Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2023

QUEREMOS GALEGOS: MOBILIZACIÓNS 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                             

MANIFESTO:

40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública. Os avances para a lingua conseguidos pola acción do movemento social pola lingua encontráronse coa pasividade, cando non coa oposición, das institucións, nomeadamente daquelas que teñen obriga de promovela e defendela.

Para seguir lendo o MANIFESTO prema AQUÍ

12 de maio de 2014

Queremos Galego!! O 17 de maio Defendamos o noso idioma

O vindeiro sábado 17 de maio, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, convídanos a multiplicar por 8 a defensa da nosa lingua, participando nalgunha das 8 mobilizacións que en toda Galiza convoca a Plataforma (A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo e Foz).
A CIG, como parte integrante da Plataforma Queremos Galego!, anímate, a defenderte das agresións, tamén das agresións á nosa lingua. Pois, como di o texto do manifesto elaborado por Marica Campo para esta ocasión: “non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego”.
Achegamos o manifesto que se vai ler nos 8 actos do vindeiro sábado 17 de maio ás 12h nos seguintes lugares:

§        A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
§        Ferrol: Praza de Armas.
§        Santiago: Porta Faxeira.
§        Pontevedra: Praza da Peregrina.
§        Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte.
§        Ourense: Alameda (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor).
§        Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).
§        Foz: Praza do Conde de Fontao.

Para ler o manifesto prema AQUI


20 de maio de 2013

Miles de persoas proclaman que “Non queremos ser estranxeiras na nosa Patria. Queremos galego!”


Miles de persoas chegadas de toda Galiza percorreron este 17 de maio as rúas de Compostela, ao berro de “Queremos Galego”, para reclamar que “non queremos ser estranxeiras na nosa Patria”, denunciar os ataques que o noso idioma sofre a cotío –por parte do PP e da dereita máis reaccionaria- e demandar o seu uso social normalizado no día a día das galegas e galegos, garantíndose, cando menos, o cumprimento da legalidade vixente.

Galeria Imaxes prema AQUI

16 de maio de 2013

17 de Maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

GRANDE MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

(Saída ás 12:00 dende a Alameda)

“Non queremos ser estranxeiros na nosa Patria. Queremos galego!”

Para máis información: Plataforma Queremos Galego ou no xornal dixital da CIG Avantar



18 de maio de 2012

A C.I.G. CORREOS EN DEFENSA DO GALEGO




25.000 persoas marchan sobre Compostela en defensa da lingua no Día das Letras Galegas

A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
Arredor de 25.000 persoas sumáronse á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
Para máis información preme AQUÍ: