24 de feb. de 2026
EXCEDENCIAS INCENTIVADAS: Aberto o prazo de solicitudes (Persoal Funcionario) 2026
8 de xan. de 2026
Accións formativas INAP
20 de maio de 2024
6 de xul. de 2022
CURSO ON-LINE “CORREOS EN EL ÁMBITO RURAL” 20 Mil Prazas Ofertadas
Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo de inscrición: do 07 de xullo ate o 13 de xullo
Inscrición: dende o campus virtual
Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase
revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e
aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com
21 de xuño de 2022
Muface: Axudas Persoal Funcionario
As Axudas Asistenciais son servizos e axudas económicas destinadas a atender determinados estados ou situacións de necesidade, non cubertos por outras prestacións, sempre que se careza dos recursos indispensables para facer fronte aos mesmos. Entre elas destacan as axudas ao copago farmacéutico para persoas mutualistas xubiladas, e as titulares viúvas ou orfas en situación de vulnerabilidade, conforme os requisitos que anualmente se recollen na convocatoria que se publica no BOE.
CONTÍA
Son Prestacións de pago único e corresponde ás Comisións Provinciais
de MUFACE a definición dos criterios
para a concesión de Axudas Asistenciais, con suxeición ás normas reguladoras da
prestación, aos parámetros de homoxeneización establecidos pola Dirección Xeral
de MUFACE e, en concreto, ao disposto na
resolución de convocatoria anual que se publica no BOE.
QUEN SE PODE BENEFICIAR DAS AXUDAS
Mutualistas e titulares do documento asimilado ao de
afiliación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
do 15 de xuño ao 15 de setembro, ambos inclusive.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- A través da sede electrónica de MUFACE as 24 horas do día, todos os días do
ano, sen necesidade de acudir ás nosas oficinas. Precísase certificado
electrónico en vigor, DNI electrónico, Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN.
- Nas Oficinas de MUFACE , sempre con cita previa ou en
calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.
- Por
correo postal.
- Solicitude
- Declaración de Rendimentos
- Declaración de Pensións e Prestacións
- Modelo 145
- Resolución Convocatoria Axudas Muface
13 de xan. de 2022
Cambio de Entidade Sanitaria 2022 (Só Persoal Funcionario)
Segundo o novo acordo subscrito con Muface que entrou en vigor dende o 1 de xaneiro de 2022 os mutualistas terán un único período de cambio de entidades de asistencia sanitaria que poderán realizar durante o mes de xaneiro (ata o de agora había dúas posibilidades: xaneiro e xuño).
Os funcionarios e funcionarias poderán elixir a asistencia sanitaria primeiramente entre a asistencia a través do Sistema Sanitario Público ou de Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria concertadas. Entre estas últimas poderá elixirse entre as 3 compañías que quedaron (antes 4) pois Igualatorio de Cantabria decidiu non presentarse.
Compañías de Asistencia Sanitarias Concertadas 2022:
DKV
ASISA
SegurCaixa ADESLAS
Como solicitar o cambio de entidade:
A solicitude de cambio de entidade, deberá realizarse ben pola sede electrónica, ben descargando o impreso da web de Muface e enviándoo por correo postal, ou acudindo a outros rexistros. A afluencia ás oficinas de Muface está restrinxida a cuestións inaprazables que non admiten outra canle. Se non podes utilizar a sede ou enviar o impreso por correo postal ou presentalo noutros rexistros, debe solicitar cita previa chamando ao 060 ou a través da sede electrónica de Muface.
A
posibilidade de cambio extraordinario polas causas taxadas previstas no
Concerto continuará nas mesmas condicións, coa mesma regulación, tal e como
aparece na información da páxina web de
MUFACE.
Atención ao Mutualista Cita Previa Muface
8 de xan. de 2021
Cambio de Entidade Sanitaria (Persoal Funcionario)
Persoal Funcionario:
Lembrámosvos que podes cambiar de Entidade Sanitaria en período ordinario unha vez ao semestre nos meses de xaneiro e xuño.
Muface ten suscrito o acordo para a asistencia sanitaria coas siguintes entidades:
- ASISA
- SEGURCAIXA-ADESLAS
- IMQ DE CANTABRIA
- DKV SEGUROS
- SISTEMA NACIONAL DE SALUD (Seguridad Social)
As solicitudes se deben tramitar polos seguinte medios:
- Sede electrónica, utilizando Cl@ve, certificado electrónico o DNI electrónico.
- Cubrindo o impreso, que pode obterse na páxina de Muface: www.muface.es
Unha vez cumprimentado e asinado, pódese presentar nas Delegacións Provinciais de MUFACE mediante o sistema de cita previa ou remitilo por correo postal á oficina ou Delegación provincial correspondente.
