Amosando publicacións coa etiqueta Secretaría da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Secretaría da muller. Amosar todas as publicacións

6 de ago. de 2018

Guía de CONCILIACIÓN




Guía Conciliación 2018. consulta a guía actualizada sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación da vida familiar e social.

27 de maio de 2015

A CIG chama a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego este mércores 27 de maio

As protestas terán lugar ás 19:30 horas diante dos xulgados da Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela e Lugo


A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego este mércores 27 de maio ás 19:30 horas diante dos xulgados en repulsa polos asasinatos machistas e a indefensión das vítimas.







Para máis información e para ollar o lugar e hora das concentracións preme aquí: AVANTAR









23 de feb. de 2015

CIG: Concentracións en contra da reforma da Lei do Aborto

A Secretaría das Mulleres da CIG rexeita a reforma 'exprés' da lei do aborto e reivindica o dereito das mozas a decidir



A central sindical chama a participar nas concentracións convocadas para o  luns dia 23 de febreiro en diferentes cidades
O Goberno do Partido Popular materializou o abandono do proxecto de reforma integral da Lei do Aborto poñendo en marcha de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica, o cambio dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento da/os proxenitoras/es. 
Para máis información e para ollar os lugares e horas das concentracións preme AQUI


6 de xuño de 2014

Concentración da CIG diante da Zona I de Correos en COMPOSTELA

Para denunciar a presión exercida polo equipo de dimensionamento que revisou a reforma recentemente implantada sobre todo diante das mulleres na Unidade de Reparto 1 de Compostela


Non podemos calarnos mentras se producen feitos deste tipo. Agardamos que os responsables sexan postos no seu sitio por quen lle corresponde. Senón as protestas seguirán por outros cauces.






7 de mar. de 2012

A secretaría da Muller da CIG convoca concentracións en todas as comarcas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora

Díptico 8 de marzo 2012 1 A secretaría da Muller da CIG convoca para mañá xoves, 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora, concentracións nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Vigo e Compostela, para amosar a súa repulsa fronte a institucións, empresas e mutuas que vulneran os dereitos das mulleres. Terán lugar, todas, arredor das 12:00 horas.
                     As horas e lugares previstos son:
A Coruña, diante de Sykes, na rúa Copérnico- Edificio BCA, 28, Polígono da Grela, ás 12 horas
Ferrol, diante do edificio da Xunta, ás 12:30 horas
Compostela, diante do edificio da Xunta, ás 12 horas
Lugo, diante do Supermercado CEMAR, na rúa Quiroga Ballesteros, 1-3, ás 11:30 horas
Ourense, diante da MUTUA FREMAP ás 12:00 horas
Vigo, diante de POVISA ás 12:00 horas

A secretaría da Muller fai tamén un chamamento a participar na mobilización nacional convocada Baixo o lema “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”, o vindeiro 11 de marzo, ás 12:00 horas, con saída da Estación de Tren de Compostela. Unha manifestación convocvada por diversas organizacións feministas, entre elas, a CIG.

Fonte: Avantar