Amosando publicacións coa etiqueta xubilacións parciais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xubilacións parciais. Amosar todas as publicacións

21 de set. de 2023

Xubilacións Parciais



Resolto o proceso de xubilacións Parciais. Se presentaron 775 Solicitudes das cales 189 Non Cumprian cos requisitos.

586 SÍ cumpriron cos requisitos

334 Concedidas

252 Non se conceden

Concedidas:

1 por razones Organizativas

45 por razones médicas

288 por idade

Último/a xubilación concedida por idade 7/02/1960

Correos comunicará por email entre hoxe e o luns a todos/as os participantes a sua concesión ou denegación.

2 de xuño de 2023

Reunión Comisión emprego central: Excedencias voluntarias incentivadas e xubilacións parciais contrato relevo.

 


No día de onte reuníronse en Madrid os sindicatos asinantes coa empresa para resolver a convocatoria de Excedencias voluntarias incentivadas (Funcionarias/os) e xubilacións parciais contrato relevo (Laborais)

Resumo do acontecido onte en Madrid:

EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS 
(Persoal funcionario)

✅ TOTAL SOLICITADAS: 407 

✅ TOTAL CONCEDIDAS: 103 

 ➡️ POR IDADE: 76 

 ➡️ CONDICIÓNS PSICOFÍSICAS: 25 

 ➡️ ADECUACIÓN ORGANIZATIVA: 2 

- CORREOS CHAMARÁ PERSOALMENTEA CADA SOLICITANTE, 
CONCEDERANLLE OU NON 


XUBILACIÓNS PARCIAIS CONTRATO RELEVO
(Persoal Laboral)

 ✅ TOTAL SOLICITADAS: 774 

➡️ NON CUMPREN: 67 

➡️ PENDENTE VALIDACIÓN DO INSS: 707 
✔️ Non hai prazo establecido. 

   - UNHA VEZ MÁIS OS SINDICATOS ASINANTES 
(CCOO, UGT, CSIF E SL) NON NEGOCIAN, E VOLVEN 
A DAR POR BO TODO O QUE DI A EMPRESA -

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

As nosas Redes Sociais:


20 de abr. de 2023

Xubilacións parciais anticipadas 2023: aberto o prazo de solicitudes



Se es persoal laboral a tempo completo e reúnes os requisitos necesarios, poderás presentar a túa solicitude desde o xoves 20 ao venres 28 de abril de 2023, ambos inclusive.

Para presentar a túa solicitude, accede ao formulario activo desde hoxe no apartado de Convocatorias do Canle Persoas en CONECTA.

Requisitos para acollerte ao programa, que deben cumprirse ao 1 de outubro de 2023:

17 de feb. de 2022

Xubilacións Parciais Anticipadas


Correos informou que se recibiron  400 solicitudes, das cales 348 pertencen ao persoal operativo (154 reparto a moto; 120 reparto a pé; 40 axente; 43 atención ao cliente; 1 limpador); 49 a xefaturas intermedias e 2 ao persoal técnico superior.

Correos calcula que poderá conceder unhas 310 das solicitudes cun ORZAMENTO de 4.165.166 €  autorizado por Facenda.

Correos comunicará por correo electrónico a cada un dos solicitantes o estado actual da súa solicitude.

As OOSS están convocadas a unha nova reunión o luns, 21 de febreiro.

A CIG esixe que se concedan todas as solicitudes que cumpran cos requisitos

9 de dec. de 2021

Programa de Xubilacións Anticipadas (Só persoal Laboral): Prazo de Presentación de Solicitudes

 


Pode presentar a solicitude o Persoal Laboral a tempo completo que cumpra cos seguintes requisitos a 1 de xaneiro de 2022:

  • Ter traballado nos últimos 6 anos en Correos.
  • Ter 62 anos e 2 meses e un mínimo de 35 anos e 6 meses cotizados.
  • Ter 63 anos e 4 meses e un mínimo de 33 anos cotizados.
    Se, se trata de empregados con discapacidade igual ou superior ao 33% a cotización sería de 25 anos.
Prazo presentación de Solicitudes:

Dende o 10 de xaneiro ao 21 de xaneiro ambos incluídos

O vindeiro día 10 de xaneiro estará dispoñible toda a documentación relativa á solicitude na intranet corporativa.

É conveniente que todos os interesados/as consulten as condicións e aclaren as súas dúbidas coa Seguridade Social.

