadora dos dereitos laborais e sociais acadados nas últimas décadas, deixándoa indefensa ante unha ofensiva do capital que nos obriga a dar unha resposta contundente e reaxir na defensa dos nosos intereses, tal e como neste 10 de Marzo xa fixeron as máis de 20.000 persoas que participaron nas manifestacións convocadas pola CIG e como haberá que demostrar na folga xeral do 29 de marzo. Fonte: Avantar

9 de mar. de 2012

Movilización: 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

Participa nas mobilizacións que a CIG convoca  para denunciar a reforma laboral.
120223-Manifestacion VigoO 10 de marzo celébrase o día da clase obreira galega, na que se lembra os feitos de 1972 que levaron á morte a Amador Rei e Daniel Niebla, ademais dos máis de 40 feridos de bala, a mans da represalia franquista das protestas laborais de Ferrol.
Coincidindo con esta data, a CIG convoca a todos e todas os galegos e galegas a manifestarse polas principais cidades do país para denunciar a reforma laboral e que supón o maior ataque aos dereitos laborais nas últimas décadas.

As manifestacións convocadas son as seguintes:

Vigo
 Ás 20h desde Vía Norte

A Coruña
 Ás 12h desde a Praza de Vigo

Pontevedra
 Ás 19h desde a Praza da Ferraría

Ferrol
 Ás 12h desde a Avenida de Esteiro (local da CIG)

Compostela
 Ás 12:30h desde a Praza Roxa

Lugo
 Ás 12h desde a Ronda da Muralla (local da CIG)

Ourense
 Ás 12h desde o pavillón dos Remedios

Vilagarcía
 Ás 20h na Casa do Mar

A Estrada
 Ás 20h na Casa do Concello

Que non te sigan a enganar. Rebélate!!! Sae á rúa o 10 de marzo a defender os teu dereitos.


O 29 de marzo participa na FOLGA XERAL!!!