Amosando publicacións coa etiqueta Reforma laboral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reforma laboral. Amosar todas as publicacións

28 de abr. de 2022

Correos Aplica a Reforma Laboral asinada por CCOO e UGT ás Bolsas de Emprego de Correos

 


Correos informou ás Organizacións Sindicais que debido á reforma laboral asinada por CCOO, UGT e a Confederación de Empresarios o modelo de contratación que tiña xa non é valido.

Lembremos que esta Reforma Laboral aplaudida polos empresarios non foi asinada pola CIG nin por ningunha outra central sindical por considerala lesiva para os traballadores/as.  Tipos de contratos a partires de agora en Correos:

1.- Contratos substitución para cobertura temporal de posto de traballo:

Contratos de prazas vacantes: Será un contrato aberto até a cobertura definitiva do posto por reaxuste, Concurso de Traslados ou Consolidación de Emprego) Se formalizarán uns 4 mil contratos deste tipo e se ofertarán aos primeiros das bolsas aínda que estean con contrato en vigor en cuxo caso poderase extinguir, e sen ter en consideración as rotacións.

2.- Substitución dunha persoa traballadora con dereito a reserva de posto:

Estes contratos se realizarán para cubrir as comisións de servizo, licencias, excedencias, excedencias con reserva de posto, baixas etc. Remata coa incorporación do titular ou extinción da causa que deu lugar á reserva do posto. Estes contratos se ofertarán respectando as rotacións.

3.- Contratos por circunstancias da Produción:

Ø  Oscilacións na Actividade: Estes contratos se formalizarán para a cobertura de vacacións, permisos e incremento da actividade. Su duración non poderá ser superior a 6 meses. Estes contratos se ofertarán respectando as rotacións. 

Ø  Situacións ocasionais e previsibles: Esta modalidade de contrato se utilizará para as campañas de Nadal, campañas electorais, black Friday etc.  A duración máxima destes contratos será de 90 días no ano natural. Estes contratos se ofertarán respectando as rotacións.


29 de out. de 2012

NO CONSELLO DE MINISTROS DO VENRES 26 DE OUTUBRO APROBOUSE O REAL DECRETO DOS DESPEDIMENTOS NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS



A ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por parte do Consello de Ministros do Real Decreto de despedimentos colectivos, que será de aplicación a todo o persoal laboral das Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal, senón tamén ao persoal fixo por oposición).
Malia que o texto definitivo do Real decreto non se coñecerá até a súa publicación no BOE, segundo o rascuño ao que tivo acceso a CIG en xullo abondaría para aprobar o despido colectivo nun determinado organismo ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia orzamentaria sobrevida e persistente, entendida como a diminución dun 10% do orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior; mentres que, para aprobar o despido colectivo por causas organizativas, abondaría con xustificar que a externalización do servizo producise unha redución de custos.
Na práctica, isto permítelle ao Partido Popular, a nivel do Estado, producir por razóns políticas as causas que habiliten o despedimento de persoal laboral.
No rascuño ao que tivo acceso a CIG, por outra banda nin sequera se garante a preferencia de permanencia do persoal laboral fixo, que será meramente potestativa para o organismo que aprobe o despedimento colectivo no caso do persoal laboral que superase un proceso selectivo.
Dada a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto básico do empregado público que remate coa garantía de emprego do persoal funcionario, a CIG anuncia que adoptará todas as medidas posibles a nivel xudicial contra este real decreto e chama a todos os traballadores e traballadoras a secundar todas as accións en contra das políticas do Partido Popular e da Troika, que esixen unha mobilización contundente na vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.



20 de mar. de 2012

Manifesto contra a reforma laboral e en apoio da folga xeral convocada para o 29 de marzo

Asinado por diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais
Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.
Para ler o manifesto prema aquí

11 de mar. de 2012

O que debes saber da Reforma Laboral


Todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores/traballadoras e individualizar as relacións laborais. Esta contra-reforma vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos. 

Estamos ante un auténtico golpe de estado contra os nosos dereitos e garantías. Non son privilexios, SON DEREITOS

Adxuntamos PDF coas regresións máis graves da reforma, no seguinte enlace:


O 29 de marzo participa na Folga Xeral convocada pola CIG

24 de feb. de 2012

Informe da CIG sobre a nova reforma laboral

O Gabinete Técnico de Economía da CIG vén de facer público un documento no que se analizan os principais contidos da nova reforma laboral promovida polo PP e que endurece notablemente todas as medidas esenciais das normativas anteriores co único obxectivo de protexer os empresarios. O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.
O texto comeza lembrando que dende a crise económica dos anos 80 iniciouse un proceso continuado de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, o capital. Até o de agora, as tres grandes reformas foron reformas para a crise, que non solucionaron nin incidiron no gravísimo problema do desemprego, pero que determinaron o modelo de relacións laborais en todo o territorio do Estado español.

A de 1984 centrada na flexibilidade de acceso ao traballo determinou a precariedade laboral típica do noso mercado laboral; a de 1994 centrouse na flexibilidade interna empeorando as condicións de traballo e configurando unha negociación colectiva a peor; a reforma de 2010 facilitou a saída, axilizando e abaratando o despedimento. Pechábase así un círculo infernal contra os traballadores e traballadoras.

Ante ese desmantelamento dos dereitos laborais, o único que lles restaba era combater directamente o contrapoder sindical, impor a individualización das relacións laborais e dificultar a autoorganización da clase traballadora. Tal cometido abordouse coa reforma da negociación colectiva no 2011 combinada cunha sistemática campaña de desprestixio do sindicalismo.

Todas estas reformas foron impostas polos Gobernos do PSOE. Agora, o actual Goberno do PP tira de látego para aprobar outra reforma que endurece notablemente todas as medidas esenciais das reformas anteriores co único obxectivo de protexer aos empresarios . O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.

Temos que seguir insistindo, diante da cidadanía, na necesidade de loitar por un cambio de sistema económico que nos permita construír un modelo de organización social e económico moito máis xusto, solidario, democrático, sostíbel desde o punto de vista social e ambiental, que estea realmente ao servizo dos intereses da clase traballadora e que garanta, no noso caso, o dereito a decidir como nación o noso futuro, é dicir, o dereito a exercer a nosa soberanía política. 

Analise da reforma laboral, prema aquí

Folleto explicativo sobre a reforma laboral, prema aquí

12 de feb. de 2012

Luz verde ao ERE exprés

El Gobierno del Partido Popular ha despejado de un plumazo las dificultades que los empresarios encontraban a la hora de tramitar despidos colectivos: amplía las causas objetivas para que se puedan acoger a este modelo de despido y elimina la autorización previa. Pero también, acelera la tramitación. De esta forma, la reforma laboral que ayer entró en vigor facilita y formaliza el ERE exprés.

Esta fórmula para reducir las plantillas de forma barata no terminaba de funcionar como pretendían los empresarios. Hasta ahora, en la mayoría de los casos, los representantes de los trabajadores y la dirección de las compañías se veían abocadas a negociar las condiciones de este despido, lo que provocaba que mejoraran lo que establece la ley: 20 días de indemnización por año trabajado, con un máximo de 12 mensualidades. Y lo hacían porque el ERE debía contar con el visto bueno previo de la autoridad administrativa (el ministerio de Empleo o las consejerías de Trabajo). Además, si el ERE no se presentaba con un acuerdo entre las partes los trabajadores podían acudir al juez. Y esto, podía alargar con exceso el procedimiento. La situación provocaba que más del 90% de los ERE fueran pactados y con unas condiciones mejores a las previstas en la legislación laboral para este tipo de despidos colectivos.

Ler todo artigo aquí

11 de feb. de 2012

Reforma Laboral

Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. 
Podedes consultalo no seguinte enlace
 http://www.boe.es/boe/dias/2012/02/11/pdfs/BOE-A-2012-2076.pdf