Amosando publicacións coa etiqueta uniformes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta uniformes. Amosar todas as publicacións

6 de feb. de 2026

VITORIA HISTÓRICA DA CIG NO TRIBUNAL SUPREMO!

 

A XUSTIZA CONFIRMA: O PERSOAL TEMPORAL TEN DEREITO AO MESMO UNIFORME QUE O PERSOAL FIXO

O Tribunal Supremo vén de rexeitar definitivamente o recurso de Correos, confirmando a sentenza da Audiencia Nacional gañada pola CIG. Esta vitoria pon fin a anos de discriminación e recoñece a dignidade de máis de 4.000 traballadores e traballadoras en todo o Estado.

QUE DI A SENTENZA?

✅ É NULA: A práctica de Correos de non dar uniforme aos eventuais é discriminatoria e contraria á lei. 

✅ IGUALDADE REAL: O persoal temporal ten dereito a recibir as mesmas prendas de uniformidade que o persoal fixo ou indefinido. 

✅ LEXITIMIDADE: O Supremo recoñece a capacidade da CIG para defender os dereitos de todo o persoal de Correos a nivel estatal.

QUE PODES RECLAMAR AGORA?

1.ENTREGA DO UNIFORME: Correos está obrigada a darche o fardamento completo dende xa.

2.COMPENSACIÓN ECONÓMICA RETROACTIVA: Podes reclamar os danos e prexuízos causados pola falta de entrega de uniformes dende abril de 2023 ata hoxe. O valor calcularase segundo o prezo oficial das prendas non entregadas.

RECLAMA O QUE É TEU!

Se es traballador/a eventual e non recibiches o teu uniforme dende abril de 2023, tes dereito a unha indemnización.

👉 PONTE EN CONTACTO COA TÚA SECCIÓN SINDICAL DA CIG para recibir o modelo de reclamación e asesoramento personalizado. Non deixes que Correos aforre cartos á conta dos teus dereitos.

POLA IGUALDADE E A DIGNIDADE 
NO EMPREGO PÚBLICO

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!


11 de nov. de 2022

UNIFORMES PARA TODO O PERSOAL


NON A DISCRIMINACIÓN 

CO PERSOAL CONTRATADO


Non se pode seguir permitindo que as compañeiras e compañeiros eventuais teñan que andar mendigando a roupa de traballo
  • É contraditorio que sexa unha falta grave e que correos se negue a dar roupa a estas compañeiras e compañeiros
  • O comportamento de CORREOS é contrario o artigo 14 da Constitución
  • Non dar o uniforme dana a imaxe da empresa e crea inseguridade ahora de identificarse diante da cidadanía.
A CIG acaba de denunciar a Correos reclamando que se poña fin a esta discriminación

Un instrumento eficaz na defensa da clase traballadora

C.I.G-CORREOS