Amosando publicacións coa etiqueta Correos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Correos. Amosar todas as publicacións

6 de xul. de 2022

CURSO ON-LINE “CORREOS EN EL ÁMBITO RURAL” 20 Mil Prazas Ofertadas

 

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición: do 07 de xullo ate o 13 de xullo

Inscrición: dende o campus virtual

https://formacion.correos.es/

Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com

25 de maio de 2022

Correos elimina o único rexistro que quedaba en Galiza e non contratará persoal este verán

 


Delegadas e delegados da CIG-Correos concentráronse esta mañá diante do edificio da entidade na rúa do Franco, en Compostela, para denunciar a supresión do rexistro de Santiago, o último que quedaba e Galiza. Lembran que o rexistro é un canle de comunicación entre empresa e traballadores/as e que agora para dirixirse ou tramitar de forma oficial calquera solicitude deberán gastar os cartos nun envío por procedemento administrativo. Consideran que esta decisión discrimina ao persoal de Galiza respecto do de outras comunidades autónomas, nas que si hai rexistro.

Xunto a isto, as delegadas e delegados denunciaron que o recorte de servizos, debido á falta de contratación, se verá agravado este verán. Segundo explica John Vivanco, responsábel nacional do sector, “a empresa escúdase na baixada do volume de traballo e tamén na dificultade de realizar contratos coa reforma laboral. Escusas para non cubrir as prazas vacantes, nin contratar por baixas, vacacións ou por calquera outra circunstancia”.

O resultado é, segundo Vivanco, que “vemos barrios sen repartir e a carteiros multiplicándose por varias seccións de reparto coa conseguinte mingua na calidade do servizo”.  Fronte a isto denuncia que Correos gasta centos de miles de euros en propaganda duns servizos de banca, pago de tributos ou venda de produtos, entre outros, “que logo non se poderán realizar por falta de persoal e nalgúns casos tamén pola falta de produtos nas oficinas”.

Medre da precariedade

O precario mantemento na flota de vehículos de correos (rodas gastadas, pantallas das motos raiadas, limpa parabrisas en mal estado…) é outra das eivas que, segundo denuncia a CIG-Correos, están a sufrir diariamente os traballadores/as de Correos, ademais do mal funcionamento dos sistemas informáticos nas oficinas e no reparto (PDA) que se bloquean acotío xerando colas e queixas nos usuarios e usuarias destes servizos.

Xunto a isto Vivanco cuestiona o exceso de xefaturas. “Cada vez son máis en comparación ao número de postos base”, afirma e engade que “recentemente nomearon a outros mil postos de xefatura co que xa van preto dos 10.000”.

En canto a retribucións económicas o colectivo de traballadores/as de Correos tamén sofre unha considerable perda de poder adquisitivo acumulada, neste caso, desde o ano 2011 con conxelacións salariais e subas por debaixo do IPC, sumado á non actualización do suplido por achega de vehículo para o persoal rural e á penalización e descontos nas baixas ao persoal laboral.

A isto Vivanco engade a falla de transparencia nas bolsas de contratación, outro dos problemas que arrastra a empresa, “pois non son accesíbeis para os candidatos/as que as compoñen, impedindo así o control das mesmas ou posíbeis chamamentos indebidos. Non se pode saber quen están na bolsas e o máis grave é que nin sequera o saben os propios integrantes das bolsas”.

Diante desta situación desde a CIG-Correos denuncian que o persoal “está farto de tanta presión e de esixencias de obxectivos de venda” e esixe “poder traballar en condicións dignas” ademais da equiparación de dereitos co resto do persoal da administración xeral do Estado, recuperación do poder adquisitivo, incremento do suplido por aportación de automóbil e un catálogo de enfermidades profesionais, entre outros.

26 de abr. de 2022

20.000 Prazas para o curso "Conceptos básicos de primeiros auxilios"

 


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición: do 26 de abril ate o 2 de maio

Inscrición: dende o campus virtual

http://formacion.correos.es/

Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de maio e xuño os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo 

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com


22 de dec. de 2021

Novo Modelo de Carteria

 


Na reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral do día 19 de outubro Correos informou a todas as OOSS que o novo modelo de carteria era unha proba piloto que comezaría no mes de novembro en 14 unidades de reparto a nivel nacional. Sen embargo de xeito sorprendente sen consulta nin información previa a partir do día 15 de decembro este novo sistema se implantou progresivamente en  200 unidades a nivel estatal.

A CIG tanto na Mesa da Comisión Estatal de Saúde Laboral como na Mesa Sectorial solicitou a paralización inmediata da implantación deste cambio nas condicións de traballo do persoal de reparto.

Os traballadores/as preguntan se Correos pode facer estes cambios na organización do traballo?

Lamentablemente a resposta é que Si, porque así esta establecido no artigo 29 do  III Convenio Colectivo que di textualmente que: A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

Lembremos que o III Convenio foi asinado por CCOO e UGT e NON pola CIG porque como explicamos no seu día era lesivo para os intereses dos traballadores/as.

Agora estes sindicatos intentan eludir a súa responsabilidade mentindo e confundindo aos traballadores/as votando as culpas a outros,  pero a realidade de porque estamos así é que levan anos asinando Convenios (incluso un deles a escondidas nun hotel) dando carta branca a Correos para que fixera o que quixera a cambio de miles de horas de liberación (así vemos como non collen nas seccións sindicais) e cartos para a formación.

Outro exemplo claro das montaxes e falacias destes sindicatos é que na Declaración sobre o Plan Estratéxico, documento non vinculante asinado pola  CIG, NON figura nin un só punto sobre o desmantelamento das carterias. Unicamente dende a máis ampla inxenuidade se pode un tragar tan falsa afirmación.

A CIG está rotundamente en contra do novo modelo de carteria que elimina mobiliario necesario, como son as mesas e cadeiras para realizar as tarefas diarias de clasificación e embarriado, e que elimina as seccións e distritos.

Dende a CIG tomaremos todas as medidas necesarias na defensa dos traballadores/as e apoiaremos todas aquelas medidas que se acorden coa finalidade de reverter esta situación. Así mesmo presentaremos denuncias nas Inspeccións de traballo onde Correos non cumpra en realizar as avaliacións de riscos preceptivas.

A CIG é a primeira Forza sindical en Galiza grazas ao apoio dos traballadores/as que son coñecedores que a CIG non se vende nin se lucra cos expedientes de regulación de emprego como fixeron alg úns CCOOmpañeiros e oUGTros e tampouco negocia ás costas dos traballadores/as.


14 de dec. de 2019

A CIG DEFENDE A TRANSFERENCIA DE CORREOS Á XUNTA



... suporía unha mellora substancial para os traballadores e as traballadoras de correos, sorteando deste xeito o illamento actual que este colectivo ten co resto do persoal da Administración Pública.

Todo o artigo picando aquí.