Amosando publicacións coa etiqueta Plano Estratéxico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plano Estratéxico. Amosar todas as publicacións

20 de dec. de 2021

XUNTANZA DA MESA SECTORIAL DECLARACIÓN SOBRE O DIALOGO SOCIAL PARA O PLAN ESTRATÉXICO

 


A CIG subscribe conxuntamente con outras OOSS e a empresa unha Declaración que vén referendar e poñer por escrito nun documento os piares básicos nos que se debe basear o Correos do presente e futuro.

1.              Correos debe seguir sendo unha empresa 100% pública de emblema nacional, vertebradora de todo o territorio nacional e economicamente sostible no tempo. Mantendo o servizo postal universal.

2.              Manter o nivel de emprego actual. A empresa anuncia a  convocatoria de 5.377 postos fixos.

3.              O Sector Postal Tradicional debe continuar sendo un dos negocios crave de Correos e consolidar unha oferta integral de comunicación na que a comunicación dixital acompañe á comunicación en papel.

4.              Potenciar a economía nacional, beneficiando a PEMES e cidadáns coa prestación de servizos postais e loxísticos.

5.              Diversificar as actividades do Grupo Correos cara aos servizos loxísticos (mercadoría en xeral e alimentación), de paquetería express, financeiros e bancarios, solucións dixitais, servizos á Administración Pública e Internacionalización de Servizos de Paquetería.

6.              Correos debe continuar gañando cota no mercado da paquetería e consolidarse no liderado do sector, para que supla a caída sostida da carta. A tan mencionada caída da carta faise cada ano máis evidente: estímase que a carta en 2023 será un -75% menor que en 2013. Para elo deberase traspasar progresivamente mercancía dende CEX a Correos matriz.

7.              Ser referente en sustentabilidade ambiental e social, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030.

8.              Inclusión de Correos na rede da administración de “ventanilla única” de atención ao cidadán.

9.              Necesidade dunha mellora progresiva do nivel de retribucións dos traballadores/as.

10.           Correos anuncia que vai ser recoñecida como entidade de crédito electrónico polo Banco de España podendo ter IBAN e expedir tarxetas bancarias.

Dende a CIG queremos deixar claro a eses CCOOmpañeiros e aos oUGTros acompañantes de comparsa que a diferenza deles:

-                A CIG NON asina nin asinará ningún Convenio ou Acordo que sexa minimamente lesivo de cara aos traballadores/as. Lembremos que este Convenio asinado por eles penaliza por partida dobre as baixas, NON existe permiso para ir ao médico, nin para acompañar aos fillos nin a familiares dependentes, NIN ten unha cláusula de revisión salarial, NON se xuntou a Mesa do carburante para compensar as subas do combustible para o persoal RURAL.

-                A CIG NON intercambia nin vende os dereitos dos traballadores/ a cambios de horas de liberación ou cartos de Formación.

-                A CIG NON asina Acordos que humillen aos funcionarios/as cos niveis máis baixos de toda a Administración. Ademais lembremos que este colectivo tivo que ir ao xulgado para que lles recoñecerán as vacacións por días hábiles. 

Así que a CIG  leccións de negociacións e de defensa dos dereitos dos traballadores/as NIGUNHA.


13 de nov. de 2019

Novo Plano Estratéxico 2020/2023



O pasado día 7 de novembro tivo lugar a reunión da Mesa Sectorial na que CIG ten representación e na que se tratou un único punto “O novo Plan Estratéxico 2020/2023
O presidente de Correos empezou a súa intervención informándonos sobre a súa intención de presentar un borrador dun novo plan estratéxico 2020/2023 en decembro, pero unha vez terminadas as eleccións sindicais. Posteriormente abriríase un proceso de estudo e de alegacións coas  OOSS durante o primeiro trimestre do ano 2020.
Despois do presidente tomou a palabra a Director da área de Finanzas e Expansión na que informou sobre os malos datos económicos da empresa e que poñen á empresa nunha situación de Emerxencia. Os datos máis significativos que expuxo na súa intervención foron os seguintes:
Ø  A caída da actividade postal tradicional (a carta) pasando dunha previsión dun 4% de perdida no primeiro trimestre a un 20%, sen que ata o de agora se modere esta caída .
Ø  Parón no crecemento da  paquetería, pasando dun 40 por cento de crecemento a un 9,9 por cento.
Ø   Gasto en persoal subiu ata o 80 por cento dos ingresos da empresa.

Valoración e intervención da CIG
Solicitamos que se remita a información con antelación suficiente para o seu estudo e non que se entregue o mesmo día da reunión.
Non Compartimos que o gasto en persoal sexa un dos males da empresa debido a que os salarios dos postos operativos son moi baixos. A este respecto imos solicitar que se nos remita o gasto en persoal individualizado por Grupos profesionais: canto é o Gasto en persoal operativo, en mandos intermedios, persoal titulados medios, persoal titulado Superior e os gastos en soldo do persoal que está fóra de Convenio, así mesmo que se nos informe o número de traballadores que está incluído en cada grupo.
Dende a CIG NON imos tolerar nin negociar ningunha diminución nos dereitos nin retribucións dos traballadores.
A intervención doutros sindicatos non foron no mesmo sentido chegando a falar de estar dispostos de negociar “máis flexibilidade”, cousa que ao noso entender é moi perigoso.