A situación de xubilación parcial permite acceder a unha redución de xornada a través da formalización dun contrato a tempo parcial, compatible coa pensión recoñecida pola Seguridade Social proporcional á xornada de traballo.

  • Redución de Jornada: 75% respecto da xornada completa dun traballador comparable.
  • Prestación de Servicios: A xornada completa, de maneira acumulada, dende o inicio da xubilación parcial até completar o 25% das horas/días ata a xubilación definitiva.
  • Posto de Traballo: O mesmo que desempeñaba no momento da solicitude.
  • Retribución: A retribución mensual será proporcional ao tempo da xornada laboral do 25%. Esta retribución é compatible coa pensión que a Seguridade Social recoñeza ao traballador en concepto de xubilación parcial, do 75% da pensión recoñecida até chegar a idade ordinaria de xubilación.

29 de xul. de 2021

XUBILACIÓNS ANTICIPADAS PARA 2022


 Correos conta cun orzamento superior aos 4 millóns de euros para poñer en marcha as xubilacións parciais (persoal laboral) e as excedencias incentivadas (persoal funcionario) no 2022.

 As xubilacións parciais van ir vinculadas á formalización dun contrato de substitución. A empresa presentou as condicións xerais cos requisitos e criterios que se van a aplicar.

XUBILACIÓNS PARCIAIS: REQUISITOS DO SOLICITANTE: IDADE E ANOS DE COTIZACIÓN

•           Ter 62 anos e 2 meses e un mínimo de 35 anos e 6 meses cotizados.

•           Ter 63 anos e 4 meses e un mínimo de 33 anos cotizados. Se se trata de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% o mínimo de cotización é de 25 anos.

•           Prestar servizos en Correos durante polo menos 6 anos ininterrompidos e inmediatamente anteriores á data de xubilación parcial.

•           A redución da xornada para a xubilación parcial será do 75%.

•           O xubilado parcial acumulará o tempo de presenza efectiva de servizos que se prestará ao principio da nova situación nun único período ininterrompido.

•           O posto de traballo que desempeñará o xubilado a tempo parcial será o que veña desempeñando no momento da solicitude da xubilación parcial.

PROCEDEMENTO

O traballador/a que desexe adherirse ao programa de excedencias incentivadas deberá presentar a solicitude en tempo e forma. As solicitudes se presentarán antes de rematar o 2021, pero a data está aínda por definir.  

O traballador/a seleccionada para unha xubilación parcial deberá solicitar persoalmente a pensión de xubilación ante o INSS, indicando a data prevista de xubilación. A NON aceptación por parte do INSS da prestación de xubilación parcial por calquera causa anulará todo o proceso.

Os criterios preferentes para a concesión das xubilacións parciais ademais dos legais serán:

1.         As condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.

2.         As adecuacións organizativas dos postos de traballo.

3.         A idade da persoa traballadora.

4.         A antigüidade en Correos.

FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS DE SUBSTITUCIÓN

 Os contratos que se formalicen por mor da concesión das Xubilacións parciais se realizarán cos aprobados na consolidación de emprego de 2019.

EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS

Poderán solicitalas os funcionarios/as de tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que ocupen.

Incluirase, como criterio preferente para a súa concesión, as condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.

16 de xuño de 2021

Mesa Sectorial: Proposta para a achega de Vehículos aos Servizos Rurais - Xubilacións Parciais para o Persoal Laboral

 


-       PROPOSTA PARA A ACHEGA DE VEHÍCULO AOS SERVIZOS RURAIS CON CARÁCTER VOLUNTARIO.

Decepción polo escaso contido da xunta, xa que o único que teñen determinado é que van a facer unha enquisa non aportando ningún tipo de documentación.

Coa enquisa que non será vinculante Correos quere determinar o numero de rurais que estarían dispostos a solicitar o vehículo para saber cantas furgonetas serían precisas.

Aínda que a idea inicial seria chegar a todos os rurais isto iria por etapas xa que é difícil chegar a todos en un primeiro momento. A enquisa elaborarase durante os meses de xullo, agosto e setembro para  que todo o mundo que queira participe e non o colla de vacacións.

Unha vez se teña a enquisa elaboraranse os criterios para a substitución dos vehículos, ben por distancia, volume de paquetería, zonas xeográficas, etc. En principio non cambiaran as condicións dos postos de traballo salvo as retributivas no tocante a indemnizacións por achega de vehículo.

