Reunión da Mesa
Sectorial, con presenza de CIG, para desenvolver a Promoción Interna, para o persoal
funcionario.
- NÚMERO DE
PRAZAS convocadas: 20 prazas para o Subgrupo A1, 50 prazas para o Subgrupo A2,
300 prazas para o Subgrupo C1 e 25
prazas para o Subgrupo C2. Reserva dun
7% de prazas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
Correos procedeu a remitir as bases ao BOE para a súa
publicación.
O PRIMEIRO
EXERCICIO se realizará: ANTES DO 30 DE ABRIL DE 2021 PARA TODOS OS SUBGRUPOS.
(sempre que a situación sanitaria o permita)
- INSCRICIÓN E
PAGO DE TAXAS: 20 DÍAS HÁBILES contados desde a publicación no BOE das Bases
específicas. Para efectuar o pago das taxas, os interesados/as deben presentar
o orixinal da solicitude en calquera entidade bancaria, caixa de aforros ou
cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na
recadación tributaria. As TAXAS para ABONAR SON:
- Subgrupo A1:
15,25 euros
- Subgrupo A2:
11,44 euros
- Subgrupo C1: 7,64 euros
- Subgrupo C2: 5,72 euros
Os interesados/
as no proceso deberán cumprimentar o modelo de solicitude 790 dispoñible na
intranet de Correos;
https://conecta.correos.es. Unha vez feito isto e pagadas as taxas,
presentarán a solicitude nas Unidades Provinciais de Recursos Humanos de
Correos; por correo certificado á Dirección de Persoas e Relacións Laborais;
Área de Ordenación e Planificación de
RR. HH., C/ Vía de Dublín, nº 7,
planta 5ª, 28070 Madrid, ou por Procedemento Administrativo Común.