Amosando publicacións coa etiqueta Lugo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lugo. Amosar todas as publicacións

24 de maio de 2023

Colapso nas oficinas de Correos de Foz e Monterroso pola política de "cero" contratacións


O sector de Correos da CIG-Administración denuncia o colapso que están sufrindo as unidades de reparto de Foz e Monterroso (que abarca tamén os Concellos de Palas e Antas) debido á acumulación de correo e propaganda electoral sen repartir.

Estas dúas oficinas xa arrastraban problemas de acumulación de envíos “debido á política de contratación cero que aplicada polo novo xefe de sector da provincia”, explica o secretario da CIG-Correos, John Vivanco, quen lamenta que non se adoptaran as medidas oportunas no seu día.

Esta falta de contratación, advirte, non só repercute de xeito negativo na calidade do servizo senón tamén na saúde dos/as traballadores/as. Pon como exemplo a situación da oficina de Foz na que o 80% do cadro de persoal está de baixa.

“Agora estase a contratar persoal a toda présa para tentar resolver un problema grave: está en perigo o reparto da propaganda electoral en prazo e cos niveis adecuados de calidade”, apunta Vivanco. A CIG xa advertiu á empresa que non vai permitir que se presione os traballadores/as destas dúas oficinas para que se traballe fóra da xornada laboral. “Correos debe contratar persoal suficiente e tomar as medidas correctoras para que estes feitos non se repitan”, conclúe.

Notas de Prensa:

La Voz de Galicia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

As nosas Redes Sociais:

23 de feb. de 2018

Aprobada a Moción Presentada no Pleno do Concello de Lugo a iniciativa da CIG pola Defensa dos Postos de Traballo da UR Lugo


Onte aprobouse no Pleno do Concello de Lugo a moción presentada polo BNG a iniciativa da CIG pola defensa dos tres postos de traballo que Correos pretende eliminar coa implantación da reestruturación o vindeiro 27 de febreiro.

A moción foi aprobada por tódolos partidos políticos coa única abstención do Partido Popular que unha vez máis quedou retratado. O PP segue coa súa política de desmantelamento dos servizos públicos e non é un segredo que a súa intención respecto de Correos e a precarización laboral e posterior privatización... por algo nos integraron na SEPI (ente privatizador das empresas públicas).

Agora unha vez aprobada a moción, o Concello de Lugo dirixirá escrito instando ao Presidente da SEPI, ao Ministerio de Fomento e ao Presidente de Correos para que se manteñan os 3 postos de traballo que se suprimiran a partir do vindeiro 27 de febreiro por mor da implantación da reestruturación.

Dende a CIG seguemos reclamando un novo estudo onde se teña en conta entre outros aspectos o crecemento da cidade e o aumento do correo debido ao peche de UNIPOST.

Dende a CIG seguiremos traballando sen descanso na defensa dos dereitos de tódolos traballadores/as de Correos.


28 de set. de 2017

TOMA CASTAÑA!! Correos ofrece en Lugo un servizo de transporte de castañas


As oficinas de Correos de Chantada, Ou Saviñao, Quiroga e Becerreá ofrecerán durante este outono un servizo especial para o transporte de castañas. Estes despachos foron seleccionados polo seu ubicación en zonas de abundante produción deste froito.

Esta iniciativa pretende facilitar os envíos entre os productores locais e os seus compradores, para favorecer o desenvolvemento desta actividade estacional que dinamiza a economía do interior lucense durante o outono.

6 de ago. de 2014

A CIG-Correos denuncia a paralización de reparto de urxentes en A Coruña dende o venres

A CIG Correos denuncia a falta de contratación de traballadores e traballadoras e a escasa implicación dos responsables da empresa "que tratan de botar balóns fóra usando como escudo a imaxe dos carteiros".

A unidade de urxentes de Correos, encargada de telegramas e burofaxes, suspendeu o servizo o pasado venres pola mañá e non o renovou ata hoxe, denunciou o sindicato CIG.

A sección sindical de CIG en Correos de A Coruña explica nun comunicado que ás 07:00 horas do 1 de agosto deixaron de saír os envíos urxentes que tiña Correos.

Ata a mañá de hoxe na unidade de urxentes de Correos de A Coruña "acumuláronse ao redor de 150 burofaxes e telegramas" polo que se incumpriron "deste xeito os prazos de entrega establecidos para estes envíos".


Máis novas premando en: 









13 de xan. de 2012

A CIG gaña sentenza contra Correos por denegación de permisos


A CIG Correos Lugo gana sentenza contra Correos por denegación de permisos. Correos unha vez máis estaban a aplicar a concesión de permisos retribuídos ao seu antollo un deles é o permiso por morte, enfermidade grave, accidente ou hospitalización nos casos de desprazamento a outra localidade en lugar de conceder os 5 ou 4 días, dependendo do grao familiar, daban 2 ou 3 días alegando que a distancia en quilómetros entre as localidades tiña que ser superior aos 40 quilómetros. Dende a CIG defendemos sempre que en ningunha parte do Convenio ou do Acordo xeral vén regulada norma algunha sobre distancia de quilómetros e agora unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo n.º 2 de Lugo dános a razón.

Agora obrigan a Correos a conceder os dous días de permiso que lle restan á compañeira que no seu día en lugar de concederlle os 5 días aos que tiña dereito lle concederon tres alegando a mencionada distancia.

A ver se agora aprenden a respectar polo menos o que asinan.

9 de xan. de 2012

CIG Correos Lugo en loita contra a supresión de postos de traballo

45 NA PROVINCIA DE LUGO EN POUCO MAIS DUN ANO

Coa recente supresión de 7 postos de traballo en Lugo cidade, 4 de reparto a pé, 2 de tráfico interior e 1 ruteiro, xa sumamos 45 prazas eliminadas en total na provincia de Lugo, en pouco mais dun ano. Prazas que non volverán a ser convocadas porque desapareceron da RTP.

Co resultado do estudo de Lugo é a primeira vez que vemos como se eliminan prazas de reparto estando os titulares nelas. Agora temos catro compañeiros que quedaron sen barrio e pasaron a ser suplentes de reparto, con que a contratación verase reducida ainda máis.


COA CIG NA RUA A LOITA CONTINUA!!