Como xa o fixeramos co persoal funcionario
agora faremos un análise das supostas melloras para o persoal laboral no Acordo
asinado o día 19 de decembro polos sindicatos CCOO, CSIF, S.L. e UGT.
SALARIO: Ao igual que para o
persoal funcionario a suba é a mesma que pactaron os sindicatos CCOO, CSIF e
UGT co PP en marzo de 2018. É dicir un 6 % fixo en 3 anos e o resto ate chegar
ao 8.65% está vinculado ao crecemento do PIB. É dicir un carteiro verá unha
suba real na súa nómina de uns 65€ aproximadamente en 3 anos. Dende a CIG vemos que é unha suba irrisoria comparada
coa que se están negociando noutras administracións ao marxe da asinada con o
PP, un exemplo o temos na Xunta, tanto os funcionarios como laborais verán incrementadas
as súas nóminas no 2019 entre os 371€ para os grupos máis baixos ate os 800€
que cobrarán os grupos máis altos.
SUPRESIÓN SABADOS:
O texto di
que o Plus se empezará a aplicar ao longo do primeiro semestre do ano que ven,
sen especificar cando nin como. Mentres os traballadores das USES, ATC, CTA,
Pavillóns postais etc, terán que seguir traballando os sábados.
DESPENALIZACIÓN
DAS BAIXAS: o persoal laboral continúa discriminado, só despenalizan no
caso que a baixa implique intervención cirúrxica, hospitalización e tratamentos
de radioterapia ou quimioterapia. É dicir unha baixa de 4 días que non implique
ningún dos casos anteriores exemplo unha gripe, perde tramos, CPA etc. O
desconto pode superar os 300 €....preguntámonos isto é xusto...que un carteiro
que fai o seu traballo na intemperie teña estes descontos??? Pois se ve que
para os asinantes do Acordo SI.
XUBILACIÓNS
PARCIAIS CON CONTRATO RELEVO: Afectará no mellor dos casos a un número moi
reducido do persoal. Está medida só afecta ás actividades que comportan relevante esforzo
físico, por tanto quedarían fóra todo o persoal de Atención ao Publico,
técnicos, administrativos etc, creando desigualdades dentro da propia clase
traballadora da empresa. Ademais é unha medida temporal, o Goberno só alonga
esta disposición transitoria até o 31 de decembro de 2023. Mentres as reformas
das pensións dos anos 2011 e 2013 seguen sen derrogarse, estas reformas
eliminaron o dereito á xubilación parcial aos 61 anos, fixando un período
transitorio que rematou o pasado 31 de decembro.
A CIG non está en
contra que entre novo persoal, estamos en contra que se asinen Consolidacións
de emprego a cambio de vender os dereitos dos traballadores nas Mesas de
Negociación.