Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións

13 de abr. de 2020

CIG reclama máis información sobre o covid19


CIG-Correos reclama información clara sobre a incidencia da Covid19 e que se fagan test de detección

Lembran que son o segundo colectivo laboral con maior número de contaxios rexistrados


NOVA
CIG Correos reclama máis información sobre o covid19

1 de abr. de 2020

Ordeno e Mando


Correos facendo unha interpretación do RD 10/2020 favorable aos seus intereses comerciais, vai incrementar os servizos a prestar a maiores do Servizo Postal Universal.

O que sexamos o segundo sector público con máis casos de contaxios (731 contaxiados e 2.022 en corentena) despois do sanitario non fixo recapacitar á Dirección de Correos na súa idea de ampliar o negocio.

Os tres servizos que prestaremos a  maiores do S.P.U. son os seguintes:

1º Distribución de Prensa (a partir do luns)
2º Distribución produtos sanitarios e medicamentos.
3º Distribución de produtos alimentarios excepto os refrixerados.

Correos deixa aberta a posibilidade de seguir incrementando produtos para o reparto.

Desde CIG insistimos en que o máis importante nestes momentos é:

-        A saúde dos traballadores e deter a sangría de contaxios.

-        Que, tanto en Distribución, Loxística e Rede de Oficinas se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-        Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-        Entregar a todos os traballadores/as luvas, xeles  hidroalcoholicos         individuais e máscaras.

https://cigcorreosgaliza.blogspot.com/
 
-        Se terminen de colocar os biombos de  metacrilato nos postos de atención ao público solicitados pola CIG.

30 de mar. de 2020

Xuntanza Informativo Sobre o Analise do R.D. 10/2020 do 29 de Marzo


Mentres que o goberno paraliza o País dende este luns para deter na medida do posible a saturación nos hospitais e sobre toda nas Unidades de Coidados Intensivos,Correos escudándose na ambigüidade dos artigos 11 e 24 do R.D. 10/2020 do 29 de marzo , e tamén na carta dirixida ao Ministro Abalos polos sindicatos CCOO e UGT na que solicitaban volver a repartir a paquetería e a prensa ,  informounos  na xuntanza desta mañá da súa intención de comezar co reparto de todo tipo de paquetes e da prensa.

Vemos como “a nosa Empresa“ antepón o negocio á saúde dos traballadores.

En canto ao número de notificacións acumuladas dixeron que había ao redor de 600 mil.

Tamén informaron que a partires de mañá Correos comezará co reparto de notificacións, e que se entregarán semanalmente baixo firma  5 mascaras (unha para cada día da semana), luvas e xel hidroalcoholico. Lembrádevos que tanto as luvas como as mascaras son dun só uso. 

O único positivo é que tal e como reivindicou a CIG entre hoxe e mañá se instalarán paneis protectores en tódalas oficinas de Correos.

Dende a CIG entendemos que ampliar o abano ao reparto de toda a paquetería máis a prensa parécenos un erro pois é incompatible prestar máis servizos coa seguridade dos traballadores, porque primeiramente e tal como informaron habería que aumentar o número de traballadores en reparto cada día así mesmos medrarían os puntos de entrega e percorrido e por conseguinte de exposición do carteiro.

Ademais o SPU xa contempla a paquetería. Está o Paquete Azul no ámbito nacional e PPI, EPG, EMS e CUI/PRIME no internacional.

Entendemos que tomar calquera decisión que vaia encamiñada ao aumento do servizo vai en contra da esencia do propio RD 10/2020 no que se suspenden as actividades non esenciais para evitar a exposición dos traballadores aos contaxios.

NESTES MOMENTOS TAN DIFÍCILES DEBEMOS CONTRIBUÍR A DIMINUÍR OS CASOS DE COVID 19 E NON A AUMENTALOS CON DECISIÓNS BASEADAS MERAMENTE EN CRITERIOS MERCANTILISTAS E DE NEGOCIO. OS EMPREGADO/AS DE CORREOS NON O MERECEMOS

23 de mar. de 2020

Xuntanza Comisión Estatal de Saúde Laboral


Informámosvos que fomos convocados de forma extraordinaria pola Comisión Estatal de Saúde Laboral de Correos para reunión que se celebrará o próximo 25 de marzo, ás 12:00 horas.

Único punto do día: Abordar a situación actual relacionada coa crise sanitaria do  COVID-19.

