Informámosvos sobre a modificación que se introduce nos
procedementos de solicitude das prestación complementarias, concretamente nas
dentarias e oculares. Todos os mutualistas en activo terán que usar a sede
electrónica para as solicitudes das prestacións dentarias e oculares a partires
do 01/02/2019.
· Só poderán presentar as
solicitudes en papel os xubilados e os mutualistas voluntarios.
I) Prestacións dentarias.
a. Prazo
de presentación en Sede electrónica sede.muface.gob.es: Desde o
01/02/2019 até 31/12/2019.
b. Prazos
de presentación en formato papel para xubilados:
i. Desde
o 01/03/ ao 29/03/2019
ii. Desde
o 02/09/ ao 31/10/2019
c. Documentos
i. Solicitude
+ factura odontólogo, estomatólogo ou cirurxián maxilofacial ou protésico
dental + informe do especialista. A factura con todos os requisitos formais
requiridos. Debe conter a indicación da exención(1) do IVE.
ii. Os
obrigados a realizar a solicitude pola sede electrónica enviarán a factura
escaneada e conservarán a orixinal durante catro anos porque se contemplan
inspeccións aleatorias para comprobar a veracidade das cursadas telemáticamente.
II) Prestacións
oculares. Cos mesmos requisitos de
prazos que as dentarias. No referido ás facturas, neste caso deberá constar o
tipo de IVE aplicábel (2) con desagregación da base impoñíbel e da cota do IVE.
(1) A prestación de servizos médicos está exenta de IVE
(2)
Actualmente, tributan ao 10% tanto as lentes como as monturas de gafas graduadas.
CAMBIO
DE ENTIDAD SANITARIA
Lembrámosvos que podes cambiar de Entidade Sanitaria en período ordinario
unha vez ao semestre nos meses de xaneiro e xuño.