Zas!!!!, en
toda a cara!!!!!!!. Co panfleto publicado o 8 de xaneiro do 2019,Correos
vólvenos a chamar delincuentes. O que se desprende da lectura deste
panfleto é que os traballadores nos damos de baixa cando nos da a gana segundo
nos veña ben e ademais agora como xa non descontan o índice de absentismo sobe
considerablemente.
Non se
lles ocurreu pensar que se o índice de "absentismo sobe en xaneiro
considerablemente" pode ser, con moita probabilidade, que se deba
o sobreesforzo realizado polos traballadores na campaña de Nadal?.
Non
será que cos soldos de miseria que nos pagan non nos podemos permitir o luxo de
curar as nosas doenzas durante a campaña para non perder os escasos 100 € que
nos pagan durante este período?.
Non
será que o absentismo sube debido o mal estado dos vehículos, a escasa
eficencia dos EPIs, a nula ergonomía dos postos de traballo...
E
agora veñen con que nos dan un "DETALLE", que pouca vergoña teñen
ofrecernos un "DETALLE"!!!; ben, salvo que este "DETALLE"
sexa como os miles de euros que lle dan aos médicos de Correos por
baixar o absentismo a conta da saúde dos traballadores, ou como os
centos de euros que lles pagan aos supostos especialistas
alleos a Correos e que usan para denegar licenzas por enfermidade aos
traballadores e traballadoras, ou como os millons de euros que lle pagan a empresas
externas para molestar aos traballadores de baixa e solicitarlle
datos protexidos pola LPD sen acreditar quenes son. Entón si Señores de Zona, entón
podemos empezar a falar de "DETALLES", ata entón teñan vostedes dignidade e deixen de
insultar a intelixencia dos traballadores e traballadoras desta
casa.E por último só dicirlles que é verdadeiramente penoso que parte do
rendemento que vostedes conseguen a costa da saúde dos traballadores o
empreguen en remunerar mentes capaces de idear este tipo de iniciativas, que
son no mellor dos casos totalmente inútiles.