Manuais de Instrucións por Posto de Traballo sobre Coronavirus




Estes manuais serán entregados de forma individual a cada traballador baixo firma

Manual Reparto

Manual Atención ao Cliente

Manual Axente Clasificación

Manual Técnicos e Administrativos








COBERTURA DE MUFACE PERSOAL FUNCIONARIO CORONAVIRUS


MUFACE lembra a todos os seus  mutualistas e beneficiarios que están cubertos ao 100% nesta emerxencia internacional, tanto se son de adscrición pública ou privada, do mesmo xeito que o resto de usuarios do Sistema Nacional de Saúde. Todos os  mutualistas van ser atendidos conforme ao protocolo vixente determinado polas autoridades sanitarias.

Se cre ter síntomas compatibles cunha infección respiratoria - tose, febre, e/ou falta de aire -, non acuda a urxencias, porque é contraproducente para o risco de contaxio, fágao por vostede e os demais. Debe illarse no seu domicilio e chamar aos teléfonos específicos da súa comunidade autónoma.

GALICIA:

Tfno. ciudadanos con síntomas: 061
Tfno. información ciudadanos: 900 400 116

TELÉFONOS CORONAVIRUS  ENTIDADES CONCERTADAS

Se chama  aos  teléfonos da súa entidade concertada, tamén alí indicaranlle como actuar, e  no seu caso deberán facerlle o seguimento da súa situación. Teña  en conta que se trata dun  asunto  de saúde pública global, polo que  todos os recursos están postos ao dispor da autoridade sanitaria competente, isto é, o Ministerio de Sanidade.

  ASISA:
Centro de coordinación de urxencias: 900 900 118

• ADESLAS:
teléfonos de orientación  sobre o coronavirus e urxencias. 902 109 393 e 932 593 416
Número do Centro Coordinación de Urxencias: 900 32 22 37.

• DKV: Urxencias médicas:
Médico 24 horas 976 991 199
Centro de coordinación de urxencias: 900 300 799.

  IGUALATORIO CIRÚRXICO  DE CANTABRIA:
teléfono gratuíto de atención ao cliente 900 81 81 50 e  teléfono de urxencias 900 53 50 47.

XESTIÓNS NAS OFICINAS

Co fin de evitar que nas oficinas con atención ao público concéntrese un número considerable de persoas, sobre todo as que poden estar incluídas en grupos de risco, as solicitudes e xestións ante a  mutualidad realizaranse de forma telemática, telefónica ou por correo electrónico, salvo para cuestións que sexan estritamente inaprazables.

EXENCIÓN DE VISADO DE RECEITAS
Para facilitar o acceso aos medicamentos durante o estado de alarma, aprobouse a exención de visado de receitas. Mentres estea vixente a Orde  SND/266/2020, do 19 de marzo, os  mutualistas poderán adquirir os medicamentos directamente na farmacia só coa receita.

INCAPACIDADE TEMPORAL

MUFACE enviou instrucións a todos os Órganos de persoal, establecendo o seguinte:

Se xa está de baixa por Incapacidade temporal e o médico non lle pode atender a tempo para darlle o seguinte parte de confirmación, o funcionario/a debe poñerse en contacto co seu Órgano de persoal para comunicar esta circunstancia e enviar o parte de baixa en canto o teña, pode facelo por email co parte  escaneado-. Os partes deben ser sempre consecutivos. Isto quere dicir que aínda que o seu médico aténdalle uns días máis tarde da data final do parte previo, o seguinte parte de confirmación comeza ao día seguinte do parte previo. A duración dos partes é de 15 días, e o médico pode, excepcionalmente, dar un parte por 30 días.

Se o funcionario/a ponse enfermo agora, debe comunicalo ao seu xefe ou Órgano de persoal. En canto poida atenderlle un médico, terá que dicirlle desde cando está enfermo para que lle faga o parte de baixa desde esa data. O Órgano de persoal pode xustificar a súa ausencia ao traballo excepcionalmente mentres dure o estado de alarma, e terá que presentar o parte médico en cando o teña, enviándoo en papel ou por email.

Se tes calquera dúbida ponte en contacto cos delegados da CIG


18 de mar. de 2020

RESUMO E VALORACIÓN DAS REUNIÓNS URXENTES CORREOS – OOSS SOBRE CRISE VIRUS COVID 19



En ambas reunións de carácter informativo e celebradas telefónicamente o 18/03/2020  tratáronse os mesmos puntos . A empresa fixo un relato cronolóxico dos acontecementos  resaltando que tiveron que actuar con présa e certa improvisación debido a que o estado de alarma foi declarado o sábado ás 20 horas , quedandolles así moi curto espazo de tempo para adaptarse á nova situación e preparar as instrucións para loxística, rede de oficinas e distribución.

