24 de abr. de 2024
A CIG gaña demanda contra Correos por saltarse a orde de chamamento na bolsa de contratación.
12 de abr. de 2024
A CIG gaña demanda contra Correos por vulneración do dereito fundamental á integridade física
O Xulgado
do Social nº 1 da Coruña ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y
TELEGRAFOS S.A.” a realizarlle, a un traballador, un recoñecemento médico antes
de incorporarse, despois dunha baixa prolongada, e ao pagamento de 4 mil euros en concepto de indemnización
de danos e prexuízos por non protexer a saúde dos traballadores/as.
A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG da Coruña, logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC da Coruña.
16 de mar. de 2023
A CIG gaña sentenza contra Correos por despedimento improcedente
O Xulgado do Social nº 4 de Lugo ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” declarando que o cese da traballador/a eventual foi un despedimento improcedente.
A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo, logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC de Lugo.
A CIG defendeu, e así o entendeu tamén a Xustiza, que o cese do empregado/a eventual non era tal, se non un despedimento. Declarando na sentenza DESPIDO IMPROCEDENTE. Condenando á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELÉGRAFOS S.A.S.M.E. a que no prazo de 5 días opte entre a readmisión do traballador/a ou ao pagamento dunha indemnización pola extinción de relación laboral.
A CIG unha vez máis demostra que é o único sindicato que
denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.
23 de xuño de 2020
A CIG volve a gañar 5 Demandas de Reclamación de Cantidades ao Persoal de Reparto de Ordinaria polo Reparto do Voto por Correo
4 de mar. de 2019
Anulada a sanción disciplinaria imposta por Correos á carteira de Boiro
O xulgado do Social de Santiago impón á empresa pública unha sanción de 10.478,66€
23 de xan. de 2017
A CIG gaña sentenza de Reclamación de Cantidades "Correos ten que aboar os 114,90€ ao persoal de reparto de ordinaria polo reparto do voto por correo"
20 de out. de 2016
A CIG Lugo Gaña Sentenza de Reclamación de Dereitos "Correos non Pode Descontar Días de Vacacións aos Traballadores que Desfrutaron dunha Licenza sen soldo
23 de set. de 2016
CIGcorreos: Quen padece, quen se beneficia e quen paga realmente polos abusos da lei?
Quenes son realmente os culpables de lexislar contra dereito??
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de corrixir algúns dos atropelos provocados pola normativa do Estado Español en relación cos contratos dos eventuais-interinos:
- O abuso do seu uso para motivos distintos os legalmente estipulados para este tipo de contratos.
- A discriminación destes contrataos á hora das indemnizacións por remate do contrato con relación ao persoal fixo que se atopa nesa mesma situación.
Dende a CIG vemos con impotencia como todos e todas os responsables de que se aprobaran no seu día estas normas, que agora son consideradas contrarias a dereito, se quedan de "rositas" sen asumir ningún tipo de responsabilidade, nin sufrir consecuncia algunha polos danos ocasionados ós afectados.
Se non teñen caracter retroactivo, como se vai resarcir a todo este colectivo que veu padecendo a impunidade duns contratos amparados por estas normas?
E aqueles que teñan dereito a reclamar, contra quen teñen que facelo, contra quen lles fixo un contrato amparado pola lei ou contra os que redactaron e aprobaron esa norma?
4 de ago. de 2016
A CIG Lugo gaña sentenza de contratación e condenan a Correos a Indemnizar a unha compañeira con 925,30€
3 de set. de 2015
25 de ago. de 2015
Outra sentenza sobre contratación gañada pola CIG
Traducido ao cristián a norma de contratación di: que despois do número un ven o dous e así sucesivamente ate esgotala e que os contratos feitos no mesmo día o mais longo correspóndelle ao primeiro que estea na Bolsa.
6 de ago. de 2015
Requerimento da Inspección de Traballo a Correos
Esa é a diferenza entre os sindicatos que teñen débedas coa empresa e os que non aceptamos regalos.
20 de xan. de 2014
A CIG Gaña Sentenza contra Correos por Saltarse o Orde de Chamamento na Contratación
25 de out. de 2013
21 de out. de 2013
O xulgado condena a Correos a admitir a un traballador nas bolsas de emprego ao que excluíra por ser xordo
11 de xuño de 2013
A CIG Correos Gaña os Dereitos Dos Traballadores Nos Tribunais de Xustiza
4 de xul. de 2012
SENTENZAS EN CONTRA DE CORREOS LOGO DAS DENUNCIAS DA C.I.G. NO TRIBUNAL SUPREMO E NO CONTENCIOSO DA CORUÑA
O Tribunal Supremo condena a Correos a cesar na conduta antisindical que mantiña coa CIG
O Contencioso-Administrativo confirma a sanción de 6.250 € imposta pola Inspección de Traballo a Correos
¿Por qué non se lle esixen responsabilidades ós culpables de que Correos teña que pagar estas cantidades? ¿Aínda lles dan palmadiñas nas costas para felicitalos? Non nos extrañaría nada
14 de mar. de 2012
O Xulgado condena a Correos a abonar a totalidade dos salarios a unha traballadora que sufriu un aborto
“Estamos diante dunha sentenza que ten que ser o camiño a seguir, aínda que se trata dunha sentencia dun xulgado do social agardamos que sirva de exemplo para que as empresas tomen nota e deixen de discriminar a muller nin por este nin por ningún outro motivo”, aseveran.
Dende a CIG Correos aproveitaron para lembrar a Correos que calquera Plan de Igualdade, ou similar, “queda moi bonito cando se contempla nun Convenio ou nun Acordo, incluso vende moi ben de cara os medios e a publicidade, pero é necesario que as actuacións que logo se levan a cabo relacionadas coa muller sexan as correctas”.
Medios que recollen esta nova:
Radio Coruña - Cadena Ser
Noticias Galicia