Amosando publicacións coa etiqueta EVENTUAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EVENTUAIS. Amosar todas as publicacións

6 de xul. de 2022

CURSO ON-LINE “CORREOS EN EL ÁMBITO RURAL” 20 Mil Prazas Ofertadas

 

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición: do 07 de xullo ate o 13 de xullo

Inscrición: dende o campus virtual

https://formacion.correos.es/

Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com

17 de xan. de 2022

Consolidación de Emprego: Notas de Corte segundo Provincias e publicación dos Méritos

 

Dende mañá día18 de xaneiro, cada candidato poderá comprobar co seu DI e contrasinal, o número de respostas acertadas a través da ligazón que habilitará Correos.

https://www.correos.com/personas-y-talento/#convocatorias-publicas 

Xunto co número de respostas sairá a valoración definitiva de méritos (cursos, idiomas, titulación etc)

Alegacións:

As alegacións se poderan presentar dende o día 18 de xaneiro ata o 25 de xaneiro ambos incluídos a través da ligazón "Presentar Alegaciones"

Notas de corte:

Non hai unha única nota de corte, a mesma depende de: provincia e posto á que che presentaches.

Notas de Corte por provincias

Guía Consulta Nota de Corte e Méritos


13 de xan. de 2022

Modificar o IRPF 2022 para o Persoal Eventual

 


Tódolos anos, Correos dende o 1 de xaneiro aplica o 2% de desconto do IRPF ás nóminas do persoal eventual, ainda que no ano anterior solicitarás unha modificación do dito IRPF.

Por todo isto, lembrámosvos que non vos esquecedes de solicitar por escrito, a modificación do IRPF, para que, nos últimos meses  do ano non vos fagan uns descontos tan grandes na nómina.

Solicitude Aumento IRPF

Se tes algunha dúbida o queres que che enviemos o impreso para a modificación do IRPF. ponte en contacto cos delegad@s da túa comarca.

27 de xan. de 2021

Apertura Bolsas de Emprego 2021

 

Hoxe 27 de xaneiro Correos da por pechadas as negociacións e procederá á publicación das Bases Definitivas en canto os servizos tecnolóxicos de Correos confirmen a data de apertura.  

SOLICITUDES: Unicamente on-line na páxina

Þ    www.correos.es

Þ    Ou na intranet de Correos.

PRAZO DE INSCRICIÓN: 

Do 3 de febreiro ó 12 de febreiro do 2021 (Se tecnicamente é posible)

POSTOS A CUBRIR: Atención ó cliente

                                       Axente/clasificación

                                       Reparto 1  Motorizado e servizos rurais

                                       Reparto 2 Pé servizos rurais non motorizados

Importante: Todo o mundo se ten que volver a apuntar aínda que actualmente figure nas bolsas. 

Só se poderá figurar en dúas bolsas como máximo e teñen que ser na mesma provincia ou provincia limítrofe.

Modalidades de Xornada (Só se poderán elixir dúas modalidades de xornada das tres posibles): 

  • Tempo completo
  • Tempo parcial con distribución diaria semanal (mínimo con 4 horas diarias/continuadas excepto no ámbito rural)

·         Tempo parcial por días: determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos (mínimo 4 horas/diarias continuadas) 

MÉRITOS:

Os méritos dos candidatos se valorarán a data do 12 de febreiro de 2021

A suma da antigüidade é dende o 1 de maio de 2012 ata o 12 de febreiro. Se valorarán en total 105 meses de traballo. Se sumaran os días de cada relación laboral desde a data indicada e nos contratos a tempo parcial se restaran a porcentaxe correspondente. O máximo de puntuación en Axente e Reparto a Pé é de 15 (6+9) puntos e en  ATC e Reparto a Moto 14 (5+9).

A Titulación Universitaria e Grao Superior de FP 6 puntos en  ATC e 2 puntos en Reparto e Axente. A titulación de Bacharelato ou Grao Medio de FP  3 puntos para postos de ATC e 1 punto para postos de Reparto e axente.

Carné de Conducir: Para postos de Reparto a Moto estar en posesión do permiso específico de moto (A, A1 e A2) 6 puntos. Permiso tipo B 3 puntos. Para postos de Reparto a Pé e Axente o permiso  B  3 puntos.

Puntuación por preguntas acertadas no último exame de ingreso: Por ter de 40 a 49 preguntas acertadas, 1 punto. De 50 a 59, 2 puntos. De 60 a 69, 4 puntos. E máis de 70 son 6 puntos en ATC e 5 puntos en reparto/axente

Cursos de Formación Homologados por Correos: O cliente e cadea de valor, 0,50;  Portfolio, 1,30;  Paquetería, 1,30; Excel Básico, 1,30; Dixitalización 0,50;  SGIE e PDA, 1,60 (só puntúa en Reparto e Axente); Técnicas de Vendas, 1,60 (só puntúa en ATC). Máximo de 6 puntos para todos os postos.

Coñecementos de idiomas: En postos de Reparto e Axente por coñecemento da lingua autonómica (CELGA 1) 1 punto.  Polo título de inglés A2, 1 punto. Para postos de  ATC a lingua autonómica (CELGA 2) son 3 puntos e por acreditar a titulación de inglés   B1 3 puntos.

No blog da CIG publicaremos tódolos enlaces da Convocatoria unha vez estean operativos e se confirme a data de inscrición. Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.


8 de maio de 2020

Consolidación de Emprego Nota de Corte


Vergoñento espectáculo ofrecido por Correos e os catro sindicatos asinantes habituais.

