9 de xul. de 2020

Mesa Sectorial Promoción Interna Persoal Funcionario


Despois de 12 anos sen promoción interna parece que por fin vai para diante o proceso. Na reunión Correos informou do seguinte:
-          Que quedamos uns 8 mil funcionari@s en Correos dos cales poderían presentarse a exame os:
124 funcionari@s do grupo A2
1.197 funcionari@s do grupo C1
6.358 funcionari@s do grupo C2
259 funcionari@s do grupo E

-          Que preferiblemente se presenten as solicitudes vía on-line 
-          Que o exame para o grupo C1 se realizará en 17 cidades polo gran número de aspirantes, mentres que para o resto de grupos se habilitarán 4 ou 5 cidades.

Intervención CIG:
A pesar de non estar como puntos do día a CIG preguntou polas seguintes cuestións que incumben ao persoal funcionario:
-A subida do 2% cando se vai aplicar.  Correos contestou que xa ten aprobada a masa salarial, pero que esta á espera da aprobación do Ministerio de Facenda e Política Territorial.
-O librados de sábados cando se vai a resolver.
-Rurais, hai un gran interrogante sobre este tema no seu conxunto: Que foi dos vehículos que ía achegar Correos? Que foi da subida do prezo por achega de vehículo? Quen se vai facer cargo do gasto dos sistemas de seguridade nos vehículos?
Todos estes temas ao concernir tamén ao persoal funcionario solicitamos se convoque a Mesa Sectorial para trata-los.
Sobre  a Promoción Interna dicimos o seguinte:
1.- Solicitamos que Correos edite un Temario específico para cada unha das Convocatorias debido á gran cantidade de normativa contraditoria existente en Correos.
2.- Que non resten as preguntas negativas.
3.- Solicitamos un aprazamento do exame. Debido á situación de pandemia. As academias quedaron paralizadas e estamos a entrar de cheo en período vacacional cun persoal canso en xeral e sobre todo nas comunidades nas que tivemos eleccións. Dende a CIG propoñemos que se aprace ata o primeiro trimestre do ano que vén, para que o persoal teña tempo suficiente para unha preparación adecuada. A proposta da CIG procedeuse a votar sobre un posible aprazamento do exame. Votaran a favor do aprazamento CIG, ELA, CGT, UGT e CCOO. En contra do aprazamento do exame votaron CSIF e Sindicato Libre.
Correos quedou de resolver sobre o plantexado e proceder á publicación das bases definitivas.