Déronnos os datos do persoal de Correos que deu positivo en COVI19 e do persoal que está en corentena, comprometéndose a pasarnos os datos actualizados cada día, así como de manter unha reunión semanal para avaliar a situación.

Na Intervención de CIG fixémoslle saber á empresa o seguinte:

Que, a CIG presentou escritos desde o día 9 de marzo advertindo da situación e solicitando que con carácter urxente tomaran medidas e se dotara a todo o persoal de medios de protección individual (luvas, xeles desinfectantes e máscaras) do mesmo xeito que o estaban facendo noutras administracións como a Xunta e Concellos  , ante a crecente expansión do  COVI19. Por tanto,  que os pillase de improviso a situación non é  admisible.

Que, desde CIG denunciamos a improvisación e a lentitude coa que actuou Correos nesta crise do COVI19 tanto na xestión e ordenación do traballo como na compra de medios de protección.
Para CIG foi unha temeridade ter o día luns e martes a miles de traballadores nos centros de traballo sen ningún medio de protección e unha irresponsabilidade obrigalos a traballar sen medios de protección.

Por ese motivo a CIG amparado no establecido no art. 19.5 do Estatuto dos Traballadores como no art. 21 da Lei de Prevención de Riscos Laborais presentou denuncia ante as autoridades competentes nas catro provincias galegas, solicitando o cesamento inmediato da actividade laboral por risco grave e inminente. 

Para CIG as medidas de protección adoptadas son completamente insuficientes e tardías. De forma xeral e como único medio de prevención a empresa entregou luvas aos traballadores, pero coas présas esquecéuselles informarlles sobre a forma correcta de quitalos e non contaminarse. No  CTA de Lavacolla séguese traballando sen que se poida respectar o metro de distancia de seguridade ao realizar as tarefas conxuntas. As medidas de protección en oficinas foron a colocación dunhas caixas e cintas no chan delimitando a distancia a un metro, distancia que é insuficiente se un cliente  tose ou esbirra. Para CIG o persoal de ventanilla debe traballar con máscara, luvas e xeles desinfectantes e na medida do posible que se instalen biombos. Ao persoal de reparto dotóuselle no mellor dos casos dun par de luvas que deben levar posto durante as 4 ou 5 horas no que están en contacto cos cidadáns, tocando  pasamáns,  telefónellos, portas de ascensor e todo isto débeno facer sen tocarse a cara porque non teñen con que hixienizar esas luvas. 

Para CIG é un acto de tremenda irresponsabilidade , palabra que repetiremos unha e outra vez . IRRESPONSABILDADE é ter cada día a miles de carteiros pululando polas rúas e aldeas, mentres que as autoridades sanitarias repiten unha e outra vez  QUEDA NA CASA. Para CIG por diante do  SPU e dos beneficios está a saúde dos traballadores.

Desde CIG entendemos que en último caso deberiamos estar a prestar un servizo esencial mínimo , similar ao do resto da administración cun 25% do persoal . E só admitir e repartir produtos do  SPU .

Por último, reiteramos que debemos reducir o servizo e sacar das rúas á maioría do persoal hoxe ou pola contra mañá farao o virus. 


Datos da Empresa 43 traballadores/as contaxiados e 398 en corentena a día 17 de marzo

-              Zona 1 (Galicia, Asturias e Castela e León (excepto Soria): 3  contaxios, 90 en corentena.
-              Zona 2 (País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cantabria, Aragón e Soria): 2  contaxios, 14 en                         corentena.
-              Zona 3 (Cataluña): 2  contaxios, 116 en corentena.
-              Zona 4 (Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura): 29  contaxios, 136 en corentena.
-              Zona 5 (Comunidade Valenciana, Murcia e Illas Baleares): 2  contaxios, con 6 en corentena.
-              Zona 6 (Andalucía, Ceuta e Melilla): 4  contaxios, 36 en corentena.

-              Zona 7 (Illas Canarias): 1 contaxio, ninguén en corentena.


9 de mar. de 2020

Coronavirus: A CIG solicita luvas de latex e xel desinfectante para todo o persoal como medida preventiva


A CIG remite escrito á comisión estatal de saúde laboral de Madrid solicitando que se dote a todo o persoal de Galicia de luvas de  latex e xel desinfectante como medida preventiva ante o coronavirus, por ser o persoal de Correos, un Colectivo de risco, debido ao seu continuo contacto co público e clientes en xeral. Desde a CIG entendemos que o protocolo establecido por Correos é totalmente insuficiente para a maioría do persoal xa que tanto carteiros como persoal de atención ao público en oficinas non teñen a opción de lavarse as mans cada vez que están en contacto con outras persoas ou obxectos.