Despois do cabreo e acusarse entre eles de tongo e deslealdade (supoñemos que algo saberán disto) na xunta de onte e ante a situación creada celebrouse hoxe unha nova  xunta onde se acordaron outras notas de corte. As consecuencias desta manipulación, ou como queiramos chamarlle son imprevisibles. O certo é que a propósito ou non, están a poñer en perigo todo o proceso, polas consecuencias xurídicas que poidan derivarse con este baile de notas.

NOVA NOTA de CORTE

63 respostas acertadas para Reparto e Axente Clasificación

67 respostas acertadas para Atención ao Cliente

O Órgano de Selección está formado por 10 membros repartidos entre Correos e os sindicatos CCOO, UXT, S.L. e  CSIF.

O único que nos está deixando claro este Órgano é que non se poñen de acordo nin para  chanchullear. Faltándolle ó respecto a todos e todas os participantes do proceso. Xa veremos en que remata todo isto.

CIG xa trasladou os feitos a súa Asesoría Xurídica, para que estude se é necesario acudir aos tribunais para garantir a limpeza do proceso.

Ademais pon a dispor de todos os seu afiliados e afiliadas este servizo por si viran afectados os seus dereitos na situación creada.

2 de mar. de 2020

Clases Consolidación de Emprego

A CIG renova o acordo coa Plataforma de formación online de cara a preparar o exame para a Consolidación de emprego en Correos. A CIG non fai negocio coa túa formación e por iso busca aos mellores en calidade e prezo. Esta plataforma ofrécenos un profesor do Grupo B de Xestión de Correos con máis de 20 anos de experiencia dando clases para os grupos B, C1, C2 e última consolidación. O sistema e características de estudo da plataforma será o seguinte:

  Temario propio totalmente actualizado, ofrecido gratuitamente aos estudantes, xunto co material de apoio ao estudo, descargable da plataforma de formación que se irá actualizando a medida que se produzan novidades.


-     Test realizados na plataforma de formación, autocorrección e reporte ao profesor.


-     As clases serán de contido exclusivo de materias postais.

-    A inscrición para as clases se fará única e exclusivamente a través do sindicato, logo o alumno recibirá un email cun enlace para entrar nas clases.


-    O sistema de formación utilizará unha aplicación informática que permite ao profesor emitir a clase en directo, coas seguintes características:



·          As Clases son on-line e se accede dende un PC, tablet ou smartphon.
·         O alumno ve ao profesor mentres este vai explicando o contido.

·     Dito contido visualizase na pantalla, mentres o profesor vai desprazándose polo tema resaltando e comentando o que explica en cada momento e se lle pode consultar dende o chat da aula. (As clases quedan gravadas na plataforma para que se poda ver tantas veces como se queira. Se non che é posible asistir en directo ou non che apetece, podes ver a clase en calquera outro momento).

·      Nalgúns casos, estes contidos estarán formados por elementos gráficos: fotos, debuxos e incluso vídeos explicativos.

·       O contido textual poderá descargarse e imprimirse polos estudantes (recomendase a impresión e estudo previos á sesión da clase correspondente)


·        Os test realizaranse na propia plataforma, fóra do tempo asignado para impartir a clase, sendo logo analizados e comentados polo profesor e alumnos na clase.

·      A duración formulada inicialmente de cada clase será de unha hora e media, unha vez a semana, tendo en conta que isto poderá variar en función da proximidade das datas do exame e a materia pendente de tratar.

·    En calquera caso, a sesión abrirase media hora antes da clase, para que os alumnos vaian accedendo e resolvendo posibles problemas de configuración e para que poidan usar o chat para preguntar dubidas ou suxerencias ao profesor.

·       O profesor enviará periodicamente enquisas para recoller opinións e suxerencias dos alumnos.


·     O prezo para os afiliados a CIG será de 20 euros por cada Tema (11 segundo o programa da convocatoria), independentemente do tempo que custe impartilos, a ingresar na propia plataforma por paypal ou tarxeta bancaria.


·     As clases comezarán o 1 de abril.

   SE  ESTAS  INTERESADO/A  POÑEDEVOS  EN  CONTACTO  COA  XENTE  DA  CIG

28 de xan. de 2020

Curso Formación Correos "Diversos con Sello Propio" 20 mil prazas


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición ate o 3 de Febreiro

Inscrición: dende o campus virtual


Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com


4 de out. de 2019

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO (ACORDO EDITORIAL MAD)


CONSOLIDACIÓN CORREOS 2019

 Acordo da CIG-Correos coa editorial MAD LIBROS.       
(DESCONTO XA INCLUIDO DUN 25%).
– Temario Volume I 24,00 €
– Temario Volume II 24,00 €
– Test 13,50 €
– Simulacros de Exame 1 13,50 €
– Simulacros de Exame 2 13,50 €
– Psicotécnico 14,50 €
– PAQUETE AFORRO (inclúe acceso a CAMPUS) 100,00 €

CURSO ONLINE CON LIBROS (Temarios, Test y Simulacros 1 y 2, ed.2019) 184,00 €
CURSO ONLINE SEN LIBROS (tendo a edición de Maio 2019 previamente) 128,00 €
* PAGO LIBROS: Contra reembolso ao recibir os libros.
Os gastos de portes serán de balde se o pedido supera os 90 € netos. Se  o pedido é menor de 90 € netos, incrementaríase en 5 € en concepto de gastos de portes (Só na Península. Para Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla, consultar).

 Para facer o teu pedido contacta coa CIG-CORREOS da túa comarca.