Correos publicou hoxe, día 18 de setembro a convocatoria do “PROGRAMA DE SUBSTITUCIÓNS” que dará cobertura ás substitucións para os postos do Grupo Profesional III -Xefaturas intermedias- nas Áreas de Distribución, Oficinas e Loxística.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Para os cursos puntuables dende o día 18 de Setembro ata o 23 de Setembro de 2019 a través do Campo Virtual de Correos no seguinte enlace > https://formacion.correos.es/apps/reservaInscripcionesTP/
Para inscribirte nos postos na paxina de E-TALENT > https://performancemanager5.successfactors.eu/login#/login ata o 27 de setembro
Se non estas rexistrado podes facelo na seguinte ligazón ---> https://desarrolloytalento.correos.es/alta_sfsf#
PRAZAS OFERTADAS para os seguintes ámbitos:
LOXÍSTICA, DISTRIBUCIÓN e OFICINAS.
➢ Os solicitantes poderán solicitar unha soa provincia e un só ámbito.
➢ Realizarase un exame e unha proba de dinámica de grupo.
CURSOS DE FORMACIÓN PUNTUABLES
➢ Para os postos de Loxística: Porfolio de Produtos, Excel Básico e Paquetería
➢ Para postos de Distribución: Porfolio de Produtos, Excel Básico e SIGIE /PDA.
➢ Para postos de Oficinas: Técnicas de Vendas, Porfolio de Produtos e Excel Básico.
EN CANTO AOS CURSOS DE FORMACIÓN PUNTUABLES PARA ESTE PROCESO, CORREOS OS VAI A OFERTAR A TODOS/AS OS PARTICIPANTES DESTE PROCESO.