Dende a CIG SOLICITAMOS:

·       Que a entrega destes vehículos se faga coa maior celeridade posible.

·       Que o criterio para a súa entrega sexa única  e exclusivamente o de xustiza, é dicir: que se entregue a todos os rurais que así o soliciten.

·       Que mentres non se faga a substitución dos vehículos se actualicen os suplidos  por achega de vehículo (conxelado dende o 2011 grazas aos sindicatos CCOO, UGT, SL e CSIF asinantes do Convenio e Acordo Xeral)

 

-       XUBILACIÓNS PARCIAIS (Persoal Laboral) 

Na reunión Correos informounos que a SERETARIA DE ESTADO DE PRESUPOSTOS E GASTOS  aprobou para Correos as “Xubilacións parciais vinculadas a contratos de relevos”.

Correos di que empezará cos tramites o máis rápido posible.

Requisitos para acceder ás xubilacións parciais: ter cumpridos 61 anos e 10 meses con 35 anos cotizados ou ter 62 anos e 8 meses e 33 anos rexistrados na Seguridade Social cunha antigüidade mínima de 6 anos ininterrompidos en Correos inmediatamente anteriores á data da xubilación. 

O tanto por cento de redución de xornada para a xubilación parcial anticipada será do 75%: o xubilado parcial acumulará o tempo de prestación efectiva de servizos de todo o período da xubilación parcial ao principio da nova situación. O contrato realizaráselle a un traballador desempregado ou que tivese concertado con Correos un contrato dunha duración determinada.


13 de dec. de 2019

Correos presenta criterios e requisitos para xubilacións parciais con contrato de substitución



Na reunión da Comisión de Emprego Central celebrada o pasado día 11 de decembro Correos informou sobre a implantación do Plan de Xubilacións Parciais con contrato de substitución.

As xubilacións parciais van ir vinculadas á formalización dun contrato de substitución. A empresa presentou as condicións xerais cos requisitos e criterios que se van a aplicar, indicando que están pendentes da autorización das mesmas por parte da  SEPI o Ministerio de Facenda, o Ministerio de Traballo ou os legalmente preceptivos en cada momento.

XUBILACIÓNS PARCIAIS: REQUISITOS DO SOLICITANTE: IDADE E ANOS DE COTIZACIÓN

           Ter 61 anos e 10 meses e un mínimo de 35 anos cotizados.
           Ter 62 anos e 8 meses e un mínimo de 33 anos cotizados, neste suposto se se trata de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% o mínimo de cotización é de 25 anos.
           Prestar servizos en Correos durante polo menos 6 anos ininterrompidos e inmediatamente anteriores á data de xubilación.
           A redución da xornada para a xubilación anticipada será do 75%.
           O xubilado parcial acumulará o tempo de presenza efectiva de servizos que se prestará ao principio da nova situación nun único período ininterrompido.
           O posto de traballo que desempeñará o xubilado a tempo parcial será o que veña desempeñando no momento da solicitude da xubilación parcial.

Os criterios preferentes para a concesión das xubilacións parciais ademais dos legais serán:

1.         As condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.
2.         As adecuacións organizativas dos postos de traballo.
3.         A idade da persoa traballadora.
4.         A antigüidade en Correos.

FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS DE SUBSTITUCIÓN

 Os contratos que se formalicen por mor da concesión das Xubilacións parciais ofertaranse ás persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- O  relevista debe ser un traballador/a en situación de desemprego ou que tivese concertado un contrato con Correos de duración determinada.
- O  relevista deberá reunir as condicións  psicofísicas necesarias para o desempeño do posto de traballo, segundo criterio dos servizos médicos de Correos.

CRITERIOS ORZAMENTARIOS

O número e contía de xubilacións parciais que se vaian a conceder, estarán limitadas aos orzamentos anuais autorizados.

PROCEDEMENTO.

A empresa establecerá, tras a súa aprobación, un procedemento para a xestión das xubilacións parciais e os contratos de substitución, onde en todo momento garantirase o cumprimento da normativa laboral e de Seguridade Social.

EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS

Poderán solicitalas os funcionarios/as de tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que ocupen.
Incluirase, como criterio preferente para a súa concesión, as condicións  psicofísicas da persoa traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.