Amosando publicacións coa etiqueta Axudas Xunta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudas Xunta. Amosar todas as publicacións

26 de feb. de 2016

CIGcorreos: Xa se pode solicitar praza nas escolas infantís de 0-3 anos da Axencia Galega de Servizos Sociais

Poderanse presentar as peticións de renovación ou novo ingreso até o vindeiro 25 de marzo

A Secretaría das Mulleres da Confederación Intersindical Galega (CIG) informa que se vén de abrir o proceso para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís de 0 a 3 anos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, para o curso 2016/17. Dende a central sinalan que na mesma resolución tamén se regula a solicitude do Bono Concilia (anterior cheque infantil), dirixido ás persoas solicitantes que non obteñan praza nestas escolas.



Para máis información preme AQUí
Publicación no DOG preme AQUÍ



25 de feb. de 2015

Aberto o prazo de preinscrición nas escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais



Poderanse presentar as solicitudes de renovación de praza ou novo ingreso até o vindeiro 25 de marzo


 A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo para a renovación ou solicitude de novo ingreso nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2015/16. O curso escolar dará comezo o día 4 de setembro.

Para máis información preme AQUÍ


3 de feb. de 2015

Axudas por fillos e fillas menores de 3 anos para 2015 da Xunta de Galicia

Prazo de presentación : 03/02/2015 - 14/03/2015.
Corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Para unha información máis completa, para ver a normativa e máis os requisitos e documentos que tes que aportar olla esta páxina da sede electrónica da Xunta de Galicia:  Preme AQUÍ. 


28 de abr. de 2014

Convocatoria cheque infantil para escolas que non son públicas

No DOG do 25-04-2014 saíu publicada a ORDE do 21 de abril de 2014 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís de 0-3 anos, non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria.


Para ver o DOG prema  AQUÍ


18 de mar. de 2014

Apertura do prazo para solicitar a prestación por fillo/a menor de 3 anos (360€)

Dende hoxe até o 26 de abril poderán achegar a solicitude aquelas persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillos ou fillas adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

- Podedes consultar as bases no DOG nº 52 do 17 de marzo de 2014


3 de xul. de 2013

Publicada a resolución de axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

A Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no DOG a resolución de axudas dirixidas aos homes e familias monoparentais, en que a persoa solicitante, home ou muller, sexatraballador/a por conta allea, e que durante o pasado ano se acolleron a unha redución da súa xornada laboral para o coidado de fillos ou fillas menores de 3 anos.
As axudas, destinadas á conciliación da vida familiar e laboral e como medida de fomento da corresponsabilidade, serán concedidas aos traballadores por conta allea ou familias monoparentais, que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.

Para ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos e un máximo de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

Os formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.es). O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza (DOG do 1de xullo de 2013).

 Para descargar a resolución do DOG prema aquí




10 de xuño de 2013

Convocadas as Axudas da Xunta de Galicia para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014


Diario Oficial de Galicia nº 103 de data 31/05/2013

1 - ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014

Para acceder o DOG de 31 de maio de 2013, prema AQUI

4 de abr. de 2013

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos


A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2013. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.
Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro 11 de maio.

No seguinte enlace podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude.

22 de feb. de 2013

Aberto o prazo de preinscrición e renovación nas escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Consellaría de Traballo e do Consorcio

Poderanse presentar as solicitudes para os centros até o 21 de marzo

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de presinscrición nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se mantén a suba das taxas aprobada o pasado ano, a pesar do empeoramento da situación socioeconómica.
Para máis información PREME AQUÍ

5 de xuño de 2012

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA


 

 

Publicada no DOG do 1 de xuño a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria destas axudas destinadas ó alumnado de primaria, secundaria obrigatoria e educación especial dos centros públicos para o curso escolar 2012-2013.

Para máis información e para ollar a Orde da Consellería PREME AQUÍ

2 de mar. de 2012

Aberto o prazo de preinscripción nas escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Consellaría de Traballo e do Consorcio

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
Poderán solicitar praza as nais, pais ou representantes legais dos/as nenos/as residentes en Galiza, e que teñan nacido no momento de presentar a solicitude, que cumpran o requisito de teren cumpridos os tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2012.

Os nenos e as nenas escolarizados/as durante o curso 2011-2012 en calquera das escolas infantís da Consellaría terán dereito preferente á renovación da súa praza. As/os nenas/os matriculadas/os en xornada de tarde só poderán reservar praza nese mesmo horario.

Hai que ter en conta que este ano a Xunta unificou nunha mesma solicitude a renovación, o novo ingreso, xunto co cheque infantil.

As solicitudes presentaranse nos rexistros únicos das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a persoa solicitante ou ben en formato electrónico a través da sede da Xunta de Galiza no enderezo: https://sede.xunta.es.

O prazo para a presentación das solicitudes tanto de reserva de praza como de novo ingreso será desde o día 1 ao 31 de marzo, ambos os dous incluídos.

Consulta o DOG no que aparece publica a orde que regula este procedemento. Tamén podes obter máis información visitando as webs escolasinfantis.net ou www.igualdadebenestar.org

Consulta aquí a noticia da Secretaría valorando as novas taxas das escolas infantís.

15 de feb. de 2012

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores.

A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración da renda correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro luns 26 de marzo.
No arquivo adxunto podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude.

As bases no Diario Oficial de Galicia  DOG

Extraído do boletin da CIG Avantar