Amosando publicacións coa etiqueta Seguridade e saúde laboral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Seguridade e saúde laboral. Amosar todas as publicacións

1 de mar. de 2019

Medicións Gas Radon


Grazas a insistencia da CIG na Comisión Estatal de Saúde Laboral, Correos empezou a facer as  medicións do gas Radon en Galiza comezando nas comarcas de Ourense e Santiago de Compostela.

Que é o radon? 

O radon é un gas radioactivo emitido pola desintegración de elementos químicos do uranio presentes na terra e nas rochas. É invisible, inodoro e insípido, e se filtra a través das fendas do chan para difundirse polo ar.

Como pode provocar cancro de pulmón?

Na súa descomposición no ar, o radon desprende pequenas partículas radioactivas que ao ser inhaladas deposítanse nas células que recubren as vías respiratorias. Está comprobado que é la segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco, e pode ser a primeira en persoas que non fuman.

Estanse tomando medidas para evitalo?

Non, e iso que a OMS catalogouno como elemento canceríxeno. No ano 2018 entrou en vigor unha normativa europea que pon o límite permitido nos 300 bq/m3, e na lexislación laboral introdúcense as medicións do radon, pero só se realizan cando un traballador ou sindicato o denuncia.

Como se mide o gas Radon?

Hai que solicitalo nun laboratorio autorizado e pódese obter resultados con medicións ao longo de tres meses. 

Como se elimina?

Con obras sinxelas, colocando no centro de traballo un conduto ou unha arqueta que dirixa o gas ao exterior mesmo ou con extractores que o empuxen para fora do centro de traballo.

16 de xan. de 2018

CARENCIA DE ESPAZO E MOBILIARIO

ESCRITO Ó SR. DIRECTOR TERRITORIAL DA ZONA 1ª
CORREOS – COMPOSTELA

Á vista das dificultades sufridas polo persoal de postos operativos de Unidades de Reparto e oficinas de Atención ó Público, durante a práctica totalidade da campaña de Nadal e noutras datas puntuais, pola carencia de mobiliario adecuado e insuficiencia de espazo dabondo para a clasificación e almacenamento de envíos voluminosos,


a CIG SOLICITA:

A dotación inmediata de mobiliario adecuado para superar ou cando menos minimizar o problema que supón a falta de espazo que sofren a maioría das UR e OAP da nosa comunidade co incremento de envíos voluminosos.


A elaboración e posta de en práctica de un plan de renovación ou ampliación de inmobles co espazo e condicións adecuadas ós envíos voluminosos cos que traballamos nos últimos tempos.

27 de ago. de 2015

Compañeiro de Correos de Andratx (Mallorca) resultou falecido ó ser atropelado

Non deixedes que o exceso de traballo nin a confianza vos distraigan á hora de velar pola vosa seguridade

O primeiro sempre ten que ser a nosa saúde.

Non cometamos imprudencias temerarias por facer o reparto máis rápido que logo poden rematar con resultados nefastos.

Trasladamoslle o pésame a familia así como as condolencias a todo o colectivo postal, agardando que estes feitos non se repitan.

12 de abr. de 2013

CANTO PERDES POR ESTAR DE BAIXA EN CORREOS??

Encima de sufrir a enfermidade descóntannos unhas cantidades desproporcionadas dos nosos salarios.


Supoñamos un caso dun Operativo cunha antigüidade de 18 anos que sufre unha baixa de 20 días por enfermidade común e que xa non pode gozar do beneficio da compensación dos 4 primeiros días de baixa no ano porque xa os esgotou en baixas anteriores.

Imos ver canto se perde nestes postos concretos por ter este tipo de baixa:


Posto de Traballo
Réxime
DESCONTO TOTAL
Atención Cliente 2
Funcionario
398 €
Atención Cliente 2
Laboral
565 €
Reparto Moto
Funcionario
391 €
Reparto Moto
Laboral
557 €
Reparto Pé
Funcionario
377 €
Reparto Pé
Laboral
549 €
Axente Clasificación 2
Funcionario
365 €
Axente Clasificación 2
Laboral
538 €

Dende a CIG criticamos que os sindicatos asinantes aceptaran no seu día a paga de productividade vinculada ó absentismo, sempre mantivemos que esas subidas tiñan que ir directamente para o noso sueldo base e non para un complemento que hoxe nos dan e mañá nos quitan, como así pasa. 

Ós funcionarios penalízannos por partida dobre:  Pérdese o Complemento de Producción e Asistencia, A penalización por trimestre deste Complemento, o 50% dos 3 primeiros días de baixa e o 25% dos días entre o 4º e o día 20º.

Os laborais perden por partida triple: o Complemento de Producción e Asistencia, A penalización trimestral deste Complemento, o 100% dos 3 primeiros días de baixa e o Complemento de Permanencia e Desempeño (Tramos) de tres meses.

¡¡É intolerable que se penalice economicamente a enfermidade¡¡




17 de out. de 2012

NOVO ATRACO ÓS TRABALLADORES/AS PÚBLICOS

SE ESTAS DE BAIXA POR ENFERMIDADE, MAIS DESCONTOS E RECURTES NA TÚA MÍSERA NÓMINA



Para non perder o vicio 

o PP segue a meter a man nos petos dos traballadores/as públicos

  • O día 15 de outubro entrou en vigor o artigo 9 do RD Lei 20/2012 (O dos recortes do PP)
  • Increméntanse os descontos do salario por estar enfermo
  • Continúan penalizando a enfermidade
  • Agora quedamos nestas condicións salariais se estamos de baixa:

Dende o 1º ó 3º día: Percibirase o 50% das retribucións básicas, complementarias e por fillo cargo

Dende o 4º ó 20º día: Percibirase o 75% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo

Dende o 21º ó 90º día: Percibirase o 100% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo.

  • Se a baixa deriva de continxencias profesionais a retribución a percibir poderá ser completada dende o primeiro día ata chegar a un máximo do 100% do salario do mes anterior.
  • Cada Administración poderá determinar supostos excepcionais e debidamente xustificados para os que pode establecer un complemento de ata o 100% do seu salario. Estarán debidamente xustificados os supostos de hospitalización e operación cirúrxica.
 NON PODEMOS SEGUIR SUMISOS, IMPASIVOS E CALADOS MENTRES NOS RECURTAN OS NOSOS DEREITOS, OS NOSOS  SALARIOS E PISOTEAN A NOSA DIGNIDADE COMO TRABALLADORES E TRABALLADORAS


AGORA TEMOS OCASIÓN DE FALAR NAS URNAS,
FAGÁMOLO A CONCIENCIA
COMO CLASE TRABALLADORA QUE SOMOS