Amosando publicacións coa etiqueta Patrocinios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Patrocinios. Amosar todas as publicacións

11 de xuño de 2025

A CIG denuncia o patrocinio de Correos a La Vuelta por 2 millóns de euros.


A CIG sector Correos expresamos a nosa máis firme indignación ante a decisión de Correos de patrocinar as tres próximas edicións de La Vuelta (2025-2027) por un importe de
dous millóns de euros. Este acordo, asinado coa empresa Unipublic, propietaria dos dereitos da volta ciclista, supón unha nova mostra de como se malgastan os recursos públicos en beneficio de intereses privados, mentres as necesidades básicas da cidadanía quedan desatendidas.

Correos, dependente da SEPI, intenta xustificar este patrocinio argumentando que La Vuelta é unha «estratexia publicitaria clave» para a compañía, tanto a nivel de negocio como de visibilidade. 

Non obstante, desde a CIG consideramos que este tipo de investimentos son unha clara desviación dos obxectivos que debería ter unha empresa pública, que non é outra cousa que servir á sociedade e garantir un servizo de calidade para todos os cidadáns.

Ademais, resulta escandaloso que o Comité de Inversións de Correos aprobase este contrato o pasado 27 de maio, alegando que Unipublic obtivo a «maior puntuación» e presentou a «oferta máis vantaxosa». 

Desde a CIG denunciamos que os fondos públicos se destinen a patrocinios deportivos cando existen tantas carencias nos servizos esenciais.

Correos leva sendo o principal patrocinador de La Vuelta desde 2019, e aínda que xa colaborara con anterioridade en accións publicitarias, isto non xustifica que se siga malgastando o diñeiro público nun momento de crise económica e social. A CIG esixe que se poña fin a estas prácticas e que os recursos se destinen a contratación para mellorar os servizos postais e a atender as necesidades reais da poboación.

NON AO PATROCINIO DA VOLTA!!
POR UN CORREO PÚBLICO E DE CALIDADE!!

17 de xul. de 2024

CORREOS invertirá 641.300€ en patrocinar "La vuelta 2024" pero NON HAI CARTOS PARA CONTRATACIÓN!!

 

Un ano máis, e xa van 4 consecutivos, a nosa querida empresa Correos volve a patrocinar "La vuelta 2024". 

Do 17 de agosto ao 8 de setembro, 27 cabezas tractoras e 15 plataformas percorrerán 3.265 quilómetros cargados con máis de 400 toneladas de material para que "La Vuelta 2024" celébrese sen incidencias loxísticas nas súas 42 sedes (21 saídas e 21 metas). Ademais, cubrirán a loxística necesaria nas etapas da rolda española en Portugal.

Correos apadriñará tamén a clasificación por equipos, que premia cada día ao equipo que lidera a clasificación por escuadras. O equipo que lidere esta clasificación lucirá cada día un dorsal vermello co logo de Correos, que distinguirá aos seus corredores como membros da mellor formación do pelotón.

Así, non só seremos o operador loxístico oficial senón tamén o colaborador principal da Volta 24.

Mentras a realidade desta empresa é a seguinte: nas unidades de reparto síguese coa contratación polo chan, asumindo en moitas carterias ata 4 ou 5 seccions, e Correos segue a decir que hai que aforrar...

Aforrar para gastar os cartos en patrocinios sin sentido.  

Dende a CIG preguntámonos: 
  • Canto supón para as arcas de Correos este patrocinio?
Correos invertirá 641.300€

  • Canto diñeiro se recupera nesta inversión?
¿¿¿¿¿?????


- NA GALIZA CONTRATACIÓN XA!! -