Amosando publicacións coa etiqueta #COVID -19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #COVID -19. Amosar todas as publicacións

7 de maio de 2020

Xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral


Correos segue na súa liña realizando reunións informativas e non de negociación e só contestando o que lle interesa. Hoxe volvéronnos a pasar os datos de  contaxios pero de forma global sen especificar provincias nin Centros de traballo.

Desde CIG non cremos estes datos, sobre todo desde que de forma máxica pasamos de ter  mil contaxiados ou probables a menos da metade, segundo eles porque aplicaron o sistema de reconto do ministerio de sanidade. Os datos que nos facilitaron na reunión son os seguintes:
  •  Contaxiados verificados por test 65 dos que 27 son altas.

  •      Posibles contaxiados 580 dos que son altas 394.

  • -    Hai 2.936 persoas en corentena dos que 2.680 son xa altas.

  •      Reitéranse en que o persoal con máis de 60 anos sen patoloxías asociadas ao  COVID-19 e sen baixa médica se teñen que incorporar o luns 11.

  •    Que están en proceso de adquirir 50.000 pantallas faciais para reparto (aínda que  tamén se  distribuirán ao persoal de  ATC) e licitouse unha compra de 15 millóns de luvas.
  • -  En canto ao transporte do persoal dos centros de tratamento, segundo Correos o  Mº de Transportes emitiu unha orde que amplía ata un 50% de ocupación nestes vehículos. A máscara será obrigatoria.

  • -   Transporte en furgonetas de ata 9 prazas para trasladar ao persoal de reparto desde as  carterías ás seccións de reparto permítese dúas persoas por fila de asentos, sendo tamén as máscaras obrigatorias.


Desde CIG na nosa intervención deixamos claro que estamos en contra deste Plan de  desescalada que o seu único obxectivo é de  recuperar a actividade produtiva normal da empresa canto antes, priorizando o negocio á seguridade e saúde dos traballadores.

Denunciamos a presión que está a exercer a empresa aos compañeiros que están de baixa por ser persoal sensible para que se incorporen aos seus postos con chamadas do xefe de quenda ou das Mutuas ou mesmo de ambos  para que se incorporen aos seus postos de traballo canto antes.

Con respecto da volta do persoal maior de 60 anos preguntamos se:

Se realizou polo servizo de prevención unha avaliación dos postos de traballo para que este persoal vulnerable se poida incorporar aos seus postos de traballo coa garantía de que non existe risco á súa persoa?

Sobre a volta do 100% do cadro de persoal preguntamos

-   A partir do día 11 de maio como vai ser a entrada e saída do persoal nos centros de traballo para que non haxa aglomeracións?

-   Téñense previstas entradas e saídas graduadas do persoal?  Ou van deixar que cada xefe de unidade organice e improvise á súa maneira?
-
Tamén preguntamos sobre o Concurso de Traslados:

-   Se lles van facer TEST ao persoal do Concurso de traslados que proceda doutras provincias?

-   Como se van a poder incorporar aos seus postos de traballo o día 1 de xuño se a fase 2 do goberno non empeza ata o día 8 de xuño. Quen habilita a mobilidade entre provincias?
-
Sobre o persoal de novo Ingreso toma de posesión 1 de xullo:

-   Ao persoal de novo ingreso que tomará posesión en xullo se lles vai facer TEST de  COVID-19? 

Sobre o exame de Ingreso

-   En canto ao Exame de Ingreso na que se deu data para outono, tívose en conta ao servizo de promoción da Saúde para facer ese anuncio? Preguntámolo porque desde o propio Goberno están a dicir que as clases en setembro se terán que iniciar co 50% de alumnos ou menos.

-   Como se pretende meter a miles de persoas en naves, como é o caso de Silleda en Galicia na que se examinaron 7 mil persoas?
-
Todas estas cuestións quedaron sen resposta por parte da empresa, o que non fai máis que afirmarnos na nosa convicción de que Correos actúa por impulsos e que este plan é un cúmulo de despropósitos e de improvisacións.

Desde CIG seguimos reiterando que:

-  Que se realicen TEST de  COVID-19 a todo o persoal sen excepción para identificar os posibles casos de contaxiados/as, asintomáticos e poñelos corentena. Tamén se deben realizar Test ao persoal que se vai reincorporando e que a desecala debe ir en función de como vaian diminuíndo as posibilidades de contaxio de cada comunidade autónoma.

- Que se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.

-   Que as medidas de desescalada deben ir en función da exposición que exista en cada caso. Por tanto débese distinguir a desescalada entre postos de traballo, entre CCAA e incluso entre provincias e localidades.

-   Que ante un caso de posible contaxio, se paralice a actividade nese Centro se proceda á desinfección e a poñer en corentena a todos/as os traballadores/as desa unidade mentres non se lles realicen os TEST.

-   Que se deben establecer corentenas aos envíos, pola permanencia do virus en determinadas superficies. 

- Que se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza dos equipos de climatización ante o  COVID-19 e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non do  COVID-19.

-  Que, ante a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural apagando o aire acondicionado.

-  Que as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como  EPI´S e ante a falta de calquera destes elementos se paralice a actividade.

-  Que a limpeza e desinfección dos vehículos e dos equipos de traballo a realicen empresas especializadas e non os traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para realizala.

- Que en cada Centro de traballo este exposto a vista de todos os empregados/as o rexistro de limpeza diario, debéndose concretar no cadro a limpeza e desinfección que se realizou.

-  Que entre unha quenda de traballo e outra se deixe un intervalo de 30 minutos para que se airee o lugar e para que no seu caso se leven labores de desinfección e limpeza. 

-   Que se establezan pautas de uso y desinfección da roupa do traballo.

-   Que se realicen os tramites pertinentes para que axilicen as prexubilacións ou xubilacións do persoal sensible maior de 60 anos que estean en condicións e queiran acollerse a ela.

-   Que non se incorpore ao persoal aos seus postos mentres que non se poida garantir que dispoñen de tódalas medidas de seguridade establecidas. Por exemplo co persoal Administrativo que está tele-traballando que se coloquen Biombos de metacrilato entre as mesas e que nas oficinas rurais de menos dunha hora e media de servizo tamén se coloquen.

-  Que dentro dos vestíbulos das oficinas de atención ao público haxa tantos usuarios como postos de atención ao público existan, gardando a distancia de 2 metros en todo momento. O resto de usuarios debe permanecer na rúa ate que algún dos usuarios atendidos salga. Porque entendemos que debemos ter o menor número de público posible nos recintos cerrados.

-  Que necesitamos medidas de Conciliación Familiar e de flexibilidade horaria para os nosos traballadores/as que teñen persoas maiores e menores a cargo que por medidas de seguridade sanitaria non poidan deixar a cargo de terceiras persoas.

27 de abr. de 2020

Reunión Extraordinaria para unha Volta Progresiva da Actividade Normal en Correos



Hoxe día 27 de abril, celebrouse a reunión Extraordinaria na que Correos tratou a  desescalada. Correos segue na súa liña de informar e non de negociar.

Correos pretende volver á normalidade en tan só TRES SEMANAS, sen esperar ao  RD do Goberno. E din que isto non é antepoñer o negocio á seguridade e saúde dos seus traballadores/ as!!!

As Fases deseñadas por Correos son as seguintes:

1ª fase esta semana. Recuperar os volumes pendentes nas unidades. Non haberá moita máis xente prestando o servizo.

2ª semana. Incorporación progresiva de clientes, en función da priorización comercial. Preténdese operativa normal con capacidade limitada. Non estarán todos os clientes, só unha parte deles priorizada. Operativa normal.

3ª semana. Aumentar os clientes en función da capacidade da que informe operacións. Incrementarase o volume de traballo. Cadro de persoal ao 100% de luns a venres.

Na reunión tamén informaron:

-       Que finalmente os maiores de 60 anos sen patoloxías de risco incorporaranse o 11 de maio.

-       Que non van facer test, porque non os hai e que tampouco poñerán sistemas de medición de temperatura aos traballadores/as

ISO SI, ASEGURAN QUE A SEGURIDADE PARA ELES É O MÁIS IMPORTANTE.
Dende CIG insistimos que é unha temeridade iniciar a  desescalada sen antes:

1.            Realizar TEST de detección de  COVID-19 a todos os traballadores/as sen excepción para identificar os posibles casos de contaxiados/as  asintomáticos e poñelos en corentena. Tamén se debería de realizar TEST ao persoal que se vaia reincorporando e que esta desescalada debería de estar en función de como vaia diminuíndo as posibilidades de contaxio en cada Comunidade Autónoma.

2.            Dotar a todas as unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.

3.            Que o colectivo sensible maior de 60 anos, sen patoloxías asociadas, debe incorporarse ao seu posto cando os fagan os traballadores especialmente sensibles, de risco ou vulnerables e non antes. Ademais con este colectivo entendemos que se deben realizar os trámites pertinentes para que se axilice a prexubilación ou xubilación daqueles traballadores que estean en condicións e queiran acollerse a ela

4.            Establecer corentenas ou restricións á entrada de envíos, que non sexan  SPU, procedentes doutros países. Pola permanencia do virus en determinadas superficies.

5.            As medidas de  desescalada deberán de estar en función da exposición que exista en cada caso. Por tanto, débese distinguir a  desescalada entre postos de traballo, entre Comunidades Autónomas, e mesmo entre provincias.


23 de abr. de 2020

Xuntanza Comisión Estatal de Saúde Laboral Correos anuncia a desescalada


Outra Reunión meramente informativa na que Correos basicamente quería anunciar oficialmente que se empezará coa  desescalada incorporando ao persoal para traballar.

Sobre o persoal Sensible por patoloxías e maiores de 60 anos que están de baixa.

Informan que conforme co Procedemento de Actuación do 8 de abril e outro do 15 de abril ditado polo Ministerio de Sanidade para os servizos de Prevención:

Os 4.132 traballadores/as por patoloxías de risco, aínda que seguirán de baixa laboral, xa empezarán coa  desescalada con este colectivo, excepto os  hepáticos e renais crónicos. (sen data de incorporación)

Dos 4.489 traballadores/ as maiores de 60 anos, igualmente vanos a incorporar se non teñen patoloxías. (a data de incorporación está por determinar)

A CIG está frontalmente en contra da incorporación de calquera tipo de persoal e de iniciar unha  desescalada, sen que se realicen os TEST a todo o persoal, sería unha temeridade e unha irresponsabilidade expoñer a máis traballadores, sen saber se temos a traballadores/as contaxiados  asintomáticos. 
 
Con respecto á problemática existente en canto á concesión das baixas por parte dos Servizos de Saúde informan, que non está a ser fácil de xestionar cos servizos de sanidade de cada CCAA e que non en todas lles admiten os certificados que están a enviar aos traballadores, mesmo dentro de una mesma CCAA os médicos actúan de distinta forma segundo o seu criterio.

Desde CIG fixémoslle saber á empresa da problemática existente en Galicia precisamente con este tema na que hai médicos que non quixeron dar a baixa desde o inicio, outros que primeiramente deron a baixa e posteriormente están a dar o alta e outros que deron a baixa, pero con data na que o traballador foi ao Centro de Saúde e non coa que figuraba no certificado. Así mesmo tamén lle fixemos saber á empresa que mesmo hoxe había compañeiros que non recibiran o certificado da empresa de persoa sensible.

A este respecto dinnos que Correos está a traballar intensamente en solucionar todos os casos e asegura que non haberá ningún problema cos 4.132 traballadores afectados por este motivo como persoal sensible, así como os 4.489 maiores de 60 anos, que poden estar tranquilos e que todos percibirán as súas nóminas. Desde CIG insistimos en que Correos debe emitir un comunicado oficial tranquilizando aos traballadores/ as afectados.

Datos de  contaxios ou asimilados, persoal en corentena e altas

Dixéronnos que non nos remitiran a información desde o día 13 de abril porque estaban a traballar nun novo sistema de notificación de afectados polo  COVID-19. Este novo sistema é conforme a un novo criterio que publicou o Ministerio de Sanidade do 17 de abril. Grazas a este novo criterio, como por encantamento desapareceron case todos os contaxiados:

Dos case 1.000  contaxios ou posibles  contaxios e 3.000 en corentena, con este novo  súper sistema de reconto a data de 23 de abril de 2020, temos tan só 49 positivos confirmados por  PCR ou test de anticorpos, con 11 altas; 389 probables ou posibles prescritos polos Servizos Médicos, con 195 altas; 2.720 en Illamento e corentena, con 1.496 altas.

Como o Goberno faga o reconto dos casos de  contaxios así, imos  apañados.

Para CIG estes datos están manipulados. Como é posible que desaparecesen a metade de casos de contaxio? Onde están? Para nós está bastante claro que están a maquillar as cifras para xustificar a  desescalada.

 Actividade da Empresa:

Correos  xa iniciou a desescalada, segundo os seus propios datos hoxe estaba a traballar o 33,42% do persoal lonxe do 25% da semana pasada. Neste punto a CIG insiste en que se nos desagregue por colectivos a porcentaxe de persoal en activo.

Informaron tamén da detección de 1.400 máscaras defectuosas, nas zonas 2, 3, 4 e 6 ningunha na Zona 1, así como da provisión de 15 millóns de euros para a compra de máscaras para o GRUPO Correos.

Á marxe do exposto desde CIG insistimos na xuntanza en:

-           Que se realicen TEST de  COVID-19 a todo o persoal.

-           Que se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.

-           Que se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza dos equipos de climatización ante o  COVID-19 e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non do  COVID-19.

-           Ante a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural apagando o aire acondicionado.

-           Que as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como  EPI´S e ante a falta de calquera deses elementos se paralice a actividade.

-           Que a limpeza e desinfección a realicen empresas especializadas e non os traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para realizala 

-           Que ante un caso de posible contaxio, se paralice a actividade nese Centro se proceda á desinfección e a poñer en corentena a todos/as os traballadores/as desa unidade mentres non se lles realicen os TEST.

21 de abr. de 2020

Manuais Informativos por postos de Traballo COVID-19




A empresa remitiunos os textos definitivos dos manuais informativos de  COVID-19 de Mandos e Persoal de Reparto.

Nestes textos definitivos non se tiveron en conta a maioría das alegacións da CIG. A nosa valoración é que Correos o único que pretende é cubrir o expediente e nada máis. Os traballadores/as non lles importamos á actual presidencia de Correos.

A información que se nos dá na introdución sobre o  COVID-19 é unha copia e pega sen actualizar. A CIG solicitaba que se introducise os últimos estudos científicos que hai sobre a transmisión como, por exemplo, o dos  Institutos Nacionais de Saúde e os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades de Estados Unidos, a Universidade de  California en Los Ángeles ( UCLA) e a Universidade de  Princeton publicado en  The New  England  Journal  of  Medicine.

Que din que descubriron que o coronavirus  SARS- CoV-2 é  detectable en aerosois ata tres horas, ata catro horas en cobre, ata 24 horas en cartón e ata dous ou tres días en plástico e aceiro inoxidable. Estes resultados proporcionan información crave sobre a estabilidade deste coronavirus e suxire que as persoas poden adquirilo a través do aire e despois de tocar obxectos contaminados.

Así mesmo están sen actualizar a sintomatoloxía que produce a enfermidade limitándose a describir a tose, febre, falta de aire ou diarrea. Deixándose ao marxe síntomas que hoxe xa se coñecen como: a perda do olfacto e sabor, desorientación, esgotamento, malestar xeneralizado, dor de cabeza, mareos.

Tamén presentamos as seguintes alegacións e aportacións entre outras:

-              Que se realicen TEST de  COVID-19 a todo o persoal

-              Que se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.

-              Que se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza dos equipos de climatización ante o  COVID-19 e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non do  COVID-19.

-              Diante a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural apagando o aire acondicionado.

-              Que, as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como  EPIS e diante a falta de calquera deses elementos se paralice a actividade.

-              Que, a limpeza e desinfección a realicen empresas especializadas e non os traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para realizala. Correos coa introdución desta medida podería  culpabilizar aos traballadores/as de Correos dos posibles contaxios aducindo unha falta de desinfección e limpeza adecuada eludindo a súa responsabilidade como empresario.

-              Que, aos traballadores/as que convivan con menores e persoas maiores a cargo, así como con familiares con patoloxías sensibles se lles considere como persoal vulnerable e se lles mande para casa.

Desde CIG dicímoslle á empresa e ao presidente que Non se pode antepoñer nin contas de resultados nin  medallitas  personalistas á saúde dos traballadores/as.


3 de abr. de 2020

Xuntanza Comité Estatal de Saúde Laboral




Na xuntanza da Comisión Estatal de Saúde Laboral do 2 de abril comunicáronnos novos avance nas medidas de protección, sen embargo a única realidade é que o número de contaxiados aumenta exponencial mente cada día en Correos agora xa son 734 contaxiados e  2.129 traballadores postos en corentena.

A empresa informou do seguinte:

  1. Instaláronse 4.500 biombos de metacrilato en postos de ATC.
  2. Mercaron 7´4 millóns de luvas, 7´6 millón de xeles hidroalcolicos e 3´2 millón de mascaras.
  3. Correos vai remitir unha certificación a todo o persoal sensible, maiores de 60 anos, en corentena domiciliaria e contaxiada coa finalidade de regularizar a súa situación administrativa para asimilala á de accidente laboral (cobrar o 100% das súas retribucións).
Dende CIG insistimos na reunión que: 

-       Se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-       Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-       Non e certo que todos os traballadores/as teñan luvas, xeles  hidroalcolicos  individuais e máscaras.

-       Faltan por colocar paneis protectores de  metacrilato sobre todo en oficinas Auxiliares con horario de  atención ao público.

-       Que, se proceda a desinfectar de forma continuada tanto Centros de Traballo como vehículos.

-       Dado que somos o segundo colectivo máis afectado por casos de coronavirus despois dos sanitarios SOLICITAMOS á empresa que se realicen TEST de detección de  COVID-19 a todos os traballadores/ as de Correos.

-       Insistimos en que se asimilen ao protocolo de persoal sensible a todos os compañeiros/as que teñen familiares con patoloxías sensible, persoas maiores ou menores a cargo.