15 de maio de 2024
Solicitude de contratación para as eleccións ao Parlamento Europeo
24 de abr. de 2024
A CIG gaña demanda contra Correos por saltarse a orde de chamamento na bolsa de contratación.
11 de xul. de 2023
28 de abr. de 2023
Cambio no funcionamento das Bolsas de Emprego en Correos
25 de abr. de 2023
A CIG presenta escrito ao Director RRHH pola contratación nas eleccións para o 28 de maio.
11 de xul. de 2022
Falta de Contratación e Recargos en Galiza
A CIG Denuncia a política cicatera de contratación que práctica o Xerente de Persoas e Relacións Laborais en Galiza.
Os contratos
realizados neste período estival son totalmente insuficientes para todas as
prazas que están sen cubrir en Galiza. OS recargos se están a multiplicar tanto
en oficinas como no reparto urbano e rural, sendo estes últimos os máis
prexudicados pola suba incontrolada dos carburantes.
O Xerente de Persoas da Área Noroeste demostra un desprezo absoluto aos traballador@s de Correos implantando uns recargos abusivos, que lesionan os dereitos dos compañei@s con percorridos cada vez máis amplos, cargas de traballo inasumibles e cada vez máis esixencias de cumprir cuns obxectivos non negociados. Esta práctica é aínda máis penosa para o pouco e reducido persoal eventual substituto debido nalgúns casos a súa falla de experiencia tanto en reparto como en postos de atención ao público. A estas formas se lle denomina EXPLOTACIÓN LABORAL.
Correos co pretexto da Reforma Laboral reduciu nestes últimos meses a contratación a mínimos nunca vistos en Galiza. Se continúa burlando a Lei porque estamos a constatar como decenas de vacantes estruturais seguen sen ser cubertas por contratos de interinidade, tal e como estipula a Lei.
A CIG ven de
esixir por escrito que se cumpra coa Lei da Reforma Laboral, se formalicen
todos os contratos de vacantes en Galiza e se realicen todos os contratos
necesarios para prestar un servizo de calidade tal e como se espera dun servizo
público.
28 de abr. de 2022
Correos Aplica a Reforma Laboral asinada por CCOO e UGT ás Bolsas de Emprego de Correos
Correos informou ás Organizacións Sindicais que debido á reforma laboral asinada por CCOO, UGT e a Confederación de Empresarios o modelo de contratación que tiña xa non é valido.
Lembremos que esta Reforma Laboral aplaudida polos empresarios non foi asinada pola CIG nin por ningunha outra central sindical por considerala lesiva para os traballadores/as. Tipos de contratos a partires de agora en Correos:
1.- Contratos substitución para cobertura temporal de posto de traballo:
Contratos de prazas vacantes: Será un contrato aberto até a cobertura definitiva do posto por reaxuste, Concurso de Traslados ou Consolidación de Emprego) Se formalizarán uns 4 mil contratos deste tipo e se ofertarán aos primeiros das bolsas aínda que estean con contrato en vigor en cuxo caso poderase extinguir, e sen ter en consideración as rotacións.
2.- Substitución dunha persoa traballadora con dereito a reserva de posto:
Estes contratos se realizarán para cubrir as comisións de servizo, licencias, excedencias, excedencias con reserva de posto, baixas etc. Remata coa incorporación do titular ou extinción da causa que deu lugar á reserva do posto. Estes contratos se ofertarán respectando as rotacións.
3.- Contratos por circunstancias da Produción:
Ø Oscilacións na Actividade: Estes contratos se formalizarán para a cobertura de
vacacións, permisos e incremento da actividade. Su duración non poderá ser superior a 6 meses. Estes contratos se
ofertarán respectando as rotacións.
Ø Situacións ocasionais e previsibles: Esta modalidade de contrato se utilizará para as campañas de Nadal,
campañas electorais, black Friday etc. A
duración máxima destes contratos será de 90 días no ano natural. Estes
contratos se ofertarán respectando as rotacións.
25 de nov. de 2021
Solicitude de Contratación Galiza
A CIG solicita contratación suficiente en Galiza coa finalidade de rematar con todos os recargos para afrontar con garantías a Campaña de Nadal.
Solicitude Contratación Galiza by CIG Correos Lugo on Scribd
12 de mar. de 2021
Concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol
Seguimento masivo no día de hoxe venres 12 de marzo na concentración convocada pola CIG en contra dos recargos en Ferrol
A delegada e Secretaria da Área de Saúde Laboral da CIG Sandra Otero Fernández denunciou diante os medios de comunicación a falla de contratación nesta localidade e a sobrecarga abusiva que está a impor Correos aos carteiros/as de Ferrol e aos de Galiza en xeral.
Agora en Correos non se contrata nin siquera para cubrir o emprego estrutural, permisos, baixas nin nigún tipo de ausencias. Os carteiros se ven na obriga de asumir unha maior carga de traballo e maiores zonas de reparto quedando as veces barrios sen o reparto diario, incumprindo Correos nesta comarca de maneira sistemática a súa obriga como empresa prestadora do Servizo Postal Universal.
24 de mar. de 2020
Contratación
- Todos os contratos que están en Vigor actualmente prorrogaranse 2 meses. Os que por falta de reforzo non poidan 2 meses, faráselles de 1 mes. No mesmo posto, xornada laboral e unidade.
- Todo o persoal que por ser maior de 60 anos, estean retirados do servizo, non se lles ampliará o contrato.
- Os criterios de chamamentos e de non aceptación de contratos serán os mesmos de sempre.









