25 de set. de 2024
Carteiros/as de Lalín e Santiago mobilízanse de novo contra a destrución de emprego diante da Zona Noroeste en Compostela
19 de xul. de 2024
A CIG denuncia que na oficina de Lalin, Correos pretende extinguir as prazas vacantes, mentras que as Carteiras/os continúan coas protestas para reclamar a cobertura de todas as prazas.
8 de maio de 2024
As carteiras e carteiros toman as estradas da comarca: Caravana de coches e asubíos contra Correos en Lalin.
17 de abr. de 2024
Traballadoras e traballadores de Correos de Lalin, concéntrase na oficina principal de Compostela para denunciar a sobrecarga e os recortes na entidade
7 de mar. de 2024
Traballadores e traballadoras de Correos da unidade de reparto de Lalín continúa coas protestas para esixir máis persoal
28 de feb. de 2024
Persoal de Lalín en loita: RECARGOS CERO XA!!
22 de feb. de 2024
A CIG-Correos denuncia a “excesiva e inasumíbel” carga de traballo que sofren as carteiras e carteiros na Unidade de Reparto de Lalin
A CIG-Correos concentrouse esta tarde diante da oficina principal de Correos de Santiago de Compostela, na rúa do Franco, onde está a Xefatura Territorial, para denunciar a falta de persoal na unidade de reparto de Lalín pola falta de cobertura de vacantes e outro tipo de baixas e exixir que se garanta o servizo postal universal nesta localidade.
A CIG-Correos vén denunciando os problemas derivados da falta de persoal en Lalín con múltiples concentracións convocadas na semana anterior ás eleccións. Daquela denunciaban a falta de 6 traballadores/as nun cadro de persoal de 23, o que obrigou ao persoal a realizar os repartos con só 17 carteiros/as na oficina na quenda de mañá, 13 rurais e 4 urbanos.
Diante das mobilizacións e denuncias de falta de persoal, Correos reforzou o reparto coa formalización dun contrato na quenda de mañá e outro na de tarde. Reforzo “claramente insuficiente” para o persoal que, tal e como denuncia CIG-Correos, tivo que soportar unha “excesiva e inasumíbel” carga de traballo polas rutas tan grandes en distancia e tempo de desprazamento.
Segundo explicaron no decurso da concentración as traballadores/es afectadas, a situación persiste a día de hoxe, sen que a empresa pública adopte as medidas necesarias para cubrir todas as ausencias e vacantes e garantir así a correcta prestación do servizo postal universal.
Por iso esta tarde se concentraron diante da Xefatura Territorial, para denunciar as deficiencias no reparto mais tamén a presión psicolóxica á que está exposto o persoal.
Neste sentido, as traballadoras e traballadores reclamaron que se reverta a situación para que “se cumpran os criterios de calidade e servizo público que marca a lei e os dereitos de todos os veciños e veciñas”.
Prensa:
19 de feb. de 2024
O persoal de Correos de Lalín, co apoio da CIG, trasladou a Pontevedra as protestas para reclamar que se cubran as vacantes
3 de feb. de 2024
Correos reforza o servizo de reparto en Lalín, mais a CIG consideralo insuficiente e continuará coas mobilizacións, sen descartar a convocatoria de paros ou xornadas de folga
Correos vén de reforzar o servizo de reparto en Lalín tras unha semana de mobilizacións do persoal convocadas pola CIG, que continuará coas protestas ao consideralo insuficiente, sen descartar paros ou xornadas de folga.
Hoxe venres rematou a primeira semana de concentracións do persoal da unidade de reparto de Lalín, que abrangue os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada. Correos reforzou o reparto coa formalización dun contrato na quenda de mañá e outro na de tarde, sendo medida que os traballadores/as consideran “claramente insuficiente” a pesares de que a maiores tamén se incorporou un dos empregados que se atopaba de baixa.
Insisten na dificultade de ter que afrontar a campaña electoral con catro efectivos menos na unidade durante a quenda de mañá, e que esta situación de falta de persoal vaise repetir de novo unha vez que remate a campaña “xa que Correos tomou a decisión de non realizar ningunha contratación para substituír as persoas en situación de IT, como xa demostrou na pasada campaña de Nadal, co reforzo do servizo só nesas datas”.
Por iso apostan por continuar coas mobilizacións para facer visíbel a problemática que están a padecer e para reclamar unha solución. Neste senso, non desbotan mesmo a posibilidade de convocar paros ou incluso xornadas de folga nos próximos días.
Finalmente, José Blanco Pichel, da CIG-Correos de Pontevedra salienta a unidade que está a amosar a maioría dos traballadores/as diante do que consideran unha “inxustiza” e un “desleixo” por parte da xefatura, “que sempre se aproveita do sobreesforzo que fai o persoal nestes casos; porque a fin de contas son os carteiros/as os que están en contacto coa veciñanza e son a cara visíbel e a imaxe da empresa, e sobre eles/as recae a responsabilidade do reparto”.
Vía Avantar







.jpeg)







