Amosando publicacións coa etiqueta ELECCIÓNS XERAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ELECCIÓNS XERAIS. Amosar todas as publicacións

18 de xul. de 2023

Eleccións Xerais: Comisión de Seguimento

 

Hoxe día 18 de xullo tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento da campaña de eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro día 23 de xullo. Na reunión de onte Correos facilitou os seguintes datos:

Número de contratos realizados: 21.349 contratos entre reforzo e vacacións.

Número total de solicitudes de voto por correo: 2´622.808 (697.832 tramitadas a través da web e 1´924.976 tramitadas en oficina)

Porcentaxe de documentación electoral entregada ou avisada o 98´2% (a día 18 de xullo)

Dende a CIG criticamos na mesa a falta de previsión e de contratación lamentando que se repetiran os mesmos erros que nas pasadas eleccións Autonómicas e Municipais con contratación de última hora, contratos a persoal de fóra de bolsa sen formación adecuada, falta de medios (EPIS, PDA, Vehículos etc).

Así mesmo denunciamos a utilización fraudulenta dos contratos de reforzo por parte de RRHH da Área Noroeste posto que se empregaron na súa maioría a cubrir vacacións, prazas sen titular etc.

Tamén manifestamos a nosa repulsa contra os ataques á honorabilidade e profesionalidade dos traballadores/as de Correos realizadas por Feijoo e os lideres sindicais de CCOO e UGT.

Dende a CIG resaltamos que as eleccións están saíndo adiante grazas ao compromiso, capacidade de traballo e poder de sacrificio dos traballadores/as de Correos, moitos deles cambiaron as súas vacación para facer fronte ao reto tan importante que tiñamos diante, non podemos dicir o mesmo do Xerente de Persoas da Área Noroeste, que marchou de vacacións, demostrando unha vez máis o compromiso CERO que ten coa empresa.

Tamén puxemos enriba da mesa dous temas importantes para Galiza:

1.- Solicitamos o incremento da indemnización por uso de vehículo particular que pasa de 0,19 céntimos a 0,26 céntimos a partires do día 18 de xullo en toda administración, respectando eses 0,04 céntimos que se pagaban a maiores. Por tanto dende CIG reclamamos que se pague a 0,30 céntimos a indemnización por achega de vehículo en Correos. A CIG foi o único sindicato que o reclamou na Mesa.

2.- O problema grave que temos en Galiza coa empresa de Limpeza. En moitas unidades xa non se poden entrar nos aseos. Correos debe tomar unha decisión sen máis dilación porque pode converterse nun problema de salubridade pública

14 de xul. de 2023

CCOO e UGT entran de cheo na Campaña electoral

 


Parece mentira que uns sindicatos que se auto-denominan de esquerdas entren en campaña electoral en favor do candidato do PP Alberto Núñez Feijoo para que gañe as eleccións xerais.

No seu afán de axudar ao candidato do PP os responsables máximos de CCOO e o aplaudidor de turno responsable de UGT peregrinaron por todos os medios de comunicación alentando a teoría conspiranoica do puxeirazo.

Dende a CIG temos claro que unha cousa é denunciar a falta de previsión e de contratación e outra moi distinta é poñer en dúbida a honorabilidade e profesionalidade dos miles de traballadores e traballadoras de Correos. 

A  guerra política por recuperar o poder perdido en Correos que manteñen estes dous responsables sindicais non pode en ningún caso cuestionar a reputación de miles de traballadores/as que se están a deixar a pel para sacar estas eleccións adiante. A cousa é tan grave que tivo que sair nos medios de comunicación o secretario xeral de CCOO Unai Sordo desautorizando ao responsable de CCOO de Correos.

Dende a CIG queremos recordarvos que o sr. Feijoo conxuntamente co seu único amigo comunista Regino Secretario Xeral CCOO, e Pepe Sayagues, Secretario Xeral de UGT conseguiron:

·      Afastarnos da Administración Pública e converternos nunha Sociedade Anónima de rexistro mercantil.

·      Declararon a extinguir a máis de 40 mil funcionarios/as e que o seu persoal laboral perdera o status de empregado público pasando a rexerse por un Convenio Colectivo como o de calquera empresa privada.

·      Conseguiron que parte das  retribucións dos traballadores/as de Correos  foran variables con criterios de produtividade no lugar de ser fixas.

FEIJOO, CCOO e UGT conseguiron desmantelar unha das maiores empresas públicas para convertela nunha empresa de paquetería lista para ser privatizada.


NON FOI FÁCIL como dixo Feijoo no congreso do PP

PERO O FIXERON!!