28 de abr. de 2023

Cambio no funcionamento das Bolsas de Emprego en Correos


Correos viuse obrigado a modificar o sistema de contratación ao esgotarse na VÍA 2 os candidatos dispoñibles, e ter que acudir a persoal de fóra de bolsa. Dende a CIG xa avisamos que este sistema tiña data de caducidade. Ademais temos 800 compañeiros/as a nivel estatal atrapados na VÍA 1, sen traballo porque non hai vacante nas súas bolsas e sen posibilidade de acceso á VÍA 2.

CAMBIO NA CONTRATACIÓN DA VÍA 1 
Contratos de interinidade por vacante

Até o de agora os candidatos/as das bolsas que aceptaron un contrato da VÍA 1 (Contrato por Vacante) NON podían realizar contratos da VÍA 2 (vacacións, baixas, asuntos propios, licenzas, etc). A partir de agora SI poderán acceder voluntariamente aos contratos da VÍA 2 os candidatos/as encadrados na VÍA 1.

Requisito do candidato/a da VÍA 1 para acceder a un contrato da VÍA 2
  • Ter finalizado o seu contrato de vacante.
  • Ter cumprido un período de non dispoñibilidade de 4 meses.
  • A aceptación dun contrato da Vía 2 será voluntario, así que o candidato/a que o rexeite poderá permanecer única e exclusivamente na Vía 1.
Selección e Adxudicación do contrato
  • A selección do candidato/a e adxudicación do contrato realizarase de forma manual con apoio tecnolóxico progresivo.
  • Unha vez aceptado o primeiro contrato, incorporarase á VÍA 2.
  • En calquera momento o candidato/a poderá volver á VÍA 1.
  • Na VÍA 2 o límite máximo á concatenación de contratos segue sendo de 18 meses en 24.
Os contratos da Vía 2 seguen igual. Correos volve a explicar que non pode modificar o funcionamento desta modalidade, porque os contratos teñen que adecuarse á Reforma Laboral asinada por CCOO, UGT e a Patronal.

CONTRATACIÓN VÍA 2 
Contratos por circunstancias da produción (vacacións, asuntos propios, licenzas etc) e contratos por substitucións de persoas con dereito a reserva do posto de traballo (comisións de servizo, baixas etc.)

Duración: Este tipo de contrato NON poderá ser superior a 6 meses (excepto por substitución de persoa con reserva de posto)

Unha vez transcorridos 6 meses desde o día do comezo do primeiro contrato abrirase un período de NON dispoñibilidade de 4 meses.

O tempo máximo de contratación que pode realizar un traballador/a por esta VÍA, é de 18 meses nun período de 24 meses.

Se tes calquera dúbida ponte en contacto cos delegadas e delegados da CIG 

👇👇👇👇👇👇👇👇

MÁIS INFORMACIÓN: