Esto un pequeno resumen de tódolo que aconteceu onte na Mesa Sectorial de Funcionari@s, no cal, a CIG-Correos estivo presente.
A empresa fixo entrega dun borrador sobre as bases da promoción interna de funcionarios e informáronnos do seguinte:
-A inscrición será comunicada a través do BOE/BOE, e realizarase vía On-Line, desde unha plataforma da AGE.
- O número de prazas son as que figuraban no acordo:
- A1 – 20 prazas
- A2 – 50 prazas
- C1 – 300 prazas
- C2 – 25 prazas
- Constará de 2 fases:
- OPOSICIÓN (Exame)
- CONCURSO (Méritos)
- Non se especificaron aínda os cursos que puntuarán pero terán que estar realizados antes do 1 de Novembro.
- A CIG fixo constar na Mesa:
- O seu malestar pola entrega do borrador no último momento sen tempo para pódelo estudar e facer as alegacións. Polo tanto as presentaremos se procede posteriormente.
- O seu malestar pola entrega do borrador no último momento sen tempo para pódelo estudar e facer as alegacións. Polo tanto as presentaremos se procede posteriormente.
- Que, ao marxe que Correos poña un programa cos temas que entran no exame de ingreso a CIG solicita que se edite un temario oficial por Correos coa finalidade de facilitar a preparación cos temas actualizados.
- Que despois de case 10 anos sen promoción interna parécenos escasa a oferta de prazas
- Que o exame de ingreso sexa posterior ao primeiro trimestre do ano seguinte coa finalidade de dar tempo suficiente para a preparación dado que imos a estar inmersos en campañas electorais e de Nadal.
- Que os cursos de formación sexan impartidos na súa totalidade por Correos incluíndo aos funcionarios que estean de baixa.