16 de dec. de 2020
Persoal Funcionario publicada no BOE as Bases da Promoción Interna
Hoxe 16 de decembro de 2020
publicouse no BOE a resolución do 11 de decembro de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica a
Resolución do 30 de novembro de 2020, da Sociedade Estatal Correos e
Telégrafos, SA, S. M.E., pola que se
anuncian as bases de convocatoria de probas selectivas para o ingreso, por
promoción interna, nos Corpos Superior, Xestión, Executivo e Auxiliares Postais e de Telecomunicación.
As prazas que se ofertan nesta convocatoria son as seguintes
Subgrupo A1. Corpo Superior Postal
e de Telecomunicación: 20 prazas.
Subgrupo A2. Corpo de Xestión
Postal e de Telecomunicación: 50 prazas.
Subgrupo C1. Corpo Executivo Postal e de
Telecomunicación: 300 prazas.
Subgrupo C2. Corpo de Auxiliares Postais e de
Telecomunicación, Escala de Clasificación e Repartición: 25 prazas.
Do total de prazas se reservará un 7 % para aquelas persoas que teñan un
grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 17 de decembro ao 18 de xaneiro
ambos incluídos, no modelo de solicitude 790 dispoñible na intranet de
Correos.
A inscrición, é un documento formato PDF que consta de 3 follas, unha para
a Administración, outra para o/a funcionario/a e outro para a Entidade Bancaria
colaboradora. A solicitude pódese atopar no Conecta en “Convocatorias” https://conecta.correos.es
O persoal funcionario interesado, terá que acudir a unha entidade bancaria
a designar, unha vez pagados os dereitos de exame hai que presentar a
solicitude ben nas Unidades Provinciais de
RRHH de Correos; por correo certificado á Dirección de Persoas e
Relacións Laborais; Área de Ordenación e Planificación de RR. HH.,
C/ Vía de Dublín, nº 7, planta 5ª, 28070 Madrid, ou por Procedemento
Administrativo Común.
O primeiro exercicio da oposición se realizará antes do 30 de abril de 2021
10 de xul. de 2020
Convocatoria do Programa de Formación AFEDAP dirixido ao Persoal Funcionario
|
BLOQUE
|
CONTIDOS
|
|
1. HABILIDADES
|
Cursos destinados á mellora das actitudes e
capacidades persoais para a súa aplicación práctica no posto de traballo,
tales como a orientación ao cliente, resolutividad ou a creatividade e
innovación, entre outros.
|
|
2. DIXITALIZACIÓN
|
Cursos destinados á mellora da destreza
dixital dos empregados con contidos relacionados coa tecnoloxía, a seguridade
na internet ou de aplicacións informáticas como Office 365.
|
|
3. OPERATIVO
|
Cursos orientados ao coñecemento de
ferramentas e procesos operativos, así como de produtos e técnicas de venda.
|
9 de xul. de 2020
Mesa Sectorial Promoción Interna Persoal Funcionario
23 de mar. de 2020
COBERTURA DE MUFACE PERSOAL FUNCIONARIO CORONAVIRUS
28 de xan. de 2020
Curso Formación Correos "Diversos con Sello Propio" 20 mil prazas
25 de set. de 2019
Cursos puntuables: Promoción interna funcionari@s
• SGIE-PDA
• Técnicas de Venda I
• Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
• O cliente e a Cadea de Valor
• Office 365
Ademais, habilitarase o acceso unicamente a unha das seguintes:
• IRIS V6 Atención ao cliente
• IRIS V.6 Xestión (perfil Administrador)
• SGIE Distribución (perfil Administrador)
- Portfolio de Produtos
- SGIE-PDA
2. Executivo (C1)
- Portfolio de Produtos
- Técnicas de Venda I
- IRIS V6 Atención ao cliente*
- IRIS V.6 Xestión *
- SGIE Distribución*
* Unicamente asignarase un destes cursos.
3. Corpo de Xestión (A2)
- Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
- O cliente e a Cadea de Valor.
- Office 365
4. Corpo Superior (A1)
- Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
- O cliente e a Cadea de Valor.
- Office 365
A formación está dirixida, exclusivamente, a aqueles empregados que cumpran coas seguintes condicións:
1. Ser empregado funcionario.
2. Permanecer en activo coa empresa ao comezo de cada unha das accións formativas que integran o programa.
3. Realizar a solicitude de participación no programa formativo correctamente.
4 de abr. de 2019
Plans de Formación AFEDAP 2019 (Persoal Funcionario)
Identificados de Áreas Formativas
|
Áreas
|
Proposta
Inicial Correos
|
Participantes
Propostos CIG 2019
|
Proposta
Final
Correos
2019
|
Específicos Determinados Colectivos
|
Aplicaciones corporativas, Productos y Procesos
|
2000
|
2000
|
2500
|
Información y Atención al Público
|
Atención al Cliente y comercial
|
1000
|
2500
|
2000
|
Nuevas Tecnologías, información y comunicación
|
Tecnología e Informática
|
1000
|
2000
|
2000
|
RR.HH
|
Habilidades
|
300
|
500
|
500
|
Sumas
|
4.300
|
7.000
|
6.750
|

.png)











