Amosando publicacións coa etiqueta substitución mandos intermedios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta substitución mandos intermedios. Amosar todas as publicacións

17 de dec. de 2025

Programa de Substitucións de Xefaturas Intermedias


Correos publica en Conecta as bases da Convocatoria do Programa de Substitucións de Xefaturas Intermedias.

Nelas recóllense, entre outras cuestións:
  • As condicións e requisitos de participación
  • As datas de inscrición
  • A data de valoración de méritos
  • O procedemento do proceso selectivo
INSCRICIÓN: Do 12 ao 21 de xaneiro de 2026.

⚠️ NOVA ESIXENCIA IMPORTANTE

Será requisito indispensable ter completada, antes do 31 de marzo, toda a formación obrigatoria de normativa vinculada ao posto actual.

👉 Recomendámosche comprobar no teu perfil do Campus Virtual o teu itinerario formativo para verificar se che falta algún curso.
  • Se tes formación pendente, podes realizala de inmediato desde o teu posto de traballo, accedendo á icona Formación.
  • O persoal de oficinas atopará os cursos en “Os meus cursos” do Campus Virtual.
  • O persoal de distribución e centros deberá acceder desde a PDA, entrando na icona Formación e seleccionando Distribución ou Centros, segundo corresponda.
PROGRAMAS E ÁMBITOS

A convocatoria estrutúrase en tres programas diferenciados e por provincias:
  • Substitucións Centros: Xefaturas de Unidade e Xefaturas de Equipo
  • Substitucións Distribución: Xefaturas de Unidade e Xefaturas de Equipo
  • Substitucións Negocio Minorista e Servizos: Direccións de Oficina e Xefaturas de Equipo
📌 Só se pode solicitar inscrición:
  • Na provincia na que esteas destinado/a.
  • Nun único ámbito.
INSCRICIÓN

A inscrición realizarase a través de eTalent. É necesario:
  • Rexistrarse previamente
  • Cubrir todos os apartados
  • Achegar as titulacións académicas ou de idiomas
⚠️ Non é necesario subir os cursos.

Se obtés unha acreditación de idiomas con data posterior á inscrición:
  1. Debes incorporala en eTalent
  2. Comunicalo ao correo:

Dispoñibilidade provincial

As persoas candidatas deberán manifestar a súa dispoñibilidade para realizar funcións en toda a provincia.

Este ano, aínda que se indique non dispoñibilidade provincial, Correos comprobará se na unidade non hai persoal no programa de substitucións. De ser así, continuará o proceso de selección e formación.

Formación

As persoas inscritas que estean en activo ao inicio das accións formativas recibirán, por parte de Correos, os cursos valorables a través do Campus Virtual.

---------------------------------------------------------------------------------

👥 Quen pode participar?

Persoal laboral fixo (Grupo IV) e persoal funcionario (C1, C2 e E) en postos operativos, con:
  • Bacharelato, FP II ou equivalente (Grupo III)
  • Ou coñecementos, experiencia e aptitudes equivalentes
📌 Requisito indispensable

✅ Ter completada a formación obrigatoria do posto actual antes do 31/03/2026

📝 Inscrición

📅 Do 12 ao 21 de xaneiro de 2026
💻 A través de eTalent
🎓 Méritos xerais
⏰ Valorados na data de inscrición:
  • Titulación universitaria oficial
⏰ Valorados a 31/03/2026:

📚 Cursos comúns
  • E-Commerce e paquetería
  • Excel básico para MMII
  • Portal do Mando RU
  • Iniciación ao Liderado
📚 Cursos específicos
  • Negocio Minorista e Servizos: IGNIS Reclamacións
  • Distribución e Centros: Ferramentas Flota
🌍 Idiomas
  • Lingua oficial da Comunidade
  • Inglés:
    1. A2 para Distribución e Centros
    2. B1 para Oficinas
🧠 Méritos específicos
  • Avaliación da carreira profesional
  • Postos desempeñados
Probas específicas:
✔️ Test online de aptitudes
✔️ Test de contidos postais
✔️ Dinámica de grupo

🎯 Formación e prácticas
  • Formación online e presencial
  • Prácticas en posto de traballo
Obrigatorio realizar mínimo 30 días de substitucións nun prazo de 2 anos.

15 de nov. de 2022

CORREOS CONVOCA O PROGRAMA DE SUBSTITUCIÓNS DE XEFAS/ES


Destinado ao persoal funcionario de carreira, pertencente aos subgrupos de titulación C1, C2 e E adscritos a postos operativos, ou persoal laboral fixo no grupo profesional IV do III Convenio Colectivo.

2 de nov. de 2021

SUSTITUCIÓNS EN XEFATURAS INTERMEDIAS 2022

 

Ø Inscrición: A través da Web ou da intranet corporativa- 


https://conecta.correos.es/personas/Paginas/DesarrolloProfesional.aspx

Ø Prazos:Do 4 o 13 de Novembro ambos incluídos.

Ø Areas de distribución, oficinas e loxística

o   Convocatorias en tódalas Provincias 

Ø Destinatarios: persoal laboral fixo e funcionarios con posto definitivo no Grupo IV Operativos(Administrativos, ATC,Reparto e Axentes)

Ø Proceso selectivo:


§    Proba de coñecementos sobre tarefas propias do posto.

§    Proba de aptitudes e competencias nas que se determina o perfil do candidato ou candidata, para o desempeño do posto.

§   O desenrolo  das probas será na súa maior parte online.


Ø Méritos:Titulación académica ou coñecementos e  experiencia adquiridos en desempeño equivalente, coñecemento de procesos, dirección de equipos, coñecementos de lingua autonómica e de ofimática, dispoñibilidade horaria , posesión de carné e vehículo propio.

Ø Cursos de formación:


§  Distribución: Portfolio de produtos,Excel Básico e Sgie PDA.

§  Oficinas: Portfolio de produtos, Excel Básico e Técnicas de venta I.

§  Loxística:  Portfolio de produtos,Excel Básico e Paquetería.

 

RECLAMAMOS QUE VERDADEIRAMENTE SEXAN PROCESOS TRANSPARENTES ONDE SE VALORE MÉRITOS E CAPACIDADES DE MANEIRA OBXETIVA.


2 de out. de 2020

Programa de Substitución de Xefaturas Intermedias

 

Convocatoria do “PROGRAMA DE SUBSTITUCIÓNS” que dará cobertura ás substitucións para os postos do Grupo Profesional III -Xefaturas intermedias- nas Áreas de Distribución, Oficinas e Loxística.

Quen pode participar: Persoal Laboral Fixo e Funcionario con posto defenitivo no Grupo IV de Opereativos.

PRAZO DE INSCRICIÓN 

Dende o día 07 de Outubro ata o 16 de Outubro de 2020 a través da páxina Web www.correos.es e de Conecta.

- As praza ofertadas serán para os seguintes ámbitos:

LOXÍSTICA, DISTRIBUCIÓN e OFICINAS.

Ø Realizarase unha proba de coñecementos sobre as tarefas propias do posto e de aptitudes e competencias na que se determina o perfil do candidato segundo a área que se solicite.

Ø  O desenvolvemento das probas de se realizará entre os meses de novembro, decembro e xaneiro. A maior parte do proceso se realizará vía online.

-     Os cursos de formación que se van a valorar son os seguintes:

Ø Para os postos de Loxística: Porfolio de Produtos, Excel Básico, e Paquetería

Ø Para postos de Distribución: Porfolio de Produtos, Excel Básico e SIGIE /PDA.

Ø Para postos de Oficinas: Técnicas de Vendas, Porfolio de Produtos e Excel Básico. 

EN CANTO AOS CURSOS DE FORMACIÓN PUNTUABLES PARA ESTE PROCESO, CORREOS OS VAI A OFERTAR A TODOS/AS OS PARTICIPANTES DESTE